La versión de su navegador no está debidamente actualizada. Le recomendamos actualizarla a la versión más reciente.

 

Combarro desde o Concello de Poio

 

No ano 2012 ten lugar o 40 aniversario da declaración de Combarro como conxunto histórico. Era o ano 1972 cando Combarro recibía o recoñecemento oficial que certamente determinaría a súa historia recente. O 30 de novembro dese ano declarábase oficialmente este enclave como Conxunto Histórico Artístico, feito que significaría situar esta vila mariñeira no mapa turístico do noso país e do mundo. Combarro principiaba así unha nova xeira na que o seu patrimonio único había converterse nun dos eixes dinamizadores de todo o municipio de Poio. Tanto o seu presente coma o seu futuro estarán sempre estreitamente determinados polo seu extraordinario patrimonio.

 

En definitiva, a declaración de 1972 constituíu un fito na historia de Poio, no que se materializou a constante preocupación por conservar a singular arquitectura e o urbanismo de Combarro, que sintetiza a cultura agraria e marítima de Galicia.

 

No seu día esta declaración permitiu articular e poñer en marcha unha serie de medidas encamiñadas a preservar o patrimonio material desta vila, entre as que se inclúe o particular ordenamento urbanístico municipal aprobado con ese obxectivo, marcando un antes e un despois neste enclave mariñeiro pola repercusión que había ter na protección do contorno, na súa rehabilitación e no seu mantemento.

 

Combarro xa viña sendo desde os primeiros anos do século XX un espazo de referencia e interese cultural dentro e fóra do noso país. Non hai dúbida de que Combarro é uhna das iconas de Galicia cara ao exterior, erguéndose como un dos máis potentes atractivos turísticos e polo tanto constitúe un importante motor da economía do noso municipio, dinamizando sectores como a hostalaría e o comercio, entre outros, e por suposto sectores produtivos cardinais como a pesca e o marisqueo.

 

Ese papel iconográfico viuse exponencialmente acrecentado nas últimas décadas, o que sempre é motivo de satisfacción para a veciñanza de Poio. A ninguén se lle pode escapar que, debido a súa importancia etnográfica, esta vila supón un dos grandes valores turísticos  e culturais deste Concello, pero tamén de Pontevedra e de toda a contorna, xa que Combarro é indubidablemente un dos enclaves máis representativos e orixinais non só de toda a rexión das Rías Baixas senón de todo o país.

 

Construído sobre o granito e á beira do mar, o seu conxunto histórico representa como ningún outro a esencia da arquitectura popular galega, onde, en palabras de Otero Pedrayo, “o carro de labranza descansa á beira da barca mariñeira”. Todas aquelas persoas que o coñecen ou alguna vez o visitaron relaciónano inmediatamente cunha das construcción máis tradicionais de Galicia: o hórreo, que  fora nun tempo non tan remoto a despensa dos nosos antepasados. A característica que fai dos hórreos de Combarro un elemento orixinal e único no mundo é, por unha banda, o grande número destas construcción que se conserva (preto de sesenta en toda a vila), e a insólita situación de 30 deles aliñados ao longo da costa. Outros aspectos que acrecentan a excepcionalidade deste lugar son as casas mariñeiras e os cruceiros, que Castelao retratara maxistralmente no seu libro As cruces de pedra na Galiza. Porén, como todos sabemos, Combarro é moito máis que todo isto, xa que un patrimonio ten que estar vivo para ter sentido e ter futuro.

 

É ben coñecido que a vila de Combarro goza de gran dinamismo, grazas á implicación e ao labor socio cultural dos seus habitantes, e acolle ao longo do ano numerosas ocasións para a xuntanza lúdica e as celebracións, manifestacións paradigmáticas dos nosos costumes máis arraigados e da nosa tradición, e tamén da intensa actividade asociativa, deportiva e cultural. A isto únese a súa ampla oferta gastronómica que converte a Combarro en todo un deleite para os sentidos.

 

Asemade, o seu engado cultural actúa como un potente factor de dinamización económica, feito ao que temos que prestar atención en canto afecta á calidade de vida e benestar de moita xente, empezando pola dos propios combarreses e combarresas. Como tal, require un coidado especial por parte da Administración local, pero tamén da provincial e da galega. Temos aquí unha tarefa colectiva como país pois a repercusión de Combarro transcende máis alá do noso Municipio.

 

No 40 aniversario que acabamos de conmemorar, após a inicitaiva para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, e coa colaboración do Concello de Poio e o respaldo dunha ampla fronte social e institucional, organizouse un extenso programa de actividades co obxecto de pór en valor as casas tradicionais, os hórreos, os cruceiros, en definitiva, a esencia de Combarro, e tamén co propósito de fomentar a reflexión crítica e cosntructiva sobre o seu pasado, o seu presente e o seu futuro.

 

Tras meses de actividades que incluiron visitas guiadas escolares, actos culturais, eventos deportivos, encontros e homenaxes, ciclos de conferencias e un concurso e exposición de fotografía, así como este importante acto institucional de conmemoración da declaración que celebramos neste mes de novembro, reunindo a todos os participantes e colaboradores do aniversario no salón de actos da Comunidade de Montes Rega dos Agros, e servindo de ocasión para que a Administración local, provincial e autonómica, xunto coa Universidade de Vigo e o Consello da Cultura Galega, representado polo seu presidente Ramón Villares, reiteren unánimemente o seu firme compromiso coa protección do patrimonio histórico de Combarro.

 

De agora en diante continuaremos con ánimo renovado o labor de preservar para as vindeiras xeracións unha das xoias máis prezadas e valiosas do acervo cultural e patrimonial do noso pobo, que por fortuna aínda mantén intacta a esencia da historia da nosa orixe, mais tamén atendendo á importancia do interese que Combarro produce alén das nosas fronteiras.

 

Así o entendera xa desde o primeiro momento o Pleno da Corporación municipal, a iniciativa da Asoiciación A Solaina e todas as asociación, colectivos e empresas que colaboran e participan activamente na Conmemoración do 40 aniversario, convertendo o mesmo nunha celebración aberta e integradora, coa que sentimos a vila de Combarro  máis  viva e máis nosa, se cabe, ca nunca. 

Luciano Sobral Fernández 

Alcalde do concello de Poio

 

Combarro

Corría o ano 1972 cando Combarro era recoñecido como Conxunto Histórico Artístico Nacional. Este recoñecemento foi determinante para a difusión e a protección do casco histórico, sentando unha conciencia crítica que favoreceu aposta en valor deste enclave único, evitando a súa progresiva destrucción e situando esta fermosa vila mariñeira no mapa turístico español.

Pero a conservación do casco histórico non sería posible sen as súas xentes, que se senten orgullosas do seu pobo e o protexen e habitan, mantendo vivas as tradicións e costumes, poñendo por diante o privilexio que supón vivir en Combarro.

Combarro está feito de pedra sobre a pedra, configurando un contorno singular que vive do mar e da terra, da agricultura e a pesca. Reflexo desta dualidade son as palleiras que gardan a colleita orgullosas sobre o mar, e configuran a imaxe máis recoñecible de Combarro.

Este patrimonio, exemplo da arquitectura popular, é hoxe un elemento  da economía desta parroquia e do propio concello, onde converxen a historia e a modernidade, o casco histórico e o porto. Atractivo que temos que seguir potenciando para favorecer o desenvolvemento económico de Combarro e de Poio.

Cómpre destacar as numerosas iniciativas e actividades que se levan a cabo en Combarro, froito dun tecido asociativo moi activo e implicado, que promove e esixe das administracións un compromiso firme a prol desta parroquia. Froito desta intensa actividade os nosos visitantes poden gozar de numerosos eventos coma o Corpus a Christi, a procesión marítima da festa do Carme, as festas de San Roque, as procesións, a festa do Mar, o día de Colón, festas tradicionais, etc…e contribuíndo a multiplicar o atractivo de Combarro para os nosos visitantes.

A asociación A Solaina – nesta ocasión organiza o “Corenta aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico Artístico”, levando a cabo un exitoso labor de divulgación e promoción da nosa historia e cultura, promovendo o orgullo dun pobo polo seu pasado e a súa historia.

Quero aproveitar para manifestarle o meu recoñecemento pola organización deste aniversario. E manifestar novamente o compromiso do Concello de Poio co futuro de Combarro, ligado a súa historia e o seu patrimonio, poñendo en valor o seu gran potencial como motor económico.

Chelo Besada

Portavoz grupo municipal do PSG-PSOE

 

 

O VERDADEIRO EFECTO “CHAMADA”

            Pobreza, fame, desemprego e miseria son algunhas das causas máis poderosas que motivan a que millóns de persoas abandonen o seu país de orixen para enfrentarse a unha nova vida, donde sexa posible superar esas carencias, acompañadas, xeralmente, de guerras e persecucións. É moi fácil deter a inmigración non desexada: favorecendo o desenvolvemento dos países de donde ven dita inmigración. O problema é saber si se quere levar adiante este proxecto, que esixe un cambio estructural da economía e do comercio a escala mundial.

            A causa grave, profunda, estructural, da estampida de xóvenes do Sur hacia o Norte ten dúas vertentes: a pobreza nos países de orixen e a riqueza nos países de destino. Éste é o verdadeiro efecto “Chamada”, do que tanto se fala en algunhas ocasións. Isto demostra o fracaso da economía a nivel mundial  e o mal que asola a un desenrolo desaforado para disfrute dunha minoría, que implica a depauperación e degradación da maior parte da humanidade. Tódolos analistas afirman que  no planeta hai recursos máis que suficientes para que tódolos habitantes da terra poidan satisfacer holgadamente as necesidades alimentarias.

            O imigrante non nace; faise. E faino precisamente un sistema económico desigual. Cáseque tódolos inmigrantes ó son o seu pesar; creos a desigualdade. Hai outro problema máis, do que apenas se fala: ó abandonar millares de xóvenes os seus países de orixen, deixan una poboación de vellos e de nenos que non poden traballar para mellorar o seu futuro. Os países do Sur deste xeito empobrécense máis e cada vez dependen máis dos países do Norte, xerando unha especie de apartheid mundial. Se a todo isto añadimos que algúns países africanos a escalada mortífera da Sida, o panorama é bastante sombrío.

            Pódenos resultar éticamente detestable que o 20% da poboación usufructúe hoxe o 80% dos bens da terra, e que o 80% da poboación teña que conformarse có 20%. Pero, para establecer o que nalgún tempo se chamou un novo orden internacional, ¿ quén ten que mover ficha ?. Porque a realidade é esta: canto mellor se viva no Norte e pior no Sur, estamos alimentando o soño duns seres que naceron para ser libres e vivir con dignidade.

            NON HAI FUTURO SEN ÁFRICA.

            África é un grande territorio con máis de 30 millóns de km2. Estímase que dentro de 30 anos, África será a segunda ou terceira potencia en número de habitantes, despois da India e de China, con 1.500 millóns.

            No 2050, cando menos, seis países de África terán máis de 100 millóns de habitantes ( Nixeria, República Democrática do Congo, Etiopía, Exipto e Uganda…) e ademáis terán a poboación máis xoven do mundo. E isto é unha ventaxa.

            Dentro de 25 ou 30 anos, África será a maior obra do mundo, porque en África hai que facelo cáseque todo. Será o maior mercado do mundo. Non pode haber futuro sen África, sen as súas materias primas, a súa xuventude, o seu medio ambiente equilibrado, é dicir: África.

            Hoxendía, a situación é dura, moi dura; pero non hai futuro sen África. Se a situación neste continente continúa degradandose, ningún continente estará a salvo. Menos aínda nós, os veciños europeos, que estamos o seu carón. Ningún visado nen muro porá deter a 1500 millóns de pobres que non teñen un dólar o día para comer. Non hai que facerse ilusións. Só hai que ver ós xóvenes que intentan pasalas vallas e que din:

“A pesar de todo, irei a Europa”. Non queren morrer e vense abocados a loitar por sobrevivir.

 

O papel das áreas de rehabilitación integral (ARIS) na rehabilitación sustentable dos conxuntos históricos: unha proposta para Combarro

 

A actual demanda de sustentabilidade parte do recoñecemento dunha serie de efectos que o noso modelo de desenvolvemento, en continua expansión dende a Segunda Guerra Mundial, tivo sobre o medio. Non obstante, as sociedades tradicionais, preindustriais, obtiñan os seus recursos da explotación da bioesfera mediante a xestión de procesos que ocorrían de maneira natural, os cales tiñan que ver con elementos coma o solo, a pendente, o clima, a flora, a fauna…a chamada matriz biofísica do territorio.

 

A recolección e a caza van ser as primeiras técnicas de modificación deses elementos. Atopáronse escasos achados do Paleolítico no territorio do actual concello de Poio. Segundo indica Buenaventura Aparicio no seu libro Arqueoloxía e antropoloxía cultural da marxe dereita da ría de Pontevedra isto pódese deber á falla des espazos de hábitat atractivos para o home cazador e colleiteiro deste momento. Será no Neolítico cando apareza a valoración das condicións do territorio do val de San Xoán, segundo sinalan os achados relacionados coa, aínda incipiente, agricultura de rozas. Asemade, aa orixe dos gravados rupestres atopados en Poio e datados nas idades de Cobre e Bronce, puidera estar relcionada cunha economía do pastoreo. Pero será no período da Cultura Castrexa cando se perfeccione a agricultura, emprazándose moi preto de Combarro o Castro da Sividá, nunha posición que estaría tamén relacionada coa actividade pesqueira.

 

A implantación no século VII dun primeiro mosteiro da orde de san Fructuoso no actual lugar da capela de San Martiño (parroquia de San xoán) e ligado a una ermida na illa de Tambo, segundo hipótesis de varios especialistas, ocasionaría un primeiro uso agrícola de grande entidade do territorio do val, o cal sería interrompido a causa das invasións mususlmáns. Unha segunda colonización terá lugar, xa no século XI, en torno á posición actual do mosteiro de Poio. Trátase de fenómenos de ocupación de terras, traballadas por colonos, que darán lugar en Galicia aos grandes señoríos territoriais.

 

A perda de fertilidade ocasionada pola extracción constante de nutrientes do medio constituía o principal risco para o mantemento destas sociedades. Nembargantes, a solución a este problema estaba culturalmente asumida por estes poboadores: a valorización dos residuos. Desfeitos vexetais e animais ern xestionados co fin de obter, mediante a enerxía solar, a súa transformación en recursos. Neste equilibrio entre a existencia de nutrientes e  reciclaxe dos desfeitos do metabolismo se baseaba este sistema de ciclo pechado. Estes procesos deixaron unas características pegadas na paisaxe que aínda hoxe podemos percibir en territorios coma a parroquia de Combarro. O monte, as agras, os prados de rega, a disposición das construcción, a enseada…configuran una paisaxe dun territorio productivo: un sistema en perfecto equilibrio entre a disposición e a superficie das diferentes texturas e elementos que o caracterizan, onde a auga é o elemento portador dos nutrientes.

 

En concordancia con este sistema orgánico, o núcleo de Combarro sitúase nun pequeno promontorio rochoso situado  carón da ría, coroado pola igrexa de san Roque, en comunicación directa coa illa de Tambo e en contacto ao oeste coas agras da Chousa, aínda hoxe presentes na zona interior de hortas situada entre a avenida da Cruz e a praza da Chousa. O emprazamento orixinal semella basearse nunha dobre estratexia de responder ás demandas agrícolas por una banda, deixando vacantes as terras máis fértiles e mellor orientadas, e por outra, á actividade pesqueira, focalizada na actividade do Peirao da Rúa.

 

O sistema das sociedades actuais, grazas aos pozos “ilimitados” de enerxía que proveñen dos combustibles fósiles e á perda de valor dos residuos, deixa abertos os ciclos mteriais e, pese ás innegables doses de progreso e benestar que nos proporcionou, está a ocasionar a alerta en numerosos indicadores ambientais. Segundo analiza Albert Cuchi no “informe previo á actuación urbanística nas Brañas do Sar en Santiago de Compostela”, a base do problema atópase nas dinámicas materiais dos procesos productivos actuais: A análise dos fluxos materiais é o instrumento que permite comprender se o metbolismo presente nun ámbito é xerador de residuos ou se, pola contra, pode achegarse a un metabolismo de ciclo pechado.

 

As intervencións no territorio poden analizar e corrixir estes procesos, contribuindo a pechar os ciclos mediante un deseño dos espazos e infraestructuras urbanas, no que se aproveiten ao máximo os recursos dispoñibles e se reciclen os desfeitos. Esta visión incide na salvagarda e protección de valores distintos do patrimonio, ampliando e dinamizando a súa definición a todo o conxunto de técnicas que se aplican sobre un territorio para producir o necesario para a eixstencia.

 

Un estudo neste eido foi a análise hídrica da parroquia de Combarro. Esta comprende un territorio de 7,9 quilómetros cadrados formada por 7 miccro concas que abarcan o percorrido que pode seguir una gota de auga que cae no monte Redondo, a 465 mtros de altitude, na divisoria entre Meis e Poio, e vai a desembocar a través de diferentes vectores de escorrentía na ría de Pontevedra. Se por exemplo analizamos as necesidades de auga para rega de xardíns e cultivos na conca “2”, que abrangue a mayoría do núcleo histórico de Combarro, podemos cocncluir que se precisarían pouco máis de 20 millóns de litros ao ano, cantidade que podería ser cubert soamente co 10,5% de auga de chuvia que discorre superficialmente nesa conca.

 

Esta concepción das dinámicas á hora da intervención arquitectónica e urbanística, e asemade cando se actúa sobre o preexistente, é un elemento que encaixa á perfección nos obxectivos das áreas de rehabilitación dos plans estatais de vivenda.Estas figuras non se limitan a ser, coma aontece noutros programas de rehabilitación illada, una multiplicidade inconexa de intervencións, senón que esixen o desenvolvemento dun programa de acción integradas en base a unas diagnoses previas: deben de incluir propostas nos eidos socioeconómico, educativo e cultural, das dotacións e dos equipamentos públicos, da eficiencia enerxética e utilización de enerxías  renovables e da mellora da habitabilidade e accesibilidade do entorno urbano do ámbito declarado, así como das vivendas e edificios incluidos nel. En definitiva, constitúen un instrumento óptimo para a introducción de criterios ambientais que enriquezan e potencien os resultados da revitalización urbana  xa contrastados en tantos lugares como é o caso da área de rehabilitación de Combarro. 

Manuel Pueyo Varela 

Arquitecto 

Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro (2012)

  

Combarro:  un camiño para andar xuntos

Falar de Combarro é falar de hórreos que case arrola o mar, de rúas empedradas e de fermosas construcción tradicionais. Falar de Combarro é falar dun emblema turístico non só do noso Concello senón das Rías Baixas e de Galicia no seu conxunto.

Pero para os que vivimos e sentimos esta vila, Combarro é moito máis. Combarro é historia, cultura, patrimonio e, sobre todo, é vida. A vida que lle dan os seus vecinos, as múltiples asociación, empresas ou entidades que cada día a converten  nunha vila máis dinámica a nivel social, cultural  e económico.

Aí radica o verdadeiro valor desta localidade: na súa xente, que fixo posible o pasado e o presente desta parroquia e sen a cal non haberá futuro.

Xente coma a que integra a asociación A Solaina, que tivo a iniciativa de impulsar a conmemoración no ano 2012 do 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico e que logrou aglutinar en torno a esta celebración non só a toda a veciñanza de Combarro e de Poio senón a un amplo grupo de institucións, empresas e asociacións.
Un exemplo de traballo colectivo que permitiu sacar adiante unha morea de actos e festexos que nos permitiron a todos afondar nun maior e mellor coñecemento do que é e do que representa Combarro, mais tamén – e quizáis isto sexa o máis importante – abrir a porta a unha reflexión sobre o camiño que nos queda por andar para garantir o futuro desta vila.

Un camiño que teremos que andar xuntos, porque só así poderemos preservar o legado dos nosos devanceiros, revitalízalo e integralo como base do noso desenvolvemento futuro.

Os novos tempos sempre traen novos retos e Combarro ten ante sí un futuro esperanzador, un futuro que só terá sentido se é quen – se somos quen, porque isto é un labor colectivo – de manter vivo o noso patrimonio.

Este libro é unha boa axuda, un apoio para afondar nun coñecemento amplo de Combarro, nun coñecemento que vai moito máis alá dos tópicos e que entra de cheo no corazón desta localidade: aquí hai un lugar especial para o patrimonio, a historia e a cultura; mais tamén para o comercio, para a economía, para a empresa; e, como non, para o seu tecido social, vecinal e cultural, para eses homes e mulleres que, como dicía ao comezo, son os que cada día constrúen Combarro.

Ángel Moldes Martínez

Voceiro municipal do PP

 

 EL TREN DE VILLAGARCÍA

 

No bien asumió el poder, el Gobierno provisional de la República empezó a suspender diarios de gran circulación y, si se tiene en cuenta que casi todos los ministros procedían del periodismo, habrá que comparar este hecho histórico con el de Hernán Cortés, cuando, en su propósito de no abandonar jamás ni un palmo del territorio que conquistase, quemó todas sus naves al llegar a Méjico. Yo me encontraba, a la proclamación de la República en Nueva Cork, enviando correspondencia a ABC, y decidí regresar a España.

Ello es que a los dos meses, más o menos, de proclamada la República, yo me encontraba en Villagarcía de Arosa esperando el tren de Santiago para ir a Vigo y trasladarme luego a Madrid. No recuerdo ya la hora a la que el tren debía encontrarse en la estación; pero habían pasado diez minutos y aún no había llegado. De pronto, se oyó un ruido.

“ El tren. El tren “, dijo la gente.

El tren resoplaba, jadeaba, suspiraba, y la impaciencia del público iba transformándose en un sentimiento que tenía mucho de piedad. Ya conocen ustedes la ternura del alma gallega. Al ver los esfuerzos desesperados de aquel tren tan viejecito, una mujer del pueblo exclamó a mi lado:

“ ¡Pobriño!...”

No hubo bien entrado el tren en agujas, cuando un señor, o lejos de mí, exclamó a grandes voces:

“ Pero, ¿habrase visto un escándalo semejante? ¿cómo hay todavía autoridades que toleren esa máquina? “.

“ Tiene usted razón – le dijo otro señor -. La verdad es que esa máquina para lo único que estaría bien es para tostar cacahuetes “.

“ No. Si no me refiero a la máquina precisamente – repuso el señor de las grandes voces-. La máquina es lo de menos, lo que me parece intolerable es que se llame como se llama. ¿ No ve usted la placa ?. Alfonso XIII. Llevamos ya dos meses de República, y aún no le han cambiado el nombre. Es un verdadero escarnio…”

En esto, yo tuve que instalarme en mi vagón, y no oí más; pero hasta que llegamos a Vigo – y el tren tomó con bastante calma la tarea de transportarnos – fui pensando en la extraña psicología de aquel hombre, buen republicano al parecer, que no sentía el menor deseo de sustituir con otras mejores las pésimas máquinas de nuestros trenes; pero que quería a toda costa ponerles unos nombres nuevos. Aquel hombre había votado, sin duda alguna, a favor del cambio de régimen, y se daba por enteramente satisfecho con que este cambio quedase consignado en los nombres de las cosas; pero si las cosas no cambiaban, ¿ qué clase de cambio era el que había que consignar ?.

A T E N E O    C O R R E D O I R A    A. C. 

As posibilidades turísticas de Combarro: Patrimonio, Hostalería e Comercio.

Con ocasión da celebración da conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como conxunto de interese artístico e pintoresco (1972), resulta apropiado reflexionar sobre as súas oportunidades turísticas ligadas ó patrimonio, hostalería e comercio. Combarro está chamado, e dalgún xeito xa é e foi, o espazo turístico emblemático do Concello de Poio, e dunha área maior que abarca as Rías Baixas. Isto débese, indubidablemente, ó seu patrimonio (continente) ó que se suma una hostalería e actividade comercial turística complementaria que debe ser compatible coa veciñanza e a vida cotiá dos residentes (contido).

En relación ó patrimonio, queda claro que o atractivo principal de Combarro é o seu perfectamente delimitado Casco Vello, que representa o producto dunha orixe e historia de perfecta adaptación e harmónica compatibilidade entre o medio físico e natural, e o medio urbano e material creado polo home. A profunda relación entre a súa arquitectura e o medio que a rodea obedece e responde a razóns funcionais aínda que teñan concluido cun resultado de gran beleza e singularidade. Non cabe dúbida de que constitúe un exemplo sobranceiro da arquitectura popular mariñeira galega, con todo a súa estrutura urbanística responde á simbiose entre dúas especializacións fundamentais: o traballo mariñeiro realizado na ría e os labores agrícolas do val. O valor deste conxunto histórico de interese nacional débese tanto á súa contorna – non só as vistas á ría senón a convivencia diaria con ela – como ó peculiar espazo arquitectónico creado polas típicas vivendas mariñeiras, de escasas dimensións, e a sucesión de hórreos, representativos da economía agrícola.

Nestas últimas décadas Combarro deixou de ser unha simple vila mariñeira para dar cabida á actividade turística. Ó xurdir iniciativas no eido turístico mudou a economía local coa apertura de locais de hostalaría e comercio: modificáronse os usos dos baixos abríndoos ós visitantes e comezou a emerxer un pequeño empresariado local entre os propios residentes.

A oferta hostaleira e comercial do Casco Vello de Combarro foise vinculando claramente ó turismo, de modo que hoxe en día a restauración está especializada en productos do mar para turistas e visitantes, e os establecementos comerciais concéntranse na categoría de bazar, venda de artesanía e agasallo.

Iniciouse así un claro proceso de desenvolvemento local con efectos directos sobre o espazo e a poboación. Na medida en que se revalorizaba a imaxe exterior do Casco de Combarro e o seu atractivo turístico potenciábase tamén como sinal de identidade do Concello de Poio e orgullo dos seus residentes: isto contribuiu tanto á rehabilitación, conservación e recuperación das construccións coma á revitalización do espazo vivido.

A hora de abordar a complexa reaalidade na que se ten transformado hoxe o Casco pola presenza de diferentes demandas procedentes do seu valor patrimonial,  a súa especialización turística e a súa caracterización residencial, é preciso partir da relación de mutua dependencia existente entre os actores presentes e as forzas vivas. Unha intervención axeitada debe respectar e combinar con acerto os intereses de residentes, o empresariado local, as institucións públicas e o resto das parroquias. Este é o único modo de conseguir manter o seu carácter patrimonial, a súa especialización turística e o seu uso residencial.

Non en balde é mérito dos residentes o mantemento das súas vivendas, a súa contribución ó non abandono do Casco e a ausencia de aberracións urbanísticas que se teñan dado noutros lugares. E así mesmo, e a pesar da controversia sempre ligada a eles, a aposta pola rehabilitación que supón a existencia dun plan especial de protección do casco histórico. Non obstante, é necesario buscar novas canles de concertación que resolvan situación de tensión derivadas da percepción dos residentes de que todo está orientado cara ó turismo e, por ende,  da falta de coordinación entre  vida urbana e a actividade turística. Ó respecto afondaría o fortalecemento de boas prácticas urbanas que se están a realizar de forma voluntaria, así como o consenso sobre aquelas outras a limitar, é dicir, o establecemento dun catálogo de ordenanzas e normas municipais negociadas de obrigado cumprimento. Resulta importante incidir sobre o mantemento e posta en valor do patrimonio e urbanismo tradicional como ben colectivo en lugar de focalizarlo únicamente como un eixe fundamental para potenciar o sector turístico. Tanto o empresariado local coma os residentes deben ter acceso á participación cidadá, xa que conviven nun espazo de gran valor e reducidas dimensións.

O Casco é, sobre todo, espazo vivido, ese que reflicte o seu pasado mariñeiro aínda que hoxe en día sexan outros os sectores económicos presentes, ese vinculado tradicionalmente ó uso residencial sobre calquera outro. A crecente especialización hostaleira e comercial dos últimos anos é froito do atractivo turístico e valor patrimonial do conxunto histórico. Para potenciar este sector resulta primordial buscar vías de encontró que harmonicen e compatibilicen intereses, ás veces complementarios e outras diverxentes, entre as diferentes actividades económicas e, entre estas e os residentes. Todos eles dotan de vida cultural, social e económica ó casco histórico de Combarro. A convivencia de actividades económicas e poboación engádelle valor ó conxunto histórico patrimonial e convérteno nun espazo vivo no que identidade, tradición (arquitectura) e modernidade (servizos) están presentes.

O aproveitamento das oportunidades turísticas de Combarro require dunha estratexia participada concibida como un proceso institucional e social de reflexión e busca de acordos. Debe contar con institucións, axentes privados e sociais e, en particular, residentes, empresariado local e Concello, xa que o Casco é, sobre todo, un espazo de convivencia.

Sara Mª. Torres Outón

Socióloga. Profesora da universidade de Vigo.

 

Combarro:  qué facer?,  cómo pensar?

A primeira idea que xorde respecto a Combarro preocupa pois sae dunha triste comprobación de que una cousa é o que figura no imaxinario colectivo “oficial”, e que deriva do turismo, non sempre en compatibilidad eco valor de uso histórico actual, e outra é a realidade percibida dende as imaxes históricas, que están no imaxinario colectivo e individual. Esas imaxes colectivas e individuais baten coa realidade física acontecida nos últimos corenta anos. A percepción mistificada pola intención mercantil do turismo é a tapadeira do que non se expresa na postal turística e a formalización da destrucción da memoria, do “non lugar” ao que chegou hoxe un Combarro que está moi distante dos valores que o fixeron merecedor de ser considerado Ben de Interese Cultural (BIC). Xa ós vinte anos da declaración como “conxunto artístico e pintoresco”, o profesor Rafael Vallejo dicía, na Revista Obradoiro (21, 1992):”…Preocúpanos o presente e o futuro dunha arquitectura e un urbanismo que, en Combarro, sofren un profundo deterioro. Máis exactamente una espoliación…”.

A  segunda idea en relación a Combarro é saber cál é a memoria patrimonializada culturalmente, que quedou fixada en imaxes directas e indirectas e que nos obrigan a conservalas e restauralas para poder transmitilas, se é aínda posible, e superar así a angustia causada pola nostalxia que nos da ver que o que hai non mellorou nin conseguiu unha recreación dinámica do “conxunto artístico e pintoresco”.

 En canto á percepción histórico-cultural de Combarro xorde a pregunta de cómo foi posible aquela que rematou nunha declaración, en 1972, tan exemplar na topografía cultural dunha ría e dunha ribeira como as deste pobo. Pero, sobre todo, un pregúntase cómo eras as mulleres e os homes que construíron, viviron e fixeron de Combarro unha vila como Santillana del Mar, como chegou a afirmar Valentín Paz Andrade. Este expresaba, con Anglada Camarasa no Diario de Pontevedra en 1920, rememorado por Andrés Dacosta no Faro da Cultura (428, 2012), que “Combarro pertenece al mundo del Arte”, e nada hai máis certo, debido á contribución que os artistas fixeron á patrimonialización cultural desta localidade. Remataba Paz Andrade cunhas verbas do artista catalán:”…a Combarro había que cercarlo de una verja preservadora de toda humana irreverencia”. Os valores e os feitos culturais daquel entón espiritualizabana as leis e o sentir a paisaxe coma algo creado coa súa patrimonialización cultural. Anglad a propoñía un “enreixado espiritual” que, se ben se intentou, non foi suficiente para protexer ese borde da ría nin a “Rúa”, chea de “son e silencio” ou de baleiros e ricas arquitecturas, un pentagrama interpretando os humores espaciais da ría e do seu ambiente. Unha rúa que evidencia cómo eran os que, dende fondas e sólidas raíces familiares incrustadas nas fendas das rochas, deixaban as súas pegadas e ferramentas en praias, rúas, prazas e casas.

 A documentación directa ou indirecta sobre Combarro pode, como memoria que é, suxerir moitos relatos. Pero eses relatos non serían completos se non temos tamén os que nos facilitan os documentos construídos. As rúas, prazas, vivendas, espazos libres, cruceiros, hórreos, muros, pequenos peiraos e hortas, todo empoleirado, como diría Xaquín Lorenzo, teñen multitude de rexistros que provocan, ou máis ben provocaban, que dende calquera punto da vila e da  ría un usuario de bondade cultural tivese unha experiencia de conciencia d e identidade, de sentir o lugar como propio ou de “dominio público cultural” de vecinos e visitantes.

A  partir de experiencias e institucións históricas dos séculos XVIII, XIX e XX protexeuse a desenvolveuse este espírito e foise conformando outro que, como é lóxico, influíu no significado do Patrimonio Cultural. Pronto o concepto de Monumento – memoria intencionada construída – foi conquistado pola percepción individual e colectiva e atribuído a outras construcción con valor de histórico, similares e á vez distintas ás dos monumentos rememorativos intencionados. Recoñecíanse nelas valores de memoria, de conmemoración, de evocación, de celebración histórica e cultural, pero, sobre todo, de sentimentos e valores documentais construídos, esculpidos ou tallados en materiais e técnicas constructivas e en programas e ideas funcionais e plásticas. Apreciábase xa que materiais, razón, técnica ou tecnoloxía e idea construída organizan e materializan o espazo e a arquitectura dun tempo, dun proceso de vida e historia.

Foi en 1926 cando nun Real Decreto-Ley relativo al Teatro A rtístico Arqueológico Nacional se senta a base administrativa de grandes valores xurídicos, conceptuais e de sensibilidade social para o Patrimonio Cultural. Na declaración de principios deste Decreto faise referencia á idea de dar máis “espiritualidad y fuerza” aos textos xurídicos que ata ese momento non eran tan “patrimonializadores” nin eficaces, xa que o que viñan propoñendo non acadara daquela o nivel de intensidade e sensibilidade social conseguida en Europa: por esto hemos de dar mayor espiritualidad y fuerza a nuestra legislación, que serían inútiles nuestros esfuerzos, y obra lenta e ineficaz y torpe la conservación y rescate de nuestra riqueza artística y monumental si este Decreto-ley hubiera de inspirarse en iguales principios y doctrinas en que aquellas otras leyes (…) o confiáramos demasiado en nuestros medios financieros (…) en enorme desproporción con la riqueza que (…) hemos de conservar. Ese desexo de dar maior intensidade aos contidos conceptuais de partida non pode vir doutra cousa que d a intención de centrarse máis nos debates europeos, e sen tanta alarma social e detrimento como o que viña acontecendo en España (pensen só na “exportación” de monumentos a outros países). Esta preocupación do lexislador reflíctese na obriga de:…intervención directa y eficaz del Esta do, si es que pretendemos fijar de una vez y para siempre la riqueza monumental de España al suelo de la Nación, cun fondo conceptual preciso: a fixación dos Monumentos ó solar nacional e ó espíritu dos españois.

O lexislador, recollendo a preocupación social e histórica que pairaba daquela, insiste:… atento a la conservación de los monumentos y a la belleza artística característica de nuestros pueblos y ciudades adscribiéndolos al suelo, los edificios bellos que en él pusieron la Voluntad decidida y manifiesta de aquellos que quisieron perpetuar en los pueblos y campos por ellos elegidos esas hermosas y peregrinas fábricas, hijas del genio de sus autores, que supieron aprisionar en ellas, haciéndolo suyo, el sentir de los siglos en monumentos rememoradores de culminantes hechos, que el tiempo en su transcurso ennobleció, patinándolos…

Como se ve, a comprensión dos ricos tesouros artísticos construídos reportábase no territorio nacional ao dominio público cultural. Ó modo dos monumentos rememorativos intencionados, os inmobles de todo tipo foron entendéndose como monumentos rememorativos pertecentes ao seu territorio e ás xentes que os sostiñan, posto que estas se organizaban coa súa existencia. Os bens construídos históricamente tiñan intencións funcionais e fundacionais a priori non conmemorativas. En definitiva, tratábase de entendelos culturalmente, non illados, e de concibir o dominio público cultural, que o lexislador formula así: patinándolos, como si quisiera con su lento y constante obrar, sólo por su contemplación y por razón de ella, dar título de prescripción fehaciente y notorio, al disfrute espiritual que sobre ellos tienen los pueblos en que radican.

É tamén en 1926 cando se considera a reasignación de rememoración e de artisticidade relevante identificándoa tamén…”con la belleza artística característica de nuestros pueblos y ciudades”. Nesta consideración vese implícita x a a intención da sociedade e do lexislador de situar a pobos e vilas na mesma dimensión dos “monumentos rememoradores”, ó tempo que se anticipa a idea de contorna como solidaria con eles. Pero se algo é novidoso é o de recoñecer “esas hermosas y peregrinas fábricas, hijas del genio de sus autores, que supieron aprisionar en ellas, haciéndolo suyo, el sentir de los siglos en monumentos rememoradores de culminantes hechos…” En definitiva, dáse xa unha fonda visión sobre a intensa concentración patrimonial e cultural expresada nos bens (monumentos, vilas e aldeas) que son obxecto de tales consideracións perceptivas.

 Non esquezo outras consideracións que inspira este texto xerminal, pero quero facer fincapé nunha delas, a vontade de “dar título de prescripción fehaciente y notoria, al disfrute espiritual que sobre ellos tienen los pueblos en que radican”, falando de preceptuar ou ordenar fidedigna e notoriamente o disfrute espiritual sobre os monumentos, ciudades e pobos, co que están xa anticipándose ao concepto de garantir o dereito ao acceso a cultura, ao “Patrimonio Cultural” que a Constitución de 1978, a lei do patrimonio histórico español de 1985 e, implícitamente, o noso Estatuto de Autonomía e a Lei do Patrimonio cultural galego de 1995 consolidarían a finais do século XX.Dereito que pode ponerse en quebra se a pasividade vai diluíndo os valores materiais e inmateriais contidos nos bens ou nos “tesouros” culturais que vilas como Combarro aínda teñen, e sobre os que non bastaría “pensar” só dende o único instrumento do Plan Especial de protección, pois habería que facelo dende una visión máis territorial e integral na que estivese contemplada tamén a relación especial coa contorna do Conxunto, pois esas son, precisamente a expresión e a garantía do seu ambiente e da sía autenticidade.

O Título II do citado Decreto-Lei d e 8 de agosto de 1926  de dícase aos Bens inmobles, e fala “De la protección y conservación de la riqueza arquitectónica, histórico-artística de España y del carácter típico de sus pueblos y ciudades”. Uns bens inmobles entre os que, o artigo segundo inclúe “las edificaciones o conjunto de ellas, sitios y lugares de reconocida y peculiar belleza, cuya protección y conservación sean necesarias para mantener el aspecto típico, artístico y pintoresco carcaterístico de España…”. Vemos así como, neste apartado, destaca algo que a bo seguro conformaría a sensibilidade social e administrativa para que máis adiante se comezara a cimentar a idea de ambiente social e cultural, como se ve en relación ao pobo de Combarro, ao modo en que o expresara Valentín Paz Andrade en 1920. Esa xeración dos anos vinte xa concibía a paisaxe como algo creado e patrimonializado culturalmente.

Con aquela ollada nos lugares de reconocida y peculiar belleza, coma Combarro, reportábanse valores culturais patrimoniais, novos, actuais, por riba dos valores funcionais e fundacionais e dos que inspiraban aos artistas, escritores, poetas e fotógrafos que nos facían ver eses “lugares” cunhas novas miradas que agora xa son parte, por sempre, d as visións contemporáneas sobre os mesmos. Desgraciadamente, no caso de Combarro algunas das imaxes que aqueles creadores elaboraron ou rexistraron foron espoliadas e outras, as menos, recreadas activamente porque a paisaxe é algo vivo, aínda que nesa recreación non sempre se tivo presente que os usos e ideas proxectuais novas deben ser compatibles en intensidade e dimensión coas ideas e usos históricos que construíron cada lugar. Lamentablemente, isto foi o que sucedeu en Combarro, onde ese respecto non se deu, como observamos no que hai hoxe no peirao deportivo, no centro comercial invadindo a ría, na praza que invadiu o areal da Chousa ou na escaleira dende esa praza á rúa do Mar na Gurita.

Habería, pois, que ter posto aquel enreixado arredor de Combarro do que falaba Anglada Camarasa ??... Tal vez, mellor cómpre facer una cura de humildade e fuxir de humanas irreverencias. Acaso así poidamos cumprir a obriga de legar o patrimonio cultural que herdamos doutros que puxeron máis racionalidade á hora de construílo.

Iago Seara Morales

Arquitecto

 

Salvar el conjunto histórico de Combarro

"Las zonas turísticas que reciben una gran afluencia de personas deben supervisar constantemente el impacto de los visitantes sobre el medio ambiente natural y construido y sobre los valores sociales y culturales." Esta advertencia fue hecha en el XVII Congreso Interamericano de Turismo (1997), dedicado a la Sostenibilidad del turismo mediante la gestión de sus recursos naturales y culturales. Esta misma cita abre el Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro que redactamos en la Asociación A Solaina de Combarro en abril de 2014, para presentar un diagnóstico sobre la situación actual del patrimonio cultural del mismo y ofrecer alternativas a la misma, con un Plan de diez medidas.

Combarro fue declarado en 1972 "conjunto de interés artísticos y pintoresco" por constituir un singular ejemplo de la arquitectura popular, simbiosis de la Galicia marinera y agrícola, sintetizada muy bien en las más de treinta palleiras (hórreos) alineados a la orilla del mar. Combarro es por ello Bien de Interés Cultural. El medio natural, las necesidades a resolver por sus habitantes, los modos de vida tradicionales forjaron el espacio habitado, las casas vivienda, el muro costero, las ramblas y peiraos, los eirados y las imprescindibles palleiras, resguardo del maíz, base del pan y la alimentación. Esto lo hicieron de forma armoniosa, decantada a través de los tiempos, las mujeres y los hombres de Combarro, dando como resultado un conjunto equilibrado, de bella factura, que empezó a ser calificado, hace algo más cien años, como pintoresco, esto es, digno de ser pintado.

En la actualidad Combarro es eso, el patrimonio heredado cargado de valores culturales, un capital cultural, pero es también un nuevo lugar, un destino turístico. Esta nueva realidad se refleja en que su estructura económica tradicional desaparece, muda, desplazada por las actividades turísticas de hostelería, de pequeño comercio y sobre todo de restauración. Nuevas actividades de oferta turística en respuesta al elevado número de personas que llegan a Combarro, en excursión diaria, de forma masiva. El turismo de Combarro lo es de excursionistas de día.

Al calor de esta demanda turística, desde la década de 1990 muchas de sus edificaciones tradicionales son reorientadas hacia usos y actividades terciarias, en tanto que sus espacios públicos y semiprivados son ocupados, a veces de forma excesiva, desordenada, sin criterio y reglamentación, por parte de estas actividades. El turismo bien gestionado puede ser, es, una bendición. Genera rentas, aumenta el bienestar de la comunidad local. Cuando esa gestión cualificada no existe, el turismo se convierte en plaga, en factor de desestructuración. Los vecinos que no se dedican a actividades turísticas pueden perder calidad de vida. El patrimonio cultural que sirve de base, de reclamo a esta actividad turística, puede verse alterado, deformado hasta lo irreconocible. Este es el peligro que afrontan muchos lugares turísticos con patrimonio cultural. Este es el peligro que afecta hoy a Combarro, de forma grave, crítica, de forma muy preocupante

¿Por qué? Porque este del turismo masivo sobre un bien frágil, de pequeña escala como es el pueblo de Combarro, es un fenómeno reciente y muy impactante. Lleva poco más de veinticinco años, pues se inicia en los años noventa y se acrecienta con el siglo XXI. En este período, la arquitectura y el urbanismo de Combarro experimentan profundas alteraciones. Los vemos en las casas viviendas transformadas en locales comerciales, sin uso habitacional, que está en retroceso. Lo percibimos asimismo en estructuras permanentes, de aluminio y entoldados, sobre las aceras, sobre los eirados, al borde de los hórreos, entre la tierra y el mar, en forma de barrera física que altera el diálogo emocionante entre ambos. Lo vemos en tenderetes que ocupan las estrechas rúas, limitando el paso del viandante, del residente de toda la vida. Lo vemos en el espacio ganado al mar sin criterio, con instalaciones de escala desmedida, con espacios sin respeto al patrimonio cultural al que se adhieren sin ligazón formal alguna, ejecutados sin estudios serios previos de sus impactos. Lo percibimos, en fin, en la falta de una política pública coordinada, para afrontar todos estos retos, empezando por la municipal y siguiendo por la provincial y la autonómica, a quien corresponde la tutela superior.

El diagnóstico no es sólo nuestro. Lo hizo en 2008 el Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco en su estudio Complementariedade comercio, hostalaría e turismo en Combarro; también la arquitecta italiana Manuela Costantino en 2010, en su excelente "tesi di laurea" sobre Combarro, y el arquitecto Iago Seara en 2012.

Ahora conviene reflexionar y actuar de forma coordinada, cualificada, decidida. Lo propusimos en abril de 2014 con un meditado Plan de diez medidas incluido en nuestro Informe Urxente sobre Combarro. Lo vamos a exponer, a requerir, ahora en el Seminario "Os Conxuntos Históricos no Borde Marítimo Galego", que celebramos en el Consello da Cultura Galega, el 1 y 2 de julio. Les invitamos a participar. La conservación de la emocionante presencia de Combarro en el patrimonio cultural de Galicia requiere la concurrencia constructiva de la sociedad civil y los poderes públicos gallegos”.

Rafael Vallejo Pousada

Presidente de la Asociación A Solaina de Combarro

Profesor de la Universidade de Vigo

 

Combarro un dos emblemas do turismo das Rías Baixas

Combarro é un verdadeiro emblema turístico da provincia de Pontevedra, unha localidade mariñeira de visita obrigada nas Rías Baixas e unha das máis pintorescas, fermosas e coñecidas de Galicia, que proporciona, sen dúbida, un auténtico pracer para os sentidos.

Esta vila mariñeira configúrase como un dos conxuntos hidtórico-artísticos de Galicia máis representativos a través das súas rúas, palleiras, cruceiros e prazas, que se funden co mar e que nos falan dunha terra que conxugou a vida do mar co aproveitamento da terra, o cultivo do millo e a extracción dos tesouros da ría.

Pero Combarro ten moito máis que os seus típicos hórreos. Ten unha historia, unha cultura, unha arquitectura e unha vida social, cultural e económica que está na orixe do que hoxe é este concello, que merece ser coñecida e explicada, e que fan desta terra non só un emblema turístico senón un patrimonio cultural da provincia que cómpre salvagardar e poñer en valor.

Así o vén facendo a Deputación de Pontevedra a través, por exemplo de iniciativas como “Coñece a túa provincia”, na que está inmersa a vila de Combarro, co obxectivo de difundir o noso patrimonio e atraer o turismo durante todo o ano. É unha forma excelente de fomentar o dinamismo comercial da localidade, observala dun xeito diferente, integral e, para os que xa a coñecen, descubrir aspectos que nunca antes observaran ou nos que non matinaran.

Como presidente da Deputación é unha honra e un compromiso achegar a cultura a todos os recantos da provincia e a todas as capas da sociedade; proxectala máis alá das nosas fronteiras. Por iso nunca faltarán nin a vontade nin as propostas para seguir mantendo a protección desta vila, para que as xeracións vindeiras poidan gozar dunha contorna natural coma a que nós coñecemos e vivir maravillas da arte popular galega coma a que atesouran os veciños de Combarro.

Rafael Louzán Abal

Presidente da Deputación de Pontevedra

 

CASAS  DE  LOS  MARINEROS

 

Casas de los marineros, con la cal de sus muros mordida por el salitre del mar. Casas de los marineros. Están en callejas empinadas,son casas limpias, como la arena de la playa, con sus redes secándose a la puerta. Cuando anochece, se dijera que estas redes, agitadas por el viento, más obscuras aún en la obscuridad de la hora, semejan velos de viudas de todos los hombres que murieron en el mar. Pero el marinero vive alegremente su propia tragedia. La mujer del marinero canta alegre sus tristezas:
Xa non teño home 
que me vai n'o mar;
vaime n'a taberna,
foixe a emborrachar.

Y el cantar marinero sube ría arriba entre villas y aldeas, y se va haciendo campesino poco a poco. Porque el campo y el mar son de Galicia hermanos; y asi, no es raro ver un aparejo de pesca a la puerta de un establo, ni asomar en una casa de marineros, por la balaustrada de un viejo corredor, las mazorcas del maíz doradas por el otoño. Las calles están solitarias. Los hombres están en el mar, mientras las mujeres andan afanadas en los trajines domésticos o trabajando en el pedazo de tierra que la casa tiene al fondo. Los chicos, si no están en la escuela, estarán enredando junto a la dársena, haciendo juguete de las barcas amarradas, ejercitándose ya, sin darse cuenta, en el duro oficio con que han de ganarse el pan el día de mañana. 
En una placita hay un antiguo crucero. Al pie de él se detienen a charlar las viejas del pueblo, a recordar historias, a lamentarse por el hijo que se fué a América a probar fortuna y no volvió, o por el mozo a quien un golpe de mar arrebató de la lancha en un invierno negro. El Cristo está allá arriba, con los brazos en cruz, y ellas son ahora también como aquellas mujeres llorosas de la'Pasión, caídas al pie del judío soñador y rebelde.
De tarde en tarde cruza algún barco de pesca, que va a algún pepueño puerto cercano. El capitán, que es de este pueblo, echa a grito la sirena, y entonces las ventanas, las callejas, los caminos que rodean al pueblo se llenan de pañuelos y delantales que saludan y dicen adiós. Calma, pausa melancólica después. Al corredor de aquella casa asoma ahora un marinero. No es viejo aún; pero el reuma lo tiene casi baldado. Aunque no haga frío, él tiene que andar lleno de ropa, como si estuviese tiritando Sus ojos tristes miran un instante la barca abandonada, que, sin brea y sin pintura, van destruyendo poco a poco las lluvias. El marinero contempla la barca como si en ella estuviese la imagen de su vida, y se vuelve a meter para adentro. No quiere oír la voz que suena allá fuera, detrás de las rocas, porque él es ahora, al oír la voz del mar, como el hombre viejo que ve pasar una mujer hermosa y no se atreve a mirarla siquiera. ¡Casas de los marineros! ¡Qué bien estarse solo en un atardecer de domingo, sentado en uno de vuestros corredores, sin pensar en nada , oyendo un acordeón lejano. 
ÁNGEL LÁZARO 
Revista ilustrada: Mundo Gráfico.Madrid 26/12/1934.

Directiva de cookies

Este sitio utiliza cookies para el almacenamiento de información en su equipo.

¿Lo acepta?