CRUCEIROS, IDIOSINCRASIA DUN POBO
OS CRUCEIROS EN GALICIA
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por caseque tódolos autores).
Os cruceiros están considerados como unha das manifestacións máis xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remóntase, segundo dalgúns autores, á época prehistórica en lugares nos que existían menhires, e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presencia nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.
O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na culturagalegas, íntimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII.
Non se coñece o número dos existentes en Galicia. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "al menos 12.000". A Bretaña francesa contaría cuns 9.000, segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980.
A modo de exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño, , 118 en Rianxo, "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.
A distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo escasos en Lugo e Ourense.
A xénese e a simboloxía dos cruceiros
Refírese nun dos seus escritos Vicente Risco , indicando que hai cruceiros en cruces de camiños, (antigos trivios) substituíndo, se cadra, antigos altares ou monumentos pagáns dedicados ós Lares Viales ou ás divindades indíxenas que os precederon, hai os que son "cruces de término" (nos lindeiros das freguesías ou de antigos coutos), lembrando a antiga consagración das fronteiras; hai os que marcan as estacións do "vía crucis", hai os que recordan unha morte, ou feitos tráxicos como fusilamentos en tempos de guerras civís ou doutras circunstancias. Este costume segue aínda hoxe, somentes que as cruces que se poñen soen ser de ferro ou madeira.
Tamén alude Risco o feito de que en moitos cruceiros aparece unha inscrición na que se recolle o nome da persoa que o mandou construír, pero o máis habitual é que apareza soamente a data.En canto á antigüidade dos cruceiros, Vicente Risco indica que os cruceiros máis antigos en Galicia son do século XIV, máis os de arte realmente popular son os barrocos, do século XVII deica hoxe. Estes cruceiros polo regular todos se asemellan e todos se diferencian, non habendo dous iguais. Teñen estilos diferentes, pero o máis común é que representen unha crucifixión, Cristo crucificado e soidade; mentres que no reverso aparece a figura da Virxe. Estas figuras esculpidas no cruceiro transmiten o sentido da dobre natureza de Cristo, a divina e a humana, a través da maternidade da Virxe, do sufrimento na cruz e da súa morte.Os cruceiros son unha das mostras máis ricas da arquitectura popular galega, nas que a pedra foi traballada para abrir unha xanela á relixiosidade e á historia.Castelao dixo:
"Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.
A Virxe das Angustias , enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores, é a Piedade creada polos canteiros.
Os nosos canteiros deixándose levar polo sentimento, non podían imaxinar un home no colo da nai.
Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno,
sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos
pequenos nos colos das nosas nais.
Reparade nos nosos cruceiros
e descubriredes moitos tesouros"...
Clasificación
A efectos dunha máis sinxela análise, cómpre diferenciar na denominación común de cruceiro as seguintes tipoloxías:
a) as cruces, sen máis elementos figurativos.
b) os cruceiros propiamente ditos, cos elementos que se describirán a seguir.
c) os cruceiros de capeliña ou cruceiros de loreto, nos cales o capitel está substituído por unha furna ou capeliña en pedra con imaxes no seu interior. Este tipo de cruceiros agrúpanse case todos na zona occidental da Coruña.
Mención á parte merecen os petos de ánimas, outra mostra tipicamente galega da escultura relixiosa pero de características propias.
Orixe
Xa desde os principios do cristianismo se buscou unha sacralización dos lugares de culto pagán ou sospeitosos de ter tal culto. Con ese obxectivo colocáronse cruces sobre pedras con algunha simboloxía, sobre menhires ou pedras significativas. Outro exemplo desta intención cristianizante témolo no cruceiro de Presqueira (Baños de Molgas), levantado sobre un petróglifo. Por outra banda, están as cruces colocadas sobre miliarios romanos, das que aínda quedan exemplos como o cruceiro de Foncuberta, en Maceda (Ourense).
En calquera caso, parece aceptarse unanimemente a teoría de Castelao de que os cruceiros son unha creación gótica.
A orixe dos cruceiros, tal como os entendemos hoxe, pode situarse na segunda metade do século XIV ou xa no século XV. O seu maior desenvolvemento produciuse no século XVII, se ben non foron realmente valorados e estudados ata ben entrado o século XX, a partir dos exhaustivos traballo de Castelao sobre as cruces de pedra enGalicia e na Bretaña .
Castelao defendía a tese de que os cruceiros foron introducidos en Galicia por influencia das viaxes de San Vicente de Ferrer, que estivo por terras galegas en1412 e trouxo o modelo das cruces de termo levantinas. Tamén viaxou pola Bretaña francesa en 1419, onde morreu, o que lle permite explica-la semellanza entre os cruceiros galegos e bretóns, esa semellanza podería deberse á influencia que exerceu o Camiño de Santiago, que permitiu que os peregrinos bretóns trouxeran e levaran estilos e iconografía.
O cruceiro máis antigo que se conserva (o de Melide, do século XIV) é unicamente unha cruz sobre unha columna moderna, do que Castelao deduce que, en orixe, os nosos cruceiros eran só cruces de pedra que se trasladaban dun lugar a outro ata asentarse nalgún momento sobre unha pedra ou sobre un pedestal. Da mesma época son tamén os cruceiros (realmente, cruces) das Ribeiras do Sor (en Mañón) e o de Neda.
Evolución
Co século XVI veu unha redución da carga figurativa e a simplificación da cruz. Simultaneamente, os cruceiros van estendéndose ó longo da Galicia rural para ir aparecendo en aldeas e lugares remotos.
No concilio de Trento (1545-1563) acórdase, entre outras cousas, que existe un purgatorio no que as almas deben redimirse dos seus pecados antes de poder ascender ó ceo. Tamén se acepta, no que agora nos interesa, que os familiares e amigos vivos do defunto poden interceder polo seu perdón mediante penitencias e obras piadosas. Deste xeito comezan a construírse cruceiros pagados por persoas que buscaban gañar indulxencias para sí mesmo ou para as súas persoas queridas. Así queda ben reflectido nun cruceiro de Fornelos de Montes que un tal José Benito Correa Alemparte mandou facer "por perdón de Dios y para los herederos de mi hija María, muerta de mala muerte".
Igualmente, os cregos das ordes mendicantes especialmente franciscanos e dominicos, estenden nas súas prédicas a idea do purgatorio e incitan ós veciños a costeala construción de cruceiros, entre outras formas de facer esmolas.
Así temos exemplos coma
- DEVOTOS A / MIGOS ES / TAMOS AR / DIENDO EN / TRE LLAMAS / VIBAS DE PE / NOSO FVEGO / CON BVES / TRA LIMOS / NA SE ALI / VIA EL SFR / MENTO (Cruceiro de Estribela, Lourizán, Pontevedra).
-
- MANDAZER / ESTA CRVZ / AÑO DE 1719 /// FRANO OS / SNO / ORACIN / PIAS ANIM (Cruceiro de Barcia de Mera, Covelo).
-
- ESTE CRUCERO HIZO / A SU COSTA DE O. Mo. Rz. / RUEGUEN A DIOS PR / LAS ANI / MAS (Cruceiro de Salcidos, A Guarda).
-
- MANDO HAZER / I PINTAR VN DEVOTO / AÑO DE 1732 / PIDE VN AVEMARA / POR LAS ANIMAS DE PVR / GATORIO (Cristo de Torroso, Mos)
-
- RVEGEN A DYOS P / OR QUEN HIZO EST / A OBRA AÑO DE DCI (Cruceiro do Calvario, en Sárdoma, Vigo).
Castelao recolle así esta intención expiatoria dos cruceiros:
Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo (Cousas, Castelao).
Desta época (século XVI) datan moitos dos cruceiros galegos, como os da Virxe dos Remedios (en Muros, 1586), o de Fondo da Vila (Padrón, 1587), o de Ferreiros (O Pino, 1622), o do Campanario (Vilagarcía de Arousa, 1683) ou o de Ansemil (Silleda, 1698), entre outros moitos.
Entre os séculos XVI a XVIII segue a expansión dos cruceiros por toda Galicia e adquiren cada vez máis carácter de obxecto de culto popular. A imaxinería barroca propia da época vai engadindo novos elementos ás figuras talladas e aumentando o dramatismo da escena representada, sobre todo segundo imos entrando no século XIX, coa representación da Virxe con Xesús morto no seu colo ou ben ela soa, cunha espada ou varios puñais cravados no peito. Deste estilo son, por exemplo, as obras de Manuel González Perdiz(autor dos cruceiros de Padrenda, Cenlle, Goiás de Lalín etc.), André Castaño Castro ou de Xosé Cerviño García (autor do do Hío, en Cangas).
Estrutura
Estruturalmente, os cruceiros son esculturas en pedra de granito, coa cruz (a parte superior) esculpida normalmente nunha soa peza, aínda que os hai con imaxes engadidas á cruz. De altura variable, adoitan ter entre 3 e 5 metros da base ó cumio da cruz. Moitas delas estiveron policromadas nun principio e hoxe en día poden verse restos de policromía en moitos deles e, nalgún caso, a pintura renóvase ata a actualidade.
Salvo excepcións, os cruceiros están constituídos por unha única cruz, pero hai casos nos que atopamos grupos de tres cruces. Son os calvarios, nos que habitualmente só está tallada a cruz central e, ás veces, nin esta. Polo seu merecemento, cómpren destacalos calvarios de Santa María, de Castro Barbudo (Ponte Caldelas), o de San Martiño (en Bueu), o de Beade ou o de Bieite (Leiro), moito máis simple.
A expresión simplificada do cruceiro é a cruz de pedra, soa, sen máis nada, pero resultan moito máis habituais os cruceiros máis elaborados. A tipoloxía dos cruceiros galegos é moi variada, segundo os recursos económicos da persoa que encargara a súa construción, pero basicamente consta dos seguintes elementos:
-
1. O basamento ou plataforma dunha ou máis gradas, habitualmente tres, ás veces desigual para adaptarse á pendente do terreo. A base adoita ser cuadrangular pero tamén as hai octogonais, triangulares e mesmo circulares. Hainos tamén -moi poucos- sen base ningunha.
-
2. O pedestal, peza normalmente cuadrangular, cúbica, coas arestas biseladas. As caras poden ser lisas ou con algunha inscrición, na cara frontal. Esta inscrición permite coñecela data na que se erixiu e o motivo, co nome de quen o encargou.
Hai bases moi elaboradas, con caveiras, ósos, serpes e outros elementos decorativos e figurativos. Hai tamén un tipo particular que presenta un retablo ou peto de ánimas no pedestal que serve de base ó fuste (por exemplo, no cruceiro de Vilalonga, en Sanxenxo).
-
3. O fuste: columna de sección cuadrangular, octogonal ou cilíndrica; en ocasións pode ser torsionada. ou nodosa. Pode tela superficie lisa, estriada ou acanalada, e non mostrar adorno ningún, pero é máis habitual que estea decorada con motivos diversos que representan a Paixón de Cristo (esqueira, martelo, tenaces etc.) ou o pecado orixinal (caveira, serpe). En ocasións, tamén presenta outras figuras denominadas santiños, imaxes de santos que responden á devoción do lugar ou dos doadores.
Outros nomes comúns do fuste son os de vara, varal ou esteo.
-
4. O capitel, de complexa e variada composición, imitando os estilos arquitectónicos clásico, románico ou gótico, con volutas, follas, caveiras, anxos, santos etc. En ocasións, o capitel é unha esfera que simboliza o mundo.
-
5. A cruz, cun Cristo crucificado (só, coa Virxe, con anxos) na súa cara anterior, a orientada ó camiño principal, e a imaxe da Virxe ou de algún santo na súa cara posterior. Hai cruceiros especialmente decorados, como o de Hío, en Cangas, ou o Cruceiro do Home Santo, en Compostela.
A cruz, como o fuste, pode ser de sección redonda, cuadrangular (con ou sen as arestas matadas), octogonal. Nalgún caso, imita o tronco dunha árbore. Os extremos dos brazos da cruz tamén poden ser moi simples, sen remate, ou máis ou menos complicados (bifurcados, florenzados, con follas, medallas ou outros adornos).
-
6. O pousadoiro, unha mesa situada xunto á base do cruceiro. Este elemento só está presente nos cruceiros situados nun camiño sacramental ou nos camiños ó cemiterio, e servía para que a comitiva fúnebre puidera pousa-lo cadaleito e rezalos responsos ó morto. Nalgunha ocasión utilízase tamén como altar para celebrar misas ó aire libre, o que é máis común nos cruceiros bretóns.
Na mesa de pedra qu'está arrentes doi cruceiro pousaron onte, para botarlle o responso, o corpo morto d'un rapaz que veu do servicio
Castelao: "O cruceiro", en Alma Gallega 1922, 35.
Iconografía
As imaxes representadas nos cruceiros galegos son moi variadas pero podemos agrupalas nas seguintes tipoloxías:
a- Xesús crucificado: a figura de Xesús na cruz é a imaxe máis característica, con variantes na expresión, na colocación de pés e mans, nos detalles anatómicos, na roupa que o cobre (pano de pureza, máis ou menos complicado) etc. Como excepción, no cruceiro de Melide represéntase a Xesús sedente amosando as mans, aínda que no anverso aparece crucificado.
Unha variante pouco frecuente é a representación do Desencravo ou descendemento, momento no que a Virxe e os apóstolos, rematada a crucifixión, baixan a Xesús da cruz.
b- Ferramentas da Paixón: trátase das ferramentas utilizadas na crucifixión de Cristo ou obxectos relacionados coa Paixón: o látego, a coroa de espiñas, os cravos, o martelo e as tenaces, a lanza, o cáliz no que se recolleu o sangue, a esqueira do desencravo, etc. Nalgún caso aparece un galo que representa as tres negacións de San Pedro.
c- INRI. Habitualmente, a cruz está coroada cunha cartela coa inscrición INRI que, en moitos casos, estaba pintada e desapareceu co paso do tempo.
d- A Virxe: aparece case sempre no reverso da cruz pero nos cruceiros de estilo gótico tamén pode estar ó pé da cruz, con San Xoán.
A Virxe aparece representada en moi diferentes situacións, como Virxe-nai, co fillo no colo, ou como Virxe Dolorosa, co corazón atravesado por un ou varios puñais (tradicionalmente sete, lembrando os sete momentos máis dolorosos da súa vida ]). Hai cruceiros que mostran o corazón fóra do peito da Virxe.
Outras advocacións da Virxe que podemos ver nos cruceiros galegos son a Virxe da Soidade (cos dedos cruzados sobre o peito), a Inmaculada Concepción (en actitude orante e sobre anxos ou sobre os cornos da lúa), a Virxe do Socorro (co neno en brazos e golpeando ó demo, ós seus pés), a Asunción (entre dous anxos que a coroan), a Virxe do Carme, a Peregrina, a Virxe do Leite (dando o peito ó fillo),..
Castelao recolleu unha ampla mostra das Virxes esculpidas nos cruceiros galegos en diferentes actitudes e advocacións .
e- O Espírito Santo está representado en contadas ocasións, na figura dunha pomba, como por exemplo no cruceiro gótico de Pazos, ou nun de Vilalonga (Sanxenxo)
f- Santos e santas: a figura de San Xoán é común nos cruceiros góticos, situado ó pé da cruz, á esquerda (coa Virxe á dereita da cruz). Podémolo ver no cruceiro do Home Santo, en Santiago, no cruceiro de Neda e no cruceiro do Hío.
Outros santos representados nos cruceiros son San Francisco (cruceiro da praza de Fonseca, en Pontevedra ou o do Ponte Nafonso, hoxe en Noia); Santiago, San Pedro, San Xoán Bautista, Santa Lucía, Santo Agostiño, etc. Moitas veces trátase da imaxe dun frade.
Normalmente, estas imaxes de santos están esculpidas no fuste, apoiadas en pequenas peañas. Os efectos da erosión e, moi probablemente, da acción humana foron borrando as liñas das imaxes facéndoas irrecoñecibles na maioría dos casos.
g- Anxos: son frecuentes as cabezas de anxos, arcanxos e querubíns ós pés da Virxe ou nas catro esquinas do capitel. Máis raros son os anxos de corpo enteiro, e entre estes merece ser mencionado o do cruceiro da Ascensión, en Entenza (Salceda de Caselas), representado fronte a Xesús co cáliz nas mans para recollelo seu sangue.
h- O Demo: a figura do demo non é frecuente e, cando existe, adoita toma-la forma dunha serpe ou dun mostro. Podémolo ver ós pés da Virxe, trala cruz, ou tamén no capitel, no fuste ou no pedestal, como unha serpe esculpida nun lateral ou enrolada no fuste. Cómpre citalo caso do calvario de Bueu, no que o demo aparece no capitel do ladrón malo, coa lingua de fóra e burlándose do espectador.
i- Adán e Eva e o Pecado Orixinal: co barroco faise común a inclusión das figuras de Adán e Eva nos cruceiros, no momento da tentación (que se representa coa serpe ofrecendo a mazá a Eva) ou da expulsión do paraíso (con Adán e Eva conscientes do seu estado desnudo, avergonzados e expulsados por un anxo cunha espada de lume). O demo pode estar tamén representado en forma de píntega, animal tipicamente pezoñento na imaxinación popular galega.
Como as figuras de Adán e Eva adoitan estar a media altura do fuste, hai autores que ven unha representación da árbore da vida ou árbore do paraíso, por debaixo deles, e da árbore da resurrección, entre eles e a cruz.
j- A morte: aparece simbolizada cunha caveira (de onde lle vén o nome de calvario que tamén reciben estas esculturas, e particularmente o pedestal), por veces completada con dous ósos cruzados debaixo. Representa que a resurrección de Xesús vence a morte do pecado.
k- Figuras non relixiosas: ocasionalmente, nos cruceiros aparecen tamén figuras non relixiosas. Así temolos casos do cruceiro de Mourente (Pontevedra), no que un garda civil custodia a cruz, ou o de Santiago de Covelo, con catro grandes figuras que simbolizan a Agricultura, a Industria, as Artes e a Xustiza.
No cruceiro de Fervenzas (Aranga, A Coruña), o doador do cruceiro figura axeonllado e rezando ós pés do Cristo, entre a Virxe e San Xoán.
Escultores
A maior parte dos cruceiros galegos son anónimos, non quedando constancia dos canteiros que os fixeron (tamén chamados santeiros). Resulta máis habitual sabelo nome de quen os encargou (o que abona a teoría de que a súa intención fose a de conseguir oracións para salva-las súas almas) e a data na que foron erguidos, porque no pedestal do cruceiro adoita constar inscrito.
Os modernos canteiros seguen esculpindo cruceiros e en numerosos lugares, sobre todo chalets e xardíns e prazas públicas, podemos velos acabados de facer, con mellor ou peor fortuna. Escultores de sona, como Francisco Asorey ou Antonio Faílde, tamén seguiron este estilo. Un patrimonio a conservar.
Patrimonio histórico
Os cruceiros son unha mostra clara do noso patrimonio histórico, artístico, cultural e etnográfico que cómpre conservar. Non obstante, o estado de conservación dos cruceiros galegos, como todo o resto do seu patrimonio, é moi irregular. Hainos perfectamente conservados, protexidos, coñecidos e respectados por todos, pero só gozan desta situación os máis sobranceiros. Moito máis común é unha situación de protección teórica, establecida por lei, que non foi quen de evitar un innúmero de casos de destrución (accidental ou provocada) e de espolios, tanto de imaxes como do cruceiro completo. Tamén resulta desgraciadamente frecuente a presenza nas inmediacións do cruceiro de cables eléctricos, postes de luz, sinais de tráfico, contedores de lixo, marquesiñas de autobús etc.
Os cruceiros forman parte do Patrimonio Cultural de Galicia dunha forma expresa xa desde 1963, que obrigaba ós propietarios a non realizar ningunha intervención neles sen autorización oficial, asimilaba o seu comercio ó das obras de arte e facía recaer nos concellos a responsabilidade de vixialos e conservalos.
A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia non menciona expresamente os cruceiros, pero inclúe dentro dese Patrimonio "os bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico" (art. 1º), asumindo a Comunidade Autónoma "a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia" (art. 2º) e lembrando a obriga dos concellos de "protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que se ubiquen no seu termo municipal" (art. 4º). Fai tamén responsables "ós propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia [que] están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para asegurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioración" (art. 25). Igualmente, establece que "os bens inventariados ... gozarán dunha protección baseada en evitar a súa desaparición, e estarán baixo a responsabilidade dos concellos e da Consellería de Cultura, que haberá de autorizar calquera intervención que lles afecte" (art. 54).
Crea tamén o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, pero este inventario aínda está sen facer polo que, por non saber, nin se sabe o número de cruceiros en Galicia e moito menos o seu estado de conservación. Moitos concellos teñen feito xa un inventario dos seus bens histórico-artísticos, sexa por necesidade de regulación dentro dos seus Plans de Ordenación Urbana, sexa por iniciativa municipal ou dalgún particular ou organización cultural local, pero tamén é certo que a experiencia demostra que moitos destes catálogos recollen cruceiros xa inexistentes ou son incompletos.
Desde 1993, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura daUniversidade da Coruña , está realizando un inventario pormenorizado de tódolos cruceiros e petos de ánimas galegos, coa creación dunha ficha de cada exemplar co plano de situación, fotografías e debuxos, descrición, datos históricos e etnográficos, estado legal, estado de conservación, etc. Xan Casabella, director deste proxecto de catalogación, explicaba a principios de 2007 que xa estaba feito o 80% do traballo .
Os cruceiros na cultura popular
Os cruceiros son moito máis que unha manifestación de arte relixiosa, por máis que esa fose a razón orixinal da súa construción. Cumpren, efectivamente, unha función relixiosa, sacralizadora, dun determinado lugar, sexa certo ou non que alí se celebraran cultos pagáns, pero chegan moito máis aló. Tamén son moito máis que un simple fito xeográfico que marca un lugar ou unha linde entre parroquias. Son sinais de identidade da aldea ou da parroquia, lugares de encontro e de referencia na vida diaria da xente da aldea. Os cruceiros son obxectos sagrados e, por extensión, tamén o é lugar onde se levantan. Ante os cruceiros rezábase polas ánimas dos mortos, pero tamén pedindo axuda a Deus: lémbrese a lámina de Castelao no caderno Nós: "Non me fan xustiza, Señor" .
Ó redor dos cruceiros xurdiron ó longo dos séculos crenzas e supersticións, case sempre relacionadas coa morte de alguén -normalmente, violenta-, e buscouse neles protección contra o sobrenatural, especialmente contra a Santa Compaña, as meigas e a morte (quizais aí estea a razón da presenza de tantos cruceiros nas encrucilladas e nos camiños ó cemiterio). Erguéronse na praza da aldea para protección da xente e no campo da feira para a protección do gando.
O feito de erguelos naqueles puntos nos que tivo lugar unha morte violenta busca dar descanso á alma da vítima, propiciar que Deus a acolla e evitar que ande vagando polo lugar e poida producir algún dano ós viandantes.
Nalgúns cruceiros existiu o costume de soterrar ó seu pé os nenos mortos sen bautizar, como mostran as letras iniciais ou pequenas cruces gravadas na base do cruceiro.
Ó redor dos cruceiros naceron tamén tradicións, como o bautismo no ventre da nai (testemuñado nos cruceiros situados nas pontes) e outras prácticas máxicas para cura-lo tangaraño (raquitismo) ou para buscar un embarazo. Identifican, deste xeito, lugares de curación máxica.
Xa mencionamos que algúns cruceiros posuían unha pequena mesa ó pé. Nesta mesa pousaban o cadaleito no camiño ó cemiterio mentres rezaban un responso. Tamén, noutros sitios, as procesións celebradas con ocasión da festa do lugar aproveitaban esta mesa para pousa-lo Santo e rezar, ou ben os participantes daban unha volta ó redor do cruceiro.
Aínda hoxe poden verse nalgún caso cirios colocados nos banzos da base, ou ofrendas de froitos, espigas de millo, flores, exvotos, que non son outra cousa que anónimos xestos de piedade.
Cantiga
Se te volvo ver, Rosina,
de noite xunto ó cruceiro,
ou has de velar comigo
ou durmir co compañeiro.
Lendas
Fermín Bouza-Brey recolle a seguinte lenda en torno ó cruceiro da Gándara, no lugar da Cerqueira (Santa Cristina de Vea, A Estrada).
Cando o lugar da Cerqueira era todo unha carballeira, os lobos levaron unha meniña e os pais non foron quen de atopala, por máis que buscaron. Acudiron á Virxe de Aránzazu, na capela da Gándara, e despois de rezar volveron buscala filla, atopándoa viva e sa, acariñando un lobo que tiña morto á beira. En sinal de agradecemento á Virxe mandaron construílo cruceiro e gravaron nel esta inscrición: "Xoán de Porto e Catalina de Ribeira, a súa muller, pagaron esta obra ano 1742. Ante este cruceiro unha salve pedimos por quen o mandou facer".
Cóntase tamén que no lugar -hoxe deshabitado- de Fromariz, en Moncelos, Abadín (Lugo), puxeron un cruceiro porque alí se aparecían ós transeúntes estraños animais: unha vaca con sete becerros, unha cocha con oito ranchos, gatos que se enrodelaban nas pernas etc. E disque que desde que puxeron o cruceiro xa non se aparece nada.
Os cruceiros en Combarro
Cruceiro da Gurita.
Ocupa a parte central do lugar coñecido como A Gurita, erguéndose sobre unas laxes de pouca altura, entre casas, en posición de encrucillada.
Ten por alicerces tres chanzos que nivelan as laxes do chan e unha base baixa, semellante a un chanzo máis. Varal ou fuste de sección cuadrangular no seu inicio, e despois pasa a octogonal, cuberto por un capitel de catro lados rectos e cilíndrico por abaixo. Serve de apoio a unha cruz fina, romboidal e sen figuras, cos extremos acabados en picos.
Carece de epígrafes.
Amosa por diante unha mesa, a modo de pequeño altar.
Cruceiro da pza. San Roque, 1802.
Érguese sobre unas laxes do chan que foron niveladas por tres chanzos de pedra. A base é baixa, coma un chanzo máis.
A vara ten inicio cuadrangular e despois octogonal, presentando un santo na parte alta. Coróase por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais.
Cruz octogonal que amosa por diante a figura dun Santo Cristo exento, baixo carteleira do INRI, con ó do pano a súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, imaxe da Virxe do Socorro. Na base, parte traseira, ten marcado o ano da súa feitura: "1802".
Estado de conservación...Ben
Cruceiro do adro parroquial de San Roque.
Situado sobre o muro do adro da igrexa parroquial de San Roque, na rúa do mesmo nome pola súa banda dereita.
Carece de chanzos por estar sobre a cimeira do muro.
Base paralelepípeda, deitada sobre a mesma e que amosa as arestas superiores lixeiramente rebaixadas. Vara cilíndrica coa imaxe de San Roque.
Capitel de catro lados curvos con cabeciñas na parte central de cada un afastadas por espirais nas esquinas. Cruz cuadrangular con figuras nas dúas caras. Amosa por diante un Cristo pequeño, pegado ó madeiro, de mans abertas, con ó do pano a súa esquerda e pé dereito por riba do esquerdo. Acompáñase de dúas figuras de poucos trazos, unha á dereita e outra á esquerda nas que cremos ver a Virxe María e a San Xoán. Pola parte traseira imaxe da Virxe da Renda co neno Xesús no colo.
Carece de epígrafes. A súa conservación é bo.
Cruceiro da Rúa.
Situado coma división entre as rúas de San Roque e A Rúa, principais arterias do pobo.
Ten un só chanzo por alicerce, cunha base cúbica na que se enxerta un fuste primeiramente de sección cadrada e despois octogonal, adobiado dunha figura pola parte central e dianteira.
Capitel de catro lados curvos, con cabeciñas de anxo e pequeña imaxe de San Francisco ós pés do Santo Cristo. Cruz octogonal da que pendura un Cristo baixo INRI, coas mans pechadas, nó do pano a súa dereita e o pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás, imaxe da Virxe do Socorro co neno xesús no colo e cun pau na man para golpear o diaño que ten ós pés.
Hai unha mesa pousadoiro de pedra por diante do cruceiro.
Carece de epígrafes.
Ben conservado despois da súa caída que proporcionou a súa reparación.
Cruceiro da Pé da Porta.
Entre as casas da rúa Pé da Porta levántase este cruceiro en situación de encrucillada.
Atópase sobre un pequeño rochedo que precisa nivelar por medio de cinco chanzos irregulares, con coviñas para suxeitar as velas ergueitas. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas.
Vara octogonal, adobiada por un San Miguel con lanza sobre demo monstruoso, e que salva a un home que se atopa ó seu carón. Cúbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por caveira na parte anterior, cabeza de anxo na traseira e botón florais ós lados, afastados por espirais. Serve de apoio a unha cruz octogonal, lisa, e cos extremos potenzados, que amosa pola anverso un Cristo baixo INRI, pegado ó madeiro, cos brazos paralelos ó chan, mans abertas, nó do pano a súa dereita e pé deste lado cubrindo o esquerdo. Por detrás vese unha Virxe de pé coas mans unidas en oración, coroada, sobre pousadoiro de cabeciña de anxo.
Non presenta epígrafes.
O seu estado actual é malo e indica a necesidade de tratamento.
Cruceiro capela Virxe da Renda, 1797.
Situado na entrada de acceso a capela da Virxe de Gracia no lugar coñecido como Renda-Xuviño en Combarro.
Debeu ter tres chanzos, que sobresaen das laxes coas que fixeron as escadas que baixan cara á capela. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas e varal cilíndrico descendente, coroado por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas e caveira sobre tibias en "X", ésta última ós pés do Santo Cristo.
Cruz cilíndrica, con vultos e cos extremos biselados. Amosa un Cristo baixo INRI, exento, que mira cara abaixo, coas mans pechadas, o nó do pano a súa esquerda, pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás vese sobre peana de cabeciña de anxo unha Virxe das Angustias de esquerdas: a cabeza do Fillo morto á esquerda da Nai e as pernas á dereita da mesma.
Na base e pola cara dianteira, letras cáseque xuntas que pon:
"SE I. I P. PICINO ALA
LLO I SU ERMAANO
AÑO 1797"
PD: deitado no adro, na parte do pórtico da capela hai un varal de cruceiro partido en tres anacos. Presenta sección octogonal e ten un longo de 1,15 m. Quizáis fose un antigo fuste deste cruceiro.
Estado de conservación aparentemente bó, con signos de deterioro.
Cruceiro do Camposanto.
Situado no cemiterio parroquial e no medio do mesmo na súa parte
máis antiga.
Ten tres chanzos, o primeiro de formigón,que
asentan o cruceiro sobre a costa do camino principal do camposanto.
Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas e as laterais ata as
¾ partes.
A vara comeza sendo cuadrangular e despois vólvese octogonal descendente. Amosa nesta parte e por diante a imaxe de San Miguel brandindo unha espada e suxeitando un monstruo con cadea. Capitel cilíndrico. Cruz rectangular que amosa no anverso a figura dun Cristo pegado ó madeiro, carece de INRI, coas mans pechadas arredor dos cravos, nó do pano a súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. No reverso: Virxe de pé, coroada e co Neno xesús no colo, sobre cabeza de anxo con ás.
Carece de epígrafes referentes a súa construcción.
O seu estado de conservación aparenta bó.
Camposanto Cruceiro ampliación
Levántase na parte nova do Camposanto hacia o muro traseiro.
Cruceiro novo que se asenta sobre tres chanzos. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas e as laterais nas súas ¾ partes.
A vara comeza sendo cuadrangular pasando logo a sección octogonal. Na parte media e dianteira hai unha imaxe da Virxe co Meniño no colo. Capitel de catro lados curvos adobiados por espirais e dobre ringleira de follas por abaixo.
Cruz cilíndrica con nós e de extremos biselados que amosa por diante a figura dun Cristo baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans semiabertas, o nó á dereita e pé esquerdo agochando o dereito. Por detrás, Virxe de pé co Neno no colo sobre pousadoiro en forma de nube.
Carece de epígrafes para a súa identificación constructiva.
Ben conservado.
Cruceiro da pza. da Fonte, 1771.
Situado na pza. da Fonte en posición de encrucillada.
Ten un só chanzo por alicerce, presentando unha base cúbica coas arestas superiores lixeiramente rebaixadas. A Vara amosa no seu tramo inferior sección cuadrangular e, despois, octogonal.
Presenta a imaxe de dúas figuras, nas que cremos ver a Santa Ana, nai da Virxe María, coa súa meniña espida cando era un bebé.
Capitel de catro lados curvos, con cabeciñas centrais e caveira sobre tibias ó pé do Cristo, afastadas por espirais. Cruz rectangular, que amosa por diante un Cristo baixo INRI que mira cara abaixo, coas mans pechadas, o nó do pano a súa dereita e o pé dereito agochando o esquerdo. Polo anverso, hai unha Virxe das Angustias de esquerdas: a cabeza do Fillo á esquerda da Nai e as pernas á dereita da mesma.
Epígrafe na vara onde se lee: "DOMA DERE NDA AÑO 1771".
Presenta tamén unha mesa altar diante do cruceiro.
A súa conservación presenta deficiencias salientables.
Cruceiro da Rualeira.
Érguese na pza. do mesmo nome nun espazo moi significativo e característico.
Tres chanzos e unha base cúbica, éstas coas arestas superiores rebaixadas e serven de apoio a un varal primeiramente de sección cadrada e despois cilíndrica e con vultos. Na parte inferior, na sección cadrada, vence algún símbolos da paixón e norte de Xesús. Así, na parte dianteira temos: coroa e escaleira da man de seis chanzos; na dereita: tres cravos cravados nun corazón; por detrás: martelo; a esquerda: escaleira de cinco chanzos.
Adobiase pola parte dianteira da figura dun bispo (quizáis San Martiño), sobre peana en forma de neboeiro. O capitel, de catro lados curvos, ten por debaixo dúas ringleiras de follas e na parte alta cabeciñas e caveira, ésta ó pé do Cristo.
Cruz grande, de sección circular e con vultos. Amosa por diante un Cristo baixo INRI, exento, con nó do pano á banda dereita e o pé dese lado cubrindo o esquerdo. Ten por detrás á Virxe do Socorro sobre diaño en forma de mostro.
Carece de epígrafes.
Estado de conservación bo.
Cruceiro do Padrón, 1997.
Érguese a beira da Praia do Padrón en substitución dun vello e que o mar estragou nun temporal.
Cruceiro moderno co Santo Cristo e a Virxe do carme mirando cara o mar da ría de Pontevedra para protexer ós mariñeiros.
Ten por alicerce dous chanzos e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara comeza sendo cuadrangular para despois pasar a octogonal, e nesta parte amosa a imaxe da Virxe do Carme. Cúbrese por un capitel de catro lados curvos adobiado cada un deles por unha flor e espirais.
Cruz rectangular, coas arestas rebaixadas e cos extremos potenzados. Cristo baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó do pano a súa dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, Virxe do Rosario coas mans unidas en oración e rosario ben visible. Cúbrese cun mantelo.
Na parte traseira da base, epígrafe: "DONADO POR LA FAMILIA DÍAZ 1997"
A súa conservación, lóxicamente, é boa.
Cruceiro de Mosquiñas, 1739.
Érguese á beira dereita da estrada, na encrucillada das rúas Cela e Casás.
Sobre plataforma e dous chanzos de pedra deitouse unha base cúbica na que se finca unha vara cuadrangular na parte inferior e octogonal na superior coa imaxe de Santo Antonio cun libro de sermóns na man.
Capitel de catro lados curvos, amosando por diante unha caveira e por detrás unha cabeciña de anxo. Espirais nas esquinas. Polos lados atópase partido e con falla de material, afectando ás cabeciñas laterais.
Cruz rectangular, lisa, que amosa por diante a figura dun Cristo baixo INRI, pegado ó madeiro, cos brazos paralelos ó chan, as mans pechadas, ó nó do pano a súa dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Polo reverso vese unha Virxe de pé coas mans unidas en oración e cuberta cun mantelo. Ten por pousadoiro unha ménsula enrolada e cun debuxo de folla.
Na parte dianteira da base, epígrafe: ESDRO JUAN TOBALDO AÑO DE 1739".
O seu estado de conservación é malo, precisa dun arranxo moi notable.
Cruceiro Igrexa de San Bernardo.
Trátase dun cruceiro moderno.
Presenta dous chanzos altos e unha base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo de sección cuadrangular e segue despois octogonal.
Capitel de catro lados rectos con cruciñas situadas nas partes centrais de cada cara. Cruz octogonal, cos extremos rematados en catro picos. Amosa por diante un Cristo coroado, pegado ó madeiro, coas mans semiabertas, nó do pano a súa dereita e pé desta mesma man agochando o esquerdo. Por detrás, imaxe da Virxe María de pé, cos dedos entrelazados sobre o peito e cuberta cun mantelo.
Carece de epígrafes e o seu estado é bó.
Cruz alta do Regueiro-Xuviño.
Vémola xunto á fonte e na encrucillada entre os camiños do Regueiro e Santa María, preto da capela da Virxe da Renda.
Érguese sobre unha plataforma de pedra que delimita unha pequeña zona axardinada. Base de pouca altura con moldura na parte alta e cos bordes superiores lixeiramente rebaixados.
Vémola xunto á fonte e na encrucillada entre os camiños do Regueiro e Santa María, preto da capela da Virxe da Renda.
Érguese sobre unha plataforma de pedra que delimita unha pequeña zona axardinada. Base de pouca altura con moldura na parte alta e cos bordes superiores lixeiramente rebaixados.
Cruz octogonal, ben feita, monolítica, lisa e sen figuras. Acada, 2,25m. de altura; 81 cm. De envergadura e o perímetro na parte media do pau é de 56 cm.
Carece de epígrafes e aparenta ben conservado.
Carece de epígrafes e aparenta ben conservado.
Cruceiro do Camiño Real.
Vémolo nunha zona supostamente axardinada, por diante das casas e na encrucillada co camino Costa de Arriba.
Un chanzo e unha base pouco alta serven de alicerce o conxunto. Varal, primeiramente cuadrangular e despois octogonal. Na parte baixa e cuadrangular amosa diversos símbolos da Paixón e norte de Xesús Cristo. Así, por diante vemos: lanza e hisopo formando un "X"; na esquerda: tres cravos cravados nun corazón e martelo. Nas caras dereita e traseira figuras sen identificar e pouco perfiladas. Na parte octogonal e por diante aparece a imaxe dun santo.
Capitel de catro lados rectos, no que se finca unha cruz cuadrangular coas arestas rebaixadas. Amosa por diante un Cristo baixo INRI, pegado ó madeiro, coas mans pechadas, nó do pano a súa dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo. Por detrás, Virxe de pé en actitude recollida.
Carece de epígrafes identificativos.
O estado de conservación é defectuoso e mostra carencias esenciais.
ORIGEN DEL CRUCEIRO - GALICIA-
INTRODUCCION
El cruceiro es uno de los símbolos mas
representativos de Galicia donde se supone que existen más de 10.000
extendidos por todo su territorio.
Hace ya casi siete siglos en
que comenzó a difundirse la práctica de sacralizar signos y lugares
paganos o santificar acontecimientos con este símbolo
Los más
ilustres canteros, de cada época, han plasmado sus mejores oficios,
en este singular monumento que habla por si solo de la religiosidad
de un pueblo que ha sabido expresar en el cruceiro su : Fé, amor y
temor.
Pero también se levantaban los cruceiros en acción de
gracias o para pedir una sanación, un milagro, o para saldar con el
Todopoderoso una deuda o un ofrecimiento no cumplido.
Otros
se levantaron para recordar hechos luctuosos, una muerte, un crimen...
Pero también recordando acontecimientos históricos o la supuesta
aparición de la Santa Compaña.
Como sagrado que era, convertía
en sagrado, el lugar donde se colocaba. Rezando ante él se ganaban
indulgencias , cuando la Iglesia así lo disponía.
En las
plazas del ganado, el cruceiro protegía a los animales, próximo a
los campos auspiciaba buenas cosechas; en los caminos señalaba el
camino a los peregrinos, los arrieros u otros caminantes.
Se
empleaba igualmente, para marcar los límites jurisdiccionales,
civiles o eclesiásticos... Y en un sin fin de aplicaciones donde
intervenía la Fe de un pueblo que encontró en el cruceiro su mejor
aliado para protegerse y ganar el Cielo, o al menos para recordar que
existía.
Esta misma Fe provocó que muchos creyentes destinaran
auténticas fortunas a levantar cruceiros y de esta forma ganar
indulgencias, para ellos o alguno de sus seres queridos. Y en la
actualidad, como decíamos , se estima que en las casi 4.000
parroquias de Galicia , existen más de 10.000 cruceiros.
Los
más antiguos que se conservan datan del siglo XIV y son una fiel
imitación de las cruces procesionales góticas.
Al igual que en
las monumentales cruces de Bretaña e Irlanda , conocidas también
como "sermones de piedra" porque llevan gravadas escenas
bíblicas, que servían para educar cristianamente al pueblo, en
Galicia sucedió algo similar donde el pueblo pudo ver a través de
estas representaciones la pasión de Nuestro Señor, la expulsión
del Paraíso y en algunos casos, cómo las almas purgaban sus pecados
en el Purgatorio. También el amor representado por la Virgen y el
dolor del Crucificado, además de incluir otros santos, de devoción
más próxima, con los signos que expresaban su misión en la Tierra.
ORIGEN HISTORICO DEL CRUCEIRO GALLEGO
El cruceiro gallego es el fruto de una larga
evolución que comienza en la Irlanda recién evangelizada, entre los
siglos VI y VII, cuando en estos primeros siglos del Cristianismo se
comienza a cristianizar los lugares y monumentos paganos con
cruces.
Surge así la cruz anglo-irlandesa, que es el resultado
de la cristianización de los menhires y los miliarios romanos, que
servirán -estos últimos- como soportes de cruces, creando así un
conjunto monumental. A esta unión del miliario romano y la cruz, los
bretones llaman leech.
Existen ejemplos de esta
cristianización del menhir, como el de Brihnogan, donde se encuentra
el menhir de Men-Marz, en el que se aprecia que en un primer intento
se grava una cruz en la parte inferior y posteriormente se implanta
una en la parte superior.
El menhir para el hombre megalítico
tenia un carácter fálico, relacionado con la procreación, que para
nuestros antepasados era como la vida misma ( menhir es una palabra
celta que significa: men=piedra, hir= alta)
El mismo San
Patricio ( siglo V) convirtió en cruz un antiguo menhir.
Pero
es a partir del siglo IX y X cuando en las cruces surge un nuevo
estilo en el cual se introdujeron escenas tomadas de la Biblia. Por
eso se las conoce como "sermones de piedra" ya que fueron
utilizadas para educar cristianamente al pueblo, como más tarde
sucedería con otros monumentos del románico. Y, unos siglos
después, éste también será uno de los fines del cruceiro.
Se
piensa que en los siglos XI y XII estas costumbres pasaron a Galicia,
entre otros por el Camino de Santiago, en donde recibe la adicción
de gradas- que según algunos autores simbolizan el calvario- que son
utilizadas por los peregrinos para el descanso. Y surge así "la
cruz de los peregrinos"; sin duda la mas famosa es la de Carlomagno
en Roncesvalles ( siglo XIV) .
Más tarde, y como
culminación del proceso, se añade el fuste o varal que eleva la
cruz imitando a las cruces procesionales ; y con este último
elemento ya lo podemos considerar cruceiro.
Se cree que el
nacimiento del cruceiro , como tal, se produce en el periodo gótico,
aunque algunos autores hablan de la existencia de ejemplares
románicos. Pero hasta el momento no se ha podido constatar, y los
más antiguos que han llegado hasta nosotros son del siglo XIV, como
el de Melide ( A Coruña) ; y del siglo XV el do Home Santo,
instalado en A Porta del Camino de Santiago de Compostela.
(Maximino Fdez. sendín).