La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

San Roque

 

Este pobo de Combarro

é unha vila mariñeira,

veñen miles de turistas

de lonxe para poder vela  (bis).

 

Ten historias moi bonitas

de moitos anos atrás,

que ata o pirata Drake

a Tambo veu visitar  (bis).

 

Coa súa pata de pau

e co se ollo tapado,

paseando pola illa

dela quedou namorado  (bis).

 

Dando un dos seu paseos

atopou unha capela,

picoulle a curiosidade

e quixo entrar á vela,

alí mirou tantos santos

que quedou coa boca aberta.

 

Mírabaos de un en un,

coma home desconfiado,

cando chegou a San Roque

sobre él quedou meditando:

¡ Ai, San Roquiño bendito !,

Voute mandar ó outro lado

 

Agarrouno por un brazo

e logo tirouno ó mar,

pois ó pobo de Combarro

a nado vas a chegar  (bis).

 

Logo de que ó tirou,

xa comezou a chorar:

¡ Perdóame, San Roquiño !,

líbrame de peste e mal  (bis).

 

A xente veuno chegar,

xa lle votaron a man,

todo o pobo con cariño

súbeuno ata o altar  (bis).

 

A víspera do Señor

e a oitava de San Xoán

San Roque na Pe da Porta

á Renda vai a esperar,

cando a virxe vai pra arriba

tamén a vai a levar.

 

Con esta historia remata

a leenda de San Roque,

por iso a nosa parroquia

levará sempre o seu nome  (bis).

COMBARRO

Yo de Combarro quise marcharme.

Luego pensé que era una tontería.

Adónde iba ir, si en ningún rincón del mundo,

un pueblo como el nuestro ¡jamás encontraría!.

Llegué a Combarro no sé por qué,

De una morena me enamoré,

Formé una familia, hice  mi hogar

En una casita al lado del mar.

¡Hay, Combarro, qué bello eres!.

Doy un paseo a lo largo del muelle,

da gusto contemplarte en mar tan calma,

Con esos grandes barcos, muchas chalanas.

En estas chalanas y en estos barcos

van los marineros a sus trabajos,

cuando hay temporal, no pueden salir,

no ganan un duro, no pueden vivir.

Soy marinero de nacimiento,

soy pescador de profesión,

por eso siempre seremos pobres

En este oficio sin galardón.

De mi pobre pesca puedes elegir,

el mejor pescado lo traigo para ti,

vengo todo mojado y lleno de frío,

pero mi corazón siempre está contigo.

Bonita costumbre había en Combarro,

todo el mozo enamorado,

bajo la ventana de su adorada,

allí le cantaba dulces serenatas.

No hay un pueblo como Combarro,

por tierra y mar tan visitado,

con bellos hórreos, lindos cruceros,

preciosas casas que son el Ateneo.

Hay qué bonito es ser alegre,

mucho nos gusta la diversión,

en nuestro pueblo tan marinero

siempre gozamos de buen humor.

Nos despedimos con gran cariño,

les deseamos de todo corazón

que sean felices en esta vida

y les decimos: adiós, adiós.

A T E N E O    C O R R E D O I R A    A. C. 

“ OS BERBERECHIÑOS “ , Agrupación folklórica.

         A Agrupación Folklórica “Os Berberechiños” naceu na primavera do ano 1979, baixo a dirección do mestre lugués afincado en Pontevedra “Malake”, e froito do grande entusiasmo dos xóvenes que fundaron o Centro Cultural Ateneo “Corredoira” de Combarro,  xuntamente coa axuda dos pais e demáis membros da Entidade.  Xurdiu coa finalidade de crear unha agrupación que fose representativa da nosa parroquia.

         Os momentos máis lúcidos desta Agrupación foron a comezos dos anos oitenta, participando en moitas xornadas folklóricas, romarías populares e diversos programas de distinta índole, levando o folklore da nosa comunidade polos lugares máis recónditos.

         Despois de varios anos sen actividade, coincidindo tamén coa cáseque nula presenza da Entidade na vida cultural e artística do pobo e motivada pola ausencia da Dirección sen herdeiros continuadores da tarefa iniciada, no verán de 1992 vóltase novamente á necesidade de recuperala agrupación folklórica coma órgano representativo tanto do Centro Cultural coma da propia parroquia.

         Así comeza unha nova andaina, o que supón saír adiante loitando a pesares das serias dificultades que leva consigo. Nesta ocasión, perto de sesenta rapaces de distintas idades compoñen a agrupación dividida en secións (gaitas e baile). É nesta etapa cando se instaura a celebración do Festival de Folklore coa partcipación de agrupacións do resto de España e de Portugal dando pe ós intercambios culturais con ditas agrupacións folklóricas que enriquecen sobremaneira á propia Entidade e a todo o Municipio ao poder disfrutar das tradicións de outras culturas.Así:

.- Ano 1996:

   A.F. “Virgen de Gracia” de Puertollano-Ciudad Real.

   Escola de Baile e Música tradicional do Concello de A Rúa-Ourense

   A.F. “Trompos os pes” de Marín-Pontevedra.

   Rancho Folkórico de Vila Nova de Sande de Guimaraes-Portugal.

   R.F. dos Pescadores de Vila Chá de Vila do Conde-Portugal…..

.- Ano 1997:

   A.F. “Itxartu Euskal Dantzari Taldea” de Getxo-País Vasco.

   Banda de Gaitas “Ancoradoiro” de Sta. Uxía de Ribeira-A Coruña.

   Rancho das Sargaceiras e Maritimos de Angeiras de Matosinhos-Portugal

   R.F.Danças e Cantares do Ribatejo de Pombalinho-Portugal…..

.- Ano 1998:

   A.F. “Amigos de Punta Rasca” de Acentejo-Tenerife.

   A.F. “Amado Lar” do Valadouro-Mariña Luguesa.

   R.F. da Casa do Pobo da vila de Angeja-Albergaria  A Velha-Portugal

   Centro popular de Trabalhadores de S. Pedro de Canidelo de Vila do Conde-Portugal.

         Nese ano, 1998, aínda cando algúns membros, sección gaitas, mantivéronse ata o inicio do terceiro milenio, rómpese definitivamente a agrupación folklórica poñendo así o remate os problemas que se viñan arrastrando dende facía xa dous anos.

          En Maio de 2006, despois do intento fallido da creación dun grupo Folk chamado “Combrus” coma consecuencia dalgún compoñente impresentable que non merece máis consideración, póñense as bases para tentar levar adiante unha vez máis a agrupación folklórica “os Berberechiños” baixo a dirección e supervisión da profesora Sara, membro e compoñente da Brilat de Pontevedra.

         Non é fácil nen doado nese momento botar adiante o proxecto sobor de todo pola falla de resposta e implicación. Aínda así, un pequeño grupo de xóvenes persiste na idea e xa nese mesmo verán retoman tanto o Festival de folklore coma os intercambios con outras agrupacións. Nos seguintes meses xurden dudas e pequenas escaramuzas que finalmente se solventan positivamente dando paso ás primeiras actuacións neste pasado verán que fortalecen dalgún xeito á Agrupación.

         Asi, ano 2006:

         Rancho Folklórico de Ponte da Barca-Portugal

         A.F. “Virgen de Gracia” de Puertollano-Ciudad Real.

         Rancho F. de Penalva do Castelo-Portugal.

         A.F. “Vides Novas” de San Salvador de Poio-Pontevedra.

         .- Ano 2007:

         Agrupación “Tanxedoiras do Pandeiro” de Vigo-Pontevedra

         A.F. “Virgen de los Remedios” de Torecillas de la Tiesa-Cáceres.

         Rancho Folklórico de Santo Tiago de Lobâo-Oporto-Portugal.

         A.F. “Os Berberechiños” do Ateneo de Combarro-Pontevedra.

         Actualmente, a agrupación está composta por uns 20 compoñentes, en dúas seccións. Coma complemento, dispoñen o mesmo tempo de grupo de pandereteiras entre os propios compoñentes. Os ensaios teñen lugar un día á semana (mércores).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 Actividade 2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividade 2017

Listado actuacións ano 2017

 

 

04/01…                        Combarro…                       Nadal

07/05…                        Combarro…                       Festa dos Maios

17/05…                        Combarro…                       Letras Galegas

28/05…                        Combarro…                       Hijas de María

11/06…                        San Xoán…                         Festival Intercambio Vides Novas

17/06…                        Combarro…                       Baixada Renda

24/06…                        San Xoán…                         Festas San Xoán

25/06…                        San Xoán…                         Festas San Xoán

25/06…                        Combarro…                       Subida Renda

02/07…                        Combarro…                       Encontro Embarcacións Tradicionais

08/07…                        Combarro…                       Festa de Colón

30/07…                        MonÇao…                          Intercambio Cultural

 

04/08..  Rossas-Por… Intercambio Cultural    

11/08… Combarro… Pregón Semana Cultural

15/08...  Combarro…Festa do Mexilón

19/08…Combarro....Festival Folclórico Ateneo

07/10...  Murcia…  Intercambio Cultural

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMPARSA  “OS BERBERECHIÑOS”

 

            A data da súa creación coincidiu coa celebración do Ano Santo Compostelán en 1993, froito maiormente da persistencia dun grupo de veciños da parroquia de idade adulta que, nas súas conversas coa dirección do Ateneo, pregoaba o disfrute persoal e colectivo ó mesmo tempo que era un acicate para recuperala celebración das festas do Entroido.

            Sen unha base sólida nen experiencia nestas lides, levouse adiante a creación da comparsa “Os Berberechiños” de Combarro. Na súa impronta e posta en escea sempre destacou polo seu baile, así coma tamén polas súas letras e cancións, en tanto que a vestimenta era cáseque sempre o punto débil e incruso de discordia.

            Os dous primeiros anos, a pesares das disputas internas,  resultaron exitosos  e sen grandes sobresaltos, acadando boas críticas e tamén moi boa participación.

            Continuando con esta faceta, no seu terceiro ano, ao remate das datas do entroido, tivo lugar a ruptura, mellor dito, a escisión da comparsa en dúas e froito das desavenencias e desencontros por parte do sector crítico hacia a dirección da mesma. Os nefastos resultados obtidos nesta ocasión, xuntamente cun traxe feito por confeccións Abilleira de cor amarelo de ingrato recordo, tampouco axudaron a evitala crise. Os compoñentes de máis idade na súa maioría abandoaron esta comparsa e fixeron outra pola súa conta. Aconteceu no ano 1995.

            Superada esta primeira criba, a dirección continuou co resto dos componentes máis outras incorporacións por levar adiante esta faceta festiva e jocosa. Non foi doado superalo bache. Nembargantes, a pesares das limitacións e dos escasos recursos, a ilusión dos seus membros sempre foi unha lanzadeira para continuar adiante coa comparsa, aínda cando tamén hai que recoñocer que as decisións a mar das veces xogaban co tempo de preparación na súa contra.

            Así se mantivo activa ata o ano 1999, sen interrupcións dende a súa fundación a excepción da división xa comentada. Durante este período, houbo momentos de grande entusiasmo que alternaron con outros menos brillantes.

            Unha das experiencias máis positivas foi a participación en distintas edicións no concuros de Murgas de Pontevedra, tendo acadado varios pemios e outras mencións. A especialización deste concurso hacia a profesionalidade, sen esquecer o desplante propiciado pola organización, foi motivo de non acudir dende entón ó mesmo.

            Moitas foron as cidades e vilas da xeografía galega polas que esta comparsa desfilou dependendo en moitas ocasións da dispoñibliadade habida por ambas partes. Así, Lalín, Negreira, Poio, Caldas de Reis, Tui, Vilanova de Arousa, Vilaxoán, Illa de Arousa, Portonovo, Cambados, Vigo, Pontevedra, Campolameiro, A Estrada, Marín, Bueu, O Grove, Pontecaldelas…

            Neste ano de 1999 é cando a comparsa se toma un ano sabático aproveitando circunstancias persoais de forza maior dalgún dos componentes, ademáis das consabidas diferencias que en todo colectivo de persoas que así se precie hai.

No ano 2000 retómase novamente esta actividade, con algunhas novidades, participando nos tradicionais concursos das cidades antes mencionadas e manténdose activa ata o ano 2005. É nesta etapa cando se leva adiante a celebración do “Enterro do Mexilón” coincidindo cada xoves da semana de entroido para evitala súa efemérides coas poboacións veciñas e maior dispoñibilidade de participación.

Hoxendía, segue celebrándose dito Enterro por parte da Entidade,en tanto que no referido á comparsa permanece en estado de “hibernación”.

           

 

Directiva de cookies

Este sitio utiliza cookies para el almacenamiento de información en su equipo.

¿Lo acepta?