La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

 CONXURO DA QUEIMADA

 


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, 
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, 
falar dos gatos que andan á xaneira, 
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas, 
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder 
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra, 
participen con nós desta Queimada. 

      ( Mariano Marcos de Abalo)



 

 A queimada é un dos moitos rituais que teñen que ver co lume, unha tradición que se debate entre o pagán e o misterioso, unha apócema máxica cuxa orixe se perde entre as sombras de noites ancestrais enchidas de meigallos e feitizos, de almas en pena, e de corpos arrebatados por rituais de meigas que sentados na escuridade e formando un círculo arredor da tartera de barro, buscan a purificación do corpo e a salvación da alma mentres revolven a beberaxe que espantará os malos espíritos e atraerá os bos.

O ritual da Queimada e o seu conxuro é un dos poucos ritos que se mantén a día de hoxe, levándose a cabo de forma natural en infinidade de reunións sociais e celebracións que teñen lugar na comunidade galega.

 

A tradicional queimada ten, máis que posiblemente, a súa orixe nas ancestrais culturas castreñas. Os celtas deixaron a súa herdanza cultural plasmada nos abundantes petroglifos que se encontran ao longo e ancho da comunidade galega. Son recorrentes os símbolos con forma de espiral, destacando O TRISQUEL, figura con tres cabezas que debuxa unha especie de cruz. Foron moitas as interpretacións que os historiadores deron a este símbolo, pero a máis coñecida é aquela que sostén que o trisquel representa os tres elementos fundamentais na vida do home: A terra, a auga e o lume.

O ritual da queimada leva tamén de forma intrínseca a fusión destes tres elementos, nun ritual que non sería posible de non existir este compoñente máxico, herdados dos nosos antepasados celtas e transmitido a través dos tempos.

A TERRA simbolízase mediante a tartera de barro, a auga vese representado pola augardente que se axita e remove fundíndose coa terra mentres o lume danza libre entre os elementos que conforman esta apócema máxica iluminándonos, dándonos calor ao corpo e purificación á alma.

A comida no Entroido.

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno

 

LACÓN: pata dianteira do porco, salgada e posta a curar. O lacón con grelos é un dos pratos tradicionais do Entroido, xunto co cocido e toda a variedade de produtos que proveñen do porco: chourizos, cacheiras, androllas, botelos, etc.

ANDROLLA: embutido típico do Entroido no interior de Galicia, que se fai coa tripa gorda do porco reenchida con costela, ósos e carne picada de porco, adubados con pemento, sal, allo e loureiro e curado ao fume.

BOTELO: embutido típico do Entroido, xeralmente na Galicia interior, elaborado con carne do porco non moi graxa, ósos da soá, rabo e algo de costela, todo adubado con pemento e sal, e embuchado no estómago do porco ou nas tripas grosas, que logo se cura ao fume e ao aire.

CACHEIRA: cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada. É un ingrediente habitual dos cocidos, sobre todo no Entroido. Tamén se lle chama cachola ou cachucha.

FILLOAS ou FREIXÓNS: doce típico do Entroido que se fai con ovos, leite ou auga, fariña e sal ou azucre, segundo as zonas. Nalgúns lugares tamén se lles engade sangue de porco. Este amoado frítese nunha filloeira ou nunha tixola untada con touciño, formando unha capa moi fina. Cómense acompañadas de mel, azucre ou outros ingredientes. Unha variedade son as filloas da pedra, preparadas sobre unha laxe de pedra, que polo xeral son salgadas e en lugar de leite levan un caldo de carne ou auga.

ORELLAS: doce tradicional do Entroido que se elabora cunha masa de fariña, ovos, azucre, manteiga, anís e limón e á que se lle dá forma de orella tras fritila en aceite.

FLORES

 

Personaxes característicos do Entroido Galego

 

BOTEIRO: personaxe do Entroido de Viana do Bolo que leva unha pesada máscara formada por unha carauta negra tallada en madeira cuns pequenos cornos, un gran sorriso e unha pantalla frontal colocada por riba da cabeza, feita con arame e cartón e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis de formas e cores variadas.Viste un pantalón vermello con flocos nos lados, camisa bordada e adornada con fitas de cores, faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión. Tamén se dá en Vilariño de Conso, con algunhas diferenzas.

 

CHARRÚA: personaxe do Entroido de Allariz, que vai disfrazado de xeito estrafalario con roupa vella de moito colorido e carauta, que tradicionalmente ía pedindo viño e chourizos. Ten por misión enzoufar os zapatos da xente.

CHOQUEIRO ou CHOCALLEIRO: personaxe do Entroido propio do oriente da provincia de Ourense que, segundo os lugares, se denomina máis frecuentemente cigarrón ou peliqueiro.

 

CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza. É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato. Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.

FELO: personaxe típico do Entroido de Allariz, Castro Caldelas e Celanova, que adoita ir en grupo ataviado cunha casaca negra con fitas de moitas cores, sobre a que vai cruzado un pano, pantalóns bombachos con franxa na liña da perna e polainas. A cabeza vai cuberta cun chapeu de ala, adornado de fitas e pequenos espellos.

FOLIÓN: grupo de veciños que percorre a aldea facendo un estrondoso balbordo coa axuda de instrumentos rudimentarios de percusión, como aixadas e bombos.

IRRIOS: personaxe característico do Entroido de Castro Caldelas, ataviado con máscara de madeira e frac con grandes botóns e unha pelica, coa que persegue e golpea o público.

MADAMAS GALÁNS: personaxes típicos do Entroido, especialmente de Cangas e Vilaboa. Representan mulleres e homes extremadamente adobiados e sofisticados, con traxes cunha base branca adornados con colares e fitas de cores, e unsombreiro ou toucado moi rechamante con flores, plumas e abelorios. En Cotobade danse uns personaxes similares denominados madamas e madamitos.

OSO DE SALCEDO: personaxe do Entroido propio da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. O disfrace está feito con peles de animais buscando a semellanza cun oso, que vai asustando a xente na compaña duns "criados".

PANTALLA: personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia, que leva máscara, capa de distintas cores, aínda que normalmente é vermella, camisa branca de felpa, polainas negras, calzón branco, faixa vermella e cinto de coiro do que penduran axóuxeres e campaíñas, que poden chegar a cincuenta e seis. A pantalla, que é propiamente o nome da máscara, está feita de cartón, papel de periódico, feltro, fariña e auga. Realízase nunha soa peza que inclúe a carauta e o gorro ou cucurucho, que presenta unha estrutura ríxida que se dobra de atrás cara a diante que remata na fronte e está adornado con motivos astrais e animais fabulosos. Ten cara de diaño con cornos e rostro burlón, cuns flocos que lle fan de barba.

PELIQUEIRO: personaxe do Entroido, tamén coñecido como cigarrón, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares. É unha máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas. Os seus traxes teñen certas diferenzas segundo os lugares. Leva unha especie de látego feito cun pau e unha pel atada no extremo. A máscara está feita de madeira cunha barba curta de pel negra. A carauta remata cunha especie de mitra de chapa en forma de semicircunferencia pintada con representacións de follas, flores, animais e formas xeométricas. A parte posterior desta mitra é de pel dun animal, e cae pola parte traseira cubrindo a cabeza e parte das costas do peliqueiro e leva dous rabos no seu remate. O resto do traxe está formado por unha camisa branca, gravata rechamante e chaquetiña curta adornada con galóns e xarreteiras douradas, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas colocadas na parte traseira e que se fan soar ao moverse. Leva tamén un calzón curto de cores, con seis bandas de flocos arredor, alternando unha banda verde cunha vermella. O pantalón suxéitase con tirantes rechamantes. Leva medias de seda, ligas de veludo e zapatos negros con punta. Camiña a saltos para facer soar as chocas. Son “intocables” para a xente e non poden ser chamados polo seu nome real e, de seren descubertos, poden arremeter e atacar co pau. Non poden sacar a carauta nin deixar de saltar, pois se o fan poden ser collidos e levados á forza á taberna para pagar unha rolda de viños.

XENERAL: personaxe do Entroido da comarca da Ulla que vai dacabalo e viste un uniforme militar que lembra os da época napoleónica, con sombreiro e casaca coloridos adornados con medallas e fitas de cores. Van en grupo dirixindo un “exército” e establecen "combates verbais", chamados encontros.ENCONTROS: batallas verbais entre dous "exércitos" dirixidos por cadanseu xeneral, que se celebran na comarca da Ulla, nos concellos de Teo, Vedra, Boqueixón, A Estrada e Vila de Cruces, e mesmo nalgunha parroquia de concellos limítrofes de Padrón e Silleda. Parecen ter a súa orixe nos enfrontamentos armados que se deron na zona contra as tropas napoleónicas ou nas guerras carlistas. Os dous "exércitos" establecen un "combate" de coplas e regueifas nas que se satirizan os acontecementos máis destacados da actualidade. O encontro remata con "vivas" a determinados persoeiros, público e veciños, aos que se lles pide unha "colaboración" económica. Tamén se denominan altos, saltos, atranques ou arranques.

MORENA: vaca carnavalesca do Entroido de Laza, que ten unha cabeza de madeira con cornos e que vai cuberta cunha pel de carneiro negro

 

Elementos do Entroido.

MÁSCARA: xenericamente, denomínase así o obxecto feito con diferentes materiais que representa unha cara humana, animal ou fantástica, que serve para ocultar o rostro. De forma específica, tamén se emprega para designar os personaxes do Entroido.

MECO: boneco que se queima o Mércores de Cinza nalgúns lugares de Galicia para pechar o Entroido.

PIÑATA: recipiente de barro cheo de doces e lambetadas que se pendura alto mentres a xente, normalmente os rapaces, tenta rompelo cun pau e os ollos vendados.

CARAUTA: obxecto con forma de cara, humana, animal ou fantástica, que se emprega para cubrir o rostro e non ser recoñecido. Tamén recibe os nomes de careta, caranta, carantoña ou máscara.

CHICOTES: especie de xiringas feitas con canas de sabugueiro e un émbolo de estopa, que se empregaban para lanzar auga o domingo corredoiro.

CHOCALLO ou CHOCA: especie de campá de diferentes tamaños que levan os animais penduradas do pescozo, e que adoitan formar parte do vestiario dalgunhas máscaras do Entroido.

 

Letras – Testamentos

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

O Entroido parodia a vida dun xeito caricaturesco . Os oficios, cargos públicos, corporacións municipais, a xustiza, as cerimonias da igrexa... son ridiculizados durante estes días. A mesma vida dos veciños nas distintas localidades é materia de crítica social; no denominado " Sermón do Entroido", en cantos e coplas, dáse a manifestación das parvadas, ridiculeces de tales ou cales persoas.

 

GALICIA SE PASA A LA MODA DEL VERDE OLIVA 

Los productores ultiman la recogida de unos cultivos que empiezan a dar fruto y a hacer factibles las esperanzas en este árbol olvidado.

                Una sigilosa repoblación comenzó a expandirse por varias comarcas gallegas hace unos diez años. En el Baixo Miño, en Trives, en Monterrei, Arbo, Valga, Vila de Cruces e incluso más arriba, hasta Arzúa, han llegado los árboles. El imaginario colectivo nos transporta a tierras sureñas como las andaluzas si nos hablan de olivos. Vincularlos a Galicia se antoja descabellado, sin embargo, varios topónimos nos fueron dando pistas: Santa María de Olives, Oliveira, Olveda,…hasta Vigo se llama la “ciudad olívica”. Pazos como el de Santa Cruz de Rivadulla, en Vedra, reciben al visitante custodiados por un muro de añejos olivos. También los terrenos que rodean a muchas iglesias. El valle de Quiroga representa la resistencia con ejemplares centenarios y almazaras donde los vecinos llevan generaciones elaborando su propio aceite y cuentan con una fiesta de Interés Turístico. “Se desconoce cuál fue el motivo que condujo a la tala de los olivos. Algunos historiadores lo achacan a los Reyes Católicos. Otros al Conde-Duque de Olivares, que ordenó un impuesto con el objetivo de repoblar otros puntos de la península y concentrar allí el monopolio del aceite”, reconoce  la investigadora del CSIC Carmen Martínez. Nuestros antepasados no pudieron soportar la carga impositiva de la que, al parecer, solo se libraron los suelos eclesiásticos. Las plantaciones que según la leyenda importaron los romanos hasta la Ribeira Sacra, quedaron sumidas en el olvido. Hasta hoy.

                La necesidad imperiosa de encontrar nuevas salidas para el campo está motivando una vuelta a la desaparecida cultura oleácea. Una realidad que se puede palpar visitando las fincas afanadas en la recogida del fruto. Como sucedió con el vino, aquí la campaña también se ha adelantado por la sequía casi un mes. A la jerga agrícola galaica hay que añadir un nuevo verbo: varear. Eso es a lo que se han dedicado estos días en la propiedad de Elvira Blanco Rivadulla. Esta vecina de A Estrada decidió hace cuatro años revitalizar unos terrenos familiares desapro0vechados. En un espacio de 6.000 metros cuadrados plantó 800 árboles en superintensivo. No hay color si compara lo recogido en noviembre del 2016 con este año. Hace doce meses, con 25 kilos de olivas, solo les dio para hacer cinco litros de aceite que consumieron en casa. Ahora acaban de enviar a la almazra de Quiroga con la que trabajan 400 kilos de aceitunas. “Cada ano estamos máis ilusionados. Lóxicamente, queremos ter resultados. Traballar por traballar non paga a pena. Aínda que sósexa para consumo familiar”, confiesa. Menos de un lustro después, la anhelada progresión por fin empieza a notarse. “Agora estamos pendentes de que enraícen ben as árbores. Ata que cumprenoitooudez anos non están a pleno rendemento”, comenta. Superada la década, la producción por ejemplar depende del tipo de olivo y también de cómo está plantado. Si está aislado puede llegar a dar 50 kilos al año. Mucho menos, entre unos ocho o quince, si está en intensivo.

Rendimiento económico.

                El ourensano José Antonio García aporta una visión global a este fenómeno que empezó de forma tímida. Él fue una de las seis personas que en diciembre del 2014 pusieron en marcha la Asociación de Productores de Aceite y Oliva de Galicia (APAG), un grupo que ahora ronda los cien socios. La mayoría son de la provincia de Ourense, aunque cada vez suman más incorporaciones de Pontevedra. También hay miembros del sur de Lugo e incluso de A Coruña. “Entre todos suntamos unas 95 hectáreas cunhas 140.000 oliveiras plantadas”, resume García, que también tiene un olivar en su concello, Castrelo de Miño. Aunque la mayoría de asociados son productores, en el colectivo también hay procesadores. Entre ellos, una de las empresas que más está incentivando la recuperación de los olivos gallegos, la también ourensana Aceites Abril. El año pasado comercializaron unas 3.500 botellas de aceite 100% gallego, Ouro de Quiroga, GranxaPegullal o Aceites Figueirido son también socios.

                El crecimiento en tan solo un año, subraya el directivo de la APAG, ha sido espectacular: “Pasamos de apenas non recoller nada no 2016 a rematar esta campaña cuns 60.000 quilos segundo as nosasprevisións, xa que aínda nos faltan uns  15 días pola zona do sur lucense”. De este total, entre unos 15.000 y 20.000 kilos son de asociados que han recolectado aceituna por primera vez. Del montante final esperan sacar unos 10.000 litros en aceite. “É unha boa cantidade para acadar a meta que nós perseguimos, a calidade. Equivocarémonos se imos por outro camino e tentamos competir con outras rexións”, advierte José Antonio García, que también recuerda cómo los recibieron con sorpresa en la Asociación Española de Maestros de Almazara cuando se presentaron ante ellos: “ ¡Anda, pero en Galicia también se hace aceite¡ “. Las plantaciones que comenzaron como una apuesta experimental empiezan a ser, con el paso de cada otoño, una opción de ingresos más real. “Sempre visto coma un complemento. Por cada quilo de olivas non se paga máis dun euro. A media está nos 80 céntimos co servizo de colleita incluído”.

                Aunque es optimista, no quiere invitar a la aventura. “É unha cultura agrícola que non coñecemos, excepto en lugares coma Quiroga. Hai que informarse sobre onde se pode plantar, que variedade escoller, como coller as olivas,…”, explica. Las heladas también se han dejado notar en zonas como Monterrei, pero la resistencia del árbol ha pasado, por lo general, la prueba. “Ao ser de folla perenne teñen máis aguante que a vide, por exemplo, que é caduca”, añade.La sequía no ayuda, aunque muchos la saluden con esperanza pensando que beneficia estos cultivos. “Danse, pero co chan que temos agora”, admite.

                Aceituna a aceituna, hay nuevos desafíos. Unos productores optan por vender los frutos, otros por hacer acopio para su despensa de aceite casero y, por último, también hay quien sueña con poner en marcha una nueva marca gallega. El tiempo dirá. Aceite tienen para ir engrasando la maquinaria.

TERRENOS  APTOS

El suelo idóneo para el cultivo de olivos.

                Lo primero a tener en cuenta es que no sea muy ácido. “O problema de Galicia é que o noso chan si o é. Está entre o 4,5 e o 5,7 de ph nos lugares que analizamos. O ideal é que estea entre o 6 e o 7. Non é recomendable cando está por debaixo do 4”, explica José Antonio García, de la APAG. También es importante que no sea un terreno fácilmente encharcable y que esté soleado. “De nada serve se está rodeado de pinos. As oliveiras precisan moitas horas de luz”, continúa. Se suele recomendar una orientación hacia el sur, para evitar los vientos del norte, aunque para él no es tan crucial. Eso sí, en una Galicia donde domina el minifundismo, no es partidario del superintensivo, tampoco de las plantaciones clásicas, sino del intensivo.

EL  OBJETIVO

Una investigación busca definir la D. O.

                La esperanza está puesta en alcanzar una denominación de origen propia. Buena parte de los olivos plantados son Arbequina. “Só poderemos diferenciarnos se temos unha D.O.”, confiesa José Antonio García, de la APAG. No están solos en esta lucha. El grupo de investigación en viticultura de la Misión Biológica del CSIC en Galicia, el artífice de la D.O. Rías Baixas que cambió hace 30 años el mundo del albariño, busca el DNI de los olivos gallegos. “Primero, tenemos que asegurarnos de que los de aquí son realmente diferentes”, explica la científica Carmen Martínez.

                La directora del proyecto que financia la Fundación Juana de Vega tiene buenas vibraciones: “Hemos recogido muestras de 50 ejemplares centenarios. Quizá procedan de olivos silvestres, de acebuche, que pasaron por cruzamientos naturales o fueron siendo seleccionados por el hombre durante siglos”. Las muestras de las hojas, las olivas y los huesos son analizadas botánica y agronómicamente. El segundo paso es estudiar su ADN. “Por el momento, ya hemos identificado ocho variedades propias”. Martínez asegura que de aquí va a salir una nueva revolución en el campo gallego. “Dan aceites originales, de gran calidad, y hay muchas empresas interesadas. ¡ Estoy elaborando una lista con todas las que llaman!. Esto va a dar mucho que hablar en los próximos años”. Insiste la investigadora. Hay que ir paso a paso y por ahora aún queda camino por delante antes de que estas variedades se puedan transferir al huerto y, quién sabe, recuperen el espacio a ellas debido.

 

A T E N E O    C O R R E D O I R A    A. C. 

ORIXE  DA FESTA DOS MAIOS 

 


A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrotala semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de ahí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

 Os gregos, unha das máis avanzadas culturas mediterráneas, foron máis inxeniosos creando un mito para explicalo cambeo estacional: " Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra ( Deméter para os gregos, Ceres para os romanos) que foi raptada polo señor do escuro e friorento mundo subterráneo, cando, coma tódolos anos, volta á terra despois do inverno que pasa co seu esposo Hades, a súa nai recibea cunha explosión de ledos verdes e frores multicores " . Esta eclosión primaveral celebrabana as mulleres da Atenas clásica coas festas mistéricas, de carácter secreto e prohibidas ós homes, adicadas a deusa dos cereais.

Os cidadáns romanos, pola súa parte, xa antes de ter escravos que lles traballaran as terras, festexaban á Maia, nai do nome do mes (que dende os romanos está no calendario dos pobos conquistados por eles) durante a que se purificaban os campos coa realización de sacrificios de animais. Os cristiáns adaptarán, en grande medida, estas festividades no seu santoral transformando o nome , pero non os contidos. 

 Mais chegará a Idade medieval na que as novas técnicas agrícolas fan medrar tanto a producción coma a poboación. Nestas sociedades xerarquizadas, os que guerrean (reis e nobres), os que oran ( monxes e bispos) e os que laboran para eles, os labregos, sufrían, ademáis de guerras e pestes, as malas colleitas; e, do mesmo xeito, bricáballes o corazón no peito co bo tempo, doado para as mellores colleitas. Por iso, pódese asegurar que na etapa medieval a celebración de rituais propiciatorios do espertar da natureza, expresión cultural dunha sociedade agraria na que xogan un papel fundamental os cambios estacionais para o seu traballo, para a súa existencia, experimentou, sen dúbida, un notable desenrolo. Dos festexos transmitidos polos vellos labregos ós seus fillos e netos estarían, sen dúbida , os do mes de Maio (tras da sementeira) e os do tempo da colleita, preferentemente a do pan. 

 Como exemplo do vencellamento do mes de Maio coas colleitas serva a cita do Libro de Alexandre: " Sedie el mes de Maio coronado de flores afeitando los campos de diversas colores, organeando las Maias e cantando d' amores espigando las mieses que siembran labradores "... Precisamente as colleitas, é dicir, a fecundidade dos campos, víronse interrelacionadas inevitablemente coa fertilidade do gando, e , cómo non, perto dos fruitos propios dos amores entre homes e mulleres. Este tópico da literatura popular e culta sitúa con nítida claridade ó mes das frores como " locus amoenus" ( lugar e momento ideal ) para o froreceren dos amores humanos. 

 Para os estudiosos do tema, como Xosé Filgueira Valverde, o sustrato preromano, de certa tradición celta, pervivíu nas prácticas heterodoxas de Prisciliano e os seus seguidores (século IV d.C. ), herexía que atopou un gran número de seguidores no que é hoxe Galicia, norte de Portugal e terras próximas.  Sabemos, por outra banda, que o culto ás árbores estaba, entre os Suevos ( poboadores da Provincia Gallaecia romana), estreitamente emparellado co deus Thor ou Donnar, a quen consagraban árbores grosos e vellos. A catequización do reino Suevo de Galicia, tentando de paso eliminar as prácticas naturísticas dos priscilianistas, encargarase a San Martiño de Dumio no século VI d.C.., gracias ó que dispoñemos das primeiras referencias escritas da celebración destes ceremoniais nestas terras pola súa obra “De correctione rusticorum“. 

 Mais é tamén no século VI cando o Papa Gregorio Magno, segundo nos comenta Clodio González Pérez no seu libro sobre os maios en Galicia, recomendaba: " Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos sacrificios que ofrecen ós seus deuses; trasladalos ó día das festas dos santos mártires, coa fin de que, conservando algunhas groserias, alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gostar das ledicias espirituais da fe cristiá " . Aínda que non remataron as prohibicións dos maios e das xuntanzas campestres, foise impoñendo esta tendencia de sacralizar as festas estacionais. 

Clodio González Pérez danos unha relación altamente clarificadora dos días do Santoral vencellados coas plantas e que aparecen arredor do 1º de Maio: 
 

     ABRIL 
Domingo seguinte ó 23................................ San Xurxo. 
día 25......................................................... San Marcos. 
día 29......................................................... San Pedro Mártir. 
último domingo............................................San Alberte. 
 

     MAIO 
día 1........................... San Felipe e Santiago, o Menor, apóstolos.
día 3........................... Invención da Santa Cruz, Santa Elena. 
día 9............................San Gregorio, San Martiño. 

 

A todos estes deberemos engadir o día 15 adicado a San Isidro labrador, e datas coma Ascensión ou, xa propia dos primeiros días de Xuño, o Corpus Christi, que sendo variables de sempre conlevan variopintas manifestación florais. Non podemos esquecer nesta relación a advocación que se lle da a todo o mes de Maio como mes da Virxe. Este carácter mariano enmarca unha das composicións máis antergas do galego-portugués, as Cantigas de Santa María do rei Afonso X, o Sabio.  O certo é que todas estas condenas quedaron reducidas na práctica a aparición das coñecidas cruces de maio, que hoxe seguen vivas, por exemplo, nun bo número de vilas galegas. 

 Curiosísima é a testemuña de Phillip Stubbes, membro destacado da secta puritana de Inglaterra, que no 1.583 describe as festas de Maio en Anatomía das Ofensas do seguinte xeito: "En Maio, tódolos mozos e mozas, vellos e casados, corretean pola noite nos bosques, lomas e montañas, onde pasan tódala velada en alegres pasatempos; e pola mañán voltan traendo ramas de bidueiro e outras árbores para adornar as súas xuntanzas ... E non hai que asombrarse ... que estea presente entre eles, como superintendente de tódolos xogos e pasatempos, Satán, príncipe dos Infernos...." e, pouco máis adiante, engade que " homes de reputación e gran seriedade declaran que do centenar de doncellas que van ó bosque esa noite, menos da terceira parte volve inmaculada a súa casa". Esta licencia recriminada por algúns sectores da sociedade parece ser a clave das repulsas dos máis conservadores durante unha longa etapa incidindo, máis adiante, nas molestias causadas pola intención petitoria de moitas destas manifestacións. Mais as prohibicións tamén tiveron carácter civil en Portugal . Nos séculos XIV e XV son frecuentes na lexislación a advertencia de que non se canten " nem Janeiras , nem Mayas...". 

 Máis pola contra nas cortes reais foron estes festexos de fonda raigaña e ata a chegada da Ilustración non xurdirán estas prohibicións civís. As razóns esgrimidas son as que xa denunciaba con gracia no entremés titulado “La Maya” Luis Quiñones de Benavente no século XVII : No sé por dónde vaya que no me tope una maya y otra maya, maya aquí, maya allí ¡donoso talle! mayando está en Madrid cualquiera calle. O conde de Aranda recrimina o carácter petitorio das que "con el nombre de mayas se ponen en las calles causando irrisión y fastidio a las gentes" estas e outras Reais cédulas de Carlos III reiteradas en anos consecutivos tampouco lograron erradicalas. 

 Será a finais do século XIX cando como consecuencia dunha nova sociedade baseada cada vez menos no sector primario da economía, fenómenos como a caída do Antergo Réxime, o éxodo campo-cidade, os propios avances tecnolóxicos, científicos e ideolóxicos da sociedade, escomeza a decadencia do mundo rural e, paseniñamente , con ela perderán forza estas manifestacións estacionais. Tan só se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda hai un continxente de mozos dispostos a conservalo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces, quizáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade algúns cartos cousa nada desdeñable, e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).

 Veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras, como a de Franco, nos que non se toleran críticas, polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan , pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo. 

 Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos semellantes ó noso, conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeracións que veñen detrás, seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade. 

    

DISTINTOS TIPOS DE FESTEXOS DOS MAIOS


Abordemos agora a clasificación das distintas modalidades existentes en Europa e na península para poder así mellor catalogar o noso. Servíndonos dos datos que o etnógrafo J. Frazer ofrece no seu coñecido libro “A rama dourada” veremos cómo os distintos tipos de manifestacións primaverais que tamén aparecen se dan no Estado español. O caso das "enramadas" sobre portas das cortes, preferentemente, están tan extendidas en Irlanda como en Galicia buscando a protección do gando de calquera mal vencellado co inverno e propiciando a fecundidade. 

 Está documentado desde o século XIII nas rexións de Saxonia, Burdeos, Provenza, Baviera, o costume de ir buscalo maio (majum quaerere). Trátase dunha "árbore de maio", das máis esbeltas dos arredores, que encarna toda a simboloxía da festa e que colocan nun lugar céntrico adornándoa de moi variados xeitos (cintas de cores, flores,...). Este tipo de celebración é o máis usual polas terras de Castela para realizar alí, entorno á árbore, bailes e xogos. Un destes xogos son as cucañas, ou disputas por acadaren un premio posto no máis alto da árbore que se instalou no medio do pobo, para que, os máis decididos, trepen por él acadando o recoñecemento dos conveciñ@s, ás veces denominados co título de " rei de maio " en Francia e Inglaterra. Quen sube o primeiro pola árbore ensebada ou gaña noutro xogo semellante pode escoller a " raiña de maio "( en Suecia e Noruega as rapazas elixen entre elas a raiña a quen lle toca nomealo rei de maio entre os mozos). Con frecuencia mistúranse nestas rexións centroeuropeas as enramadas nas alcobas das noivas que poden emparentarse coas cancións de "ronda de maio" moi extendidas, tamén, polo Sul e outros lugares da nosa península. 

 O "maio-mozo", ou maio vivinte, personificación da fecundidade vexetal, propio de Galicia, verémolo o día 23 de Abril baixo o nome de "Xurxo o Verde" en Rumania e entre os eslavos rusos. En Inglaterra chámaselle " Xoaniño o Verde ". Do mesmo xeito en terras catalanas "les maiets" englóbanse neste tipo de maios. As coñecidas co nome de "maias " tanto en Galicia coma Castela, rapaciñas vestidas de blanco e ataviadas con guirnaldas de flores, aparecen en Lituania e tamén na Alsacia francesa. 

Tomando como modelo un esquema plantexado por Julio Caro Baroja no seu libro “La estación del Amor: Fiestas populares de Mayo a San Juan”, faremos unha clasificación válida para tódalas manifestacións existentes en Europa:

 1- Baixo dunha forma humana: maio-mozo ou rei maio; maias ou raiña de maio; boneco ou maio figurado 

2- Baixo dunha forma vexetal:  árbore - rama da árbore - flor 

3- Baixo dunha forma humana combinada coa vexetal :  árbore, máis rei de maio; rama ou flor máis persoa ou boneco.

 

 OS MAIOS EN GALICIA 

 

 Abordemos a clasificación plantexada polos estudiosos galegos onde atoparemos unha gran de diversidade de rituais primaverais coexistentes en Galicia :    

 a) Manifestacións agrarias ou propiciatorias: cando se quere unha abundante colleita. Propias de persoas maiores polo xeral . Destacamos entre estas o " alumea-lo pan ou danzas do pan " consistentes no percorrido dos campos sementados con fachucos de palla prendidos ( o lume coma elemento purificador ) e recitando invocacións, tamén acendendo fogueiras nesta última noite de Abril , noite por outra banda vencellada as meigas en Centroeuropa. O "poñe-lo ramo" nas leiras, cortes, animais e incluso os apeiros coa fin de afasta-lo mal xunto coa "bendición dos campos" con auga (outro elemento purificador) bendita ou de fontes de recoñecida valía son cerimonias propiciatorias de boa colleita. 

 b) Manifestacións propias de nenos ou mozos: de entre estas citaremos en primer lugar a entrega de " ramos de flores " cantando algunha copla no día ún do mes de Maio á noiva, ás mozas ou ós viandantes . Os "arcos de flores " estaban feitos nos camiños con polas,bimbias adobiados con cintas e flores tanto no día 1, no Corpus Christi,ou na da Sta. Cruz , neste día constrúense "cruces de flores " que tamén se chaman maios .   

 A " árbore de maio " é moi rara en Galicia, parece ser que a tradición mandaba roubala antes de chantala nunha praza para queimala ou pendurar un boneco dela.

 Un tratamento específico merecen "os maios-mozos " dos que temos un magnífico exemplo en Vilafranca do Bierzo, un mozo véstese con plantas e atavíase con flores.  

 As coplas consérvanse sempre iguais na actualidade na Galicia administrativa que nós teñamos coñecimento xa non sae ningún cando fai cen anos eran moitas as vilas que os mantiñan vivos. Doutro xeito, sendo maios humanos como os precedentes, definimos " as maias " como grupiños de nenas vestidas de branco e con coroas de flores ou arcos que se adican a pedir para un santo ,ou a Sta.Cruz ,polas rúas ou instalando altares nun lugar céntrico.

 Dentro do que se denominan " maios figurativos " o máis común é unha figura cónica ou piramidal con estructura de paus e recuberta de follas , flores e outros adobíos ( ovos, laranxas,etc...) transportable gracias ás andas que lle son acopladas polos mozos , que a acompañan cantando coplas que varían de ano en ano . Estas coplas as máis das veces conteñen críticas sociais contra alcaldes, gobernadores, caciques; outras ridiculizan a personaxes famosos, modas, feitos chocantes. Pero todas elas na súa meirande parte parecen seguir un esquema tradicional onde sempre afloran alusións ó mes de Maio. O canto é acompañado con golpes de palitroques que levan nas mans. Por último, están os " barcos de maio " que se tratan dunha reprodución dun barco ó que se lle colocan unhas rodiñas para movelo polas rúas. Como é de supoñer son tradicionais nas vilas como Marín ou Vilagarcía de Arousa ,vilas mariñeiras . Tendo en conta que moitas delas xa teñen desaparecido namentres que outras ainda seguen vivas situamos no seguinte resumo os lugares onde tiveron ou teñen presencia estes costumes:

 a)   Manifestacións propiciatorias:

 1. Alumealo pan ou danzas do pan: Noia e Arousa (PO)

 2. Poñelo ramo.

 3. Bendicilos campos. 

 b)   Manifestacións lúdicas ou festivas

 Ramo de flores: Cambados (PO), Queiroga (Lu), Brión (C), Os Riòs (Our.) ;

 Arcos de flores: Tiobre-Betanzos(C). ;

 Cruces de flores: Ourense, Pontevedra, A Coruña, Noia, Ferrol,... ;

 Arbore de Maio: Laza (Our.), Entrimo (Our.) ;

 Maio-mozo: Santiago, Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Portomarín, Lugo, Ribadavia, O Carballiño, Vilalba, A Coruña, As Nogais, Viana do Bolo, Celanova, Verín, Noia, Porto do Son, Castro Caldelas, Monforte de Lemos, Carnota, Queiroga, Pontedeume,.... e Vilafranca do Bierzo. ;

 Maias: Pontevedra, Muros, A Coruña... ;

 Maios figurativos: Pontevedra, Ourense, Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allariz, O Barco, Combarro, Poio,…... 

 

 

O "Ciclo do Maio" e as súas manifestacións.
  
En Galicia houbo, e aínda hai, prácticas vencelladas coa agricultura, gandería, mar, co xogo, co amor, e outras consideradas cristiás, aínda que é probable que fosen cristianizadas na Idade Media. 

 1)  Manifestacións agrarias:  A súa finalidade é a de favorecela medra da colleita arredando o mal, xa sexa o que provén do home (meigas) coma dos animais e mesmo dos axentes meteorolóxicos. 

 A máis coñecida é a de "alumea-lo pan", da que aínda quedan restos moi minguados en varias aldeas dos concellos coruñeses de Rois e a Serra de Outes. Noutros tempos a súa práctica estaba bastante estendida e recibía distintas denominacións, como "alumea-lo centeo", "larada de Pampallín", "Lume pan", etc. Fóra da península tamén se ten rexistrado esta práctica en varias comarcas francesas. 

Estas manifestacións celébranse na derradeira noite de abril, pero antes nalgunhas localidades facíase coincidir coa festividade cristiá de San Pedro Mártir, o día 29. A data do 30 de abril é de grande importancia no centro de Europa, xa que é cando as meigas fan as súas xuntanzas nas montañas alemanas de Brocken ou Blecksberg.

A variante máis estendida é a de facer un fachico de colmo ou palla e con el ardendo, bendici-las leiras ó mesmo tempo que se din impetracións propiciatorias sobre o froito sementado. Outros en vez de andar con fachicos fan fogueiras ou cacharelas, como as da noite de San Xoán, e arredor  delas  dinse cantigas propiciatorias: 

Lume ó pan 
Lume ó pan 
Cada espiga 
Seu bo pan".  

  "Lume, lume  ve o pan 
Deus che dea moito gran, 
Cada gran coma un bogallo 
Cada pé como un carballo.

A esta mesma xeira pertence, entre outros, o costume de chantar poliñas nas leiras, durante o traballo ou despois. O máis normal é que sexan de xesta, arbusto considerado na cultura popular como posuidor de grandes propiedades chamadas "apotropaicas" para alonxa-las influencias maléficas; de aí que se poñan o primeiro de maio nas fiestras e portas das casas, nos apeiros de labranza, nos barcos de pesca, etc., para que a súa presencia arrede o mal para todo o ano. 

 2) Manifestacións pecuarias:  o gando é o protagonista. Actualmente desapareceron todas. O día tres, festa da Santa Cruz non se xunguía o gando vacún, nin sequera se ataba polos cornos. 

 O seu significado é escuro, aínda que é posible que estivese relacionado co crecemento, xa que o gando ceibe brinca e come canto quere e medra antes e máis. 

 O primeiro de maio, nos Ancares, a principio de século, adornábanse as vacas con flores, e tamén era o día de marca-los años, cabritos, etc. para que puidesen andar soltos polo monte. 

 3) Manifestacións mariñeiras: desapareceron todas agás a de pór o primeiro de maio unhas poliñas de xestas nas proas dos barcos en varios portos, en particular nas Rías Baixas. 

 4) Manifestacións lúdicas: a súa finalidade é anunciala eclosión primaveral, e teñen lugar nestes días de abril e maio. Os seus principais protagonistas son nenos e mozotes polo que hai que contalas dentro do eido do xogo e do lecer. 

Entre outras está a de poñer arcos nos torreiros, campos, etc. onde se vai celebrar algunha festa. Tal costume morreu agás en Tabagón (O Rosal), que por mor dunha festa relixiosa mantivo o nome e cambiou a data de celebración a febreiro. 

 A da "árbore de maio" segue viva.Uns mozos rouban a árbore máis esvelta dos arredores, córtana, límpana,e entre cantigas lévana á praza onde permanece varios días ata que remata a festa da Santa Cruz. As interpretacións sobre o significado deste asunto é variada, vai dende a morte e resurrección do mundo vexetal.. Aínda que o significado era o mesmo, o rito non é o mesmo nos distintos lugares onde existe. 

 5)  Manifestacións amorosas:   coa primavera tamén espertan as paixóns amorosas, e estas teñen a súa manifestación a travésde cantigas e ritos, como o que se usaba na Luaña (Brión, A Coruña), que en tal data, o mozo que pretendía a unha moza facíalle entrega dunha póla de xesta florida. Se a aceptaba significaba que o quería como pretendente. 

 O máis normal era pór os ramos nas ventás; se a relación ía ben poñíase de xestas, se ía mal substituíase polo toxo, en Entrimo empregaban canoteiros secos de verza, e en Loureses (Blancos, Ourense) o ramo dependía da fermosura da muller. En Buxán (Rois), na noite de alumealo pan, aproveitaban mozos e mozas para andar xuntos toda a noite e non chegar ás casas ata o amencer. Era a única noite no ano na que tiñan licencia. 

 6)  Manifestacións cristianizadas: cando interveñen vexetais en celebracións cristiás é probable que a súa orixe sexa pagá. A igrexa seguiu dos camiños: prohibila celebración anatematizando ós que as practicaban ou adaptalas á súa ortodoxia. 

     Moitas cerimonias pagás pasaron así á Pascua, e a máis sonada é a de San Pedro Mártir, celebrada en todas as poboacións onde hai ou houbo un convento dominico. En Santiago aínda se seguen a bendicir ramallos de oliveira para espetar nas leiras, gran para sementar, “escritos” para afastar os lóstregos,etc. Tamén son famosas as de Ribadavia e A Coruña. 

   A outra celebración sobranceira é a da Santa Cruz: a cruz é madeira e a auténtica (na que Xesús foi crucificado) descubriuna Santa Elena o día tres de maio, xusto cando os vexetais se amosan esplendorosos despois da tempada invernal. A Cruz de Cristo, como árbore que é, “resucitou” no mesmo tempo en que o fan os demais vexetais. Pero a máis favorecida foi a Virxe que se fixo dona de todo o mes. 
    Relacionados co culto cristián están aquelas cerimonias ou ritos agrarios que se practican para afastalos perigos das sementeiras e dos campos cultivados. O normal é que nas impetracións interveñan unha oración, auga bendita na igrexa o sábado santo, polo regular, e unhas poliñas de oliveira, xesta, loureiro, etc. , que fan de hisopo natural e que despois quedan chantados na leira. 
    Tamén era cristián o costume extinguido en Galicia de erguer grandes cruces florais nas prazas ou encrucilladas. 



     

 MAGOSTO: AS CASTAÑAS

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos.  Nestes días réndeselle culto, é o Magosto.

Introducción

O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honralas colleitas, despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar. 
Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso. 
Ó rito que acompaña a noite non lle falta de nada. Festa de moz@s, eles traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os froitos. 

Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada. 


Os nenos non faltarán ó seu divertido costume: collerán un puño de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá transcorrendo unha noite especial que, doutra volta en torno ó lume, tenta irmandar ó galego cuns devanceiros ós que segue unido polo vencello da tradición. 

Di o refrán:

"Por san Martiño faise o magosto

con castañas asadas e viño ou mosto".

Novembro representa, en terras galegas, o tempo do Magosto é o comezo da tempada da matanza do porco. 
Por San Martiño celébranse reunións en casas e barrios durante ás que se comen castañas asadas acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano. 

Orixe do termo "Magosto"

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira", outros especialistas pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico o feiticeiro.....

Orixe da Festa do Magosto

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de ahí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.
Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego;  ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.

Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. De Ourense espallouse por toda Galicia, collendo novos matices, aínda que corre risco de perdela súa orixinalidade e espontaneidade popular tradicional
Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente,  outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.

Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxendía fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.
Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente para a queimada. Un serán solleiro á hora da merenda-cea é ideal para a celebración do magosto. 

Despois de xantar, a partir das tres comézase a facelos preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose con outras familias ou grupos de amigos, búscase o lugar apropiado  (escampado, encrucillada, longa laxa de pedra), todos van cantando e facendo leiras. Búscase frouma, palla, tamén acios de morodos que neste tempo están a madurar. 

Acéndese o lume, arde, inicialmente tóstase loureiro para que de cheiro e produza ruído, e tamén muñicos de verde para que de columnas de fume branco mesto. Xa reunidos e amoreada a frouma necesaria precederase a picalas castañas para que non estoupen. Espérase que desapareza o lume e fiquen as brasas para esparexelas castañas, controlalo seu punto. 

 Elementos básicos do Magosto

Coma elemento básico e imprescindible do magosto citarémola castaña, nai e filla do castiñeiro.


O segundo elemento é o lume, con todo o que simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento purificador.
Outro elemento importante do magosto é o viño, que non deixa de selo sangue da terra.
Pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (que se soen asar no lume sen depenar), e augardente para a queimada (de novo outra purificación), son suficientes para este día de troula.
Ocupa un lugar eminente a leña, outro froito da terra, para facer un bo lume. 

 Secado das Castañas

As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse ó sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas. Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras móndanas e denúdanas non só da cáscara exterior, senón tamén da interior, deixándoas limpas, brancas e curadas.

Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois apaléano ata que lles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben secas,  sairán con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e sacódeno con forza contra un banco que poñen no medio.

Terminada esta primeira manobra pásase a limpalas usando unha criba, e, outros, avéntanas coma o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis que darlle a última man para separar as danadas e feitas anacos das que están enteiras, sas e en estado de conservarse.
O mes de Novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño

Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.

Outra data case obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio, chamándoselles "Maiolas ou Maias", e comíanse para "non desmaiarse o resto do ano".

Tamén se comían as castañas na Coresma cando había o costume de que non se comese carne.
Hai moitos xeitos de comer castañas: castañas asadas, castañas cocidas, caldo de castañas, etc. Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar; chámanse zonchos.

 

 O ENTROIDO (CARNAVAL)

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos”).

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!”) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne", tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente. 
En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo. 
O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.

 

 O Entroido en Galicia

 

 Entroido ou Carnaval: festa que parece ter as súas orixes nas celebracións dionisíacas gregas, que logo pasaron a Roma coas bacanais, saturnais e lupercais. Posteriormente foron asimiladas polo cristianismo e pola Igrexa católica relacionouno coa chegada da Coresma. Así, Entroido significaría a ‘entrada’ a este período de abstinencia, co que implicaría unha despedida da “carne”, e que abarcaría os tres días anteriores ao Mércores de Cinza, porta da vixilia, de onde toma o nome de carnaval, ‘quitar a carne’. Sería, pois, un tempo de licenza, transgresión e liberdade plena, no que se permitirían facer cousas prohibidas o resto do ano, criticando e ridiculizando feitos da vida cotiá. De xeito popular nalgúns lugares tamén se denomina Antroido

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés. 
Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.
Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

Destácanse o Entroido de Verín, Laza, Xinzo da Limia, Manzaneda, Maceda, Viana, Sarreaus, Vilariño de Conxo, Ulla, etc

Dentro do Entroido urbano, pódese nomear ó da cidade de Pontevedra que se remonta ó ano1877, cando, pola iniciativa da familia Muruais foi organizada unha grande representación da batalla entre o Rei Urco, que viña tomar a cidade e Teucro, mítico fundador e defensor da mesma. A batalla, realizada con armas de pan, rematou coa sinatura da paz e un desfile pola cidade. Desde entón, o Entroido foi celebrado ata os anos da prohibición. Pero a festa volveu ás rúas no ano 1984.

Na cidade da Coruña, o Entroido conta cunha tradición que vén xa desde o século XIX, con celebracións na rúa e a representacións do "Apropósito", esperpéntica obra de teatro que anualmente repasaba a actualidade en clave satírica mesturando personaxes reais e míticos.
Na cidade de Ourense, a pesar de ser un Entroido urbano, mantense moitas características propias da celebración tradicional galega. Así, na Cidade das Burgas, na súa Praza Maior son celebrados os "Xoves de Comadres" e os "Xoves.

O ciclo do Entroido.

período de tempo en que se celebra o Entroido, xeralmente ao longo do mes de febreiro ou inicios de marzo, e con diferente duración segundo os lugares. Partindo do de Xinzo de Limia, que é o que se considera o máis longo, as súas datas fundamentais, aínda que non se celebran todas en todos os lugares, son, por orde cronolóxica: Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido, Mércores de Cinza e Domingo de Piñata, dos que o domingo, o luns e o martes de Entroido se consideran os días grandes.

 

 Domingo fareleiro: día en que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, segundo os lugares, e dependendo do material co que se saia á rúa para enzoufar a xente: fariña, borralla, chicotes, betume, ovos podres, lama, feluxe e mesmo formigas.

 

Domingo oleiro: segundo domingo en que se practica o xogo das olas, no que os participantes, colocados en círculo, se van pasando recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña. Quen os deixe caer debe pagar unha rolda de viño ou unha merenda.

Xoves de Compadres: primeiro xoves do Entroido, no que ten lugar unha simbólica guerra de sexos, na que as mozas fan uns bonecos ridículos con palla e trapos chamados compadres, que defenden dos mozos que tentan apoderarse deles para queimalos.

 

Domingo Corredoiro: domingo anterior ao de Entroido en que se celebraba a corrida do galo, que consistía en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrincasen a cabeza.

 

Xoves de Comadres: segundo xoves do Entroido, en que se inverte a loita celebrada o xoves de compadres, sendo os mozos os que protexen as comadres fronte ás mozas.

 

Domingo de Entroido: domingo anterior ao Martes de Entroido, no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma.

Martes de Entroido: día grande do Entroido, xunto co domingo e luns anteriores, nos que se fan as grandes esmorgas e enchentes, os desfiles e saídas de máscaras e os bailes de disfraces.

Mércores de Cinza: primeiro día de Coresma no calendario católico, corenta e seis días antes da Pascua. Enterro da Sardiña: acto que se celebra xeralmente o Mércores de Cinza, derradeiro día do Entroido. Constitúe unha parodia dun enterro católico, no que o "defunto" Entroido está representado por unha sardiña salgada. A comitiva encabézaa un devoto que leva un estandarte de folla de bacallau (en alusión á Coresma vindeira), e tras a caixa vai un crego rezando un responso cun sentido burlesco. As "carpideiras" choran e laméntanse polas liberdades perdidas e polo tempo de penitencia que comeza.

 

Domingo de Piñata: celebración especialmente urbana, que ten lugar o primeiro domingo de Coresma, en que se tenta romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.

 

 

 

Directiva de cookies

Este sitio utiliza cookies para el almacenamiento de información en su equipo.

¿Lo acepta?