COMBARRO, ONTE E HOXE
COMBARRO, Onte e Hoxe
Combarro debe a súa idiosincrasia e desenrolo aos distintos aconteceres históricos e xeográficos que, a súa vez, desencadenaron a súa economía e medio de vida, existindo unha compenetración entre todo isto, sen o que escritores coma García Fernández non poderían manifestar que "en realidad Combarro es un soberano ejemplo de belleza y adecuación al medio y a la función nacida de la actividad ponderada de una pequeña comunidad campesina-marinera".
Situada na ría de Pontevedra e protexida por un saínte da costa, a vila de Combarro, o seu núcleo tradicional, levántase sobre unha rocha granítica en forma de media lúa, e é, sen dúbida, o porto máis fermoso da costa galega. Orientada ao nacente, a agrupación de Combarro aparece pegada ó borde do mar, contra o que dan os saídos posteriores ás casas-vivendas e os seus magníficos "hórreos" de pedra e grao, estando estructurada sobre unha rúa paralela á liña da costa e que constitúe un dos exemplos máis fermosos da arquitectura popular europea.
Combarro coma topónimo non está claramente definido. Sábese que aparece unha (1) en Asturias e nove (9) en Galicia: cinco (5) na provincia da Coruña, dúas (2) na de Ourense e outras dúas (2) na de Pontevedra.
Para a súa etimoloxía apelouse ó término céltico COMBOROS, sobor do sufixo ARRO. O término COMBRUS aparece no século VII coma lugar de árbores e leños cortados. Xa na época medieval, empalizada, estacada destinada á pesca e podería ser aquí a orixe do nome. En galego aparece co siñificado de "montón", así xurde a frase "unha combarrada de leña". Tamén se quer relacionar coa raíz COMB- dando paso á "fondonada, valle ou flexión da costa".
Nos arredores de Combarro catalogáronse grabados rupestres, así na chamada "finca Esperón"; e moi perto apareceron machadas neolíticas.
Para profundizar na historia desta pequeña vila e chegar á comprendela é preciso nomear a actividade fundacional de ámbito relixioso levada a cabo por San Fructuoso na terra de Poio a comezos do século VII, facendo asemade un percorrido por algunhas das súas costumes. O que hoxe coñecemos como parroquia de San Xoán e a de San Roque de Combarro constituían o Coto de Poio e Combarro.
O milagro do paso sobor das augas ven localizándose entre Combarro e a illa de Tambo, o que ven a confirmala súa existencia xa en ese tempo. Unha vez incluido nos términos medievais do Coto monacal de Poio, Combarro foi doado ó mosteiro no ano mil cento cinco (1105) pola raíña dona Urraca e o conde don Raimundo, sendo abade Fromarico: "Medietatem de hereditalibus quos sunt de Combarro".
Ata a desamortización de Mendizábal dependeu históricamente da comunidade benedictina, pero non por iso deixou de posuir unha organización concellil e incruso administradora de xustiza. Así, as "Ordenanzas del Coto" dictadas en mil cincocentos cincoenta e catro (1554) polo abade Fray Alonso de Toro refiren moi concretamente á dereitos e obrigas dos veciños desta poboación mariñeira.
Durante os séculos XVI-XVII sufriu os ataques de ingleses e turcos.Delo e bon testigo a Virxe da Gracia (popularmente coñecida coma Virxe da Renda), que foi encontrada na praia e recollida polos veciños do pobo en mil cincocentos oitenta e nove (1589) despois do ataque do pirata Francis Drake á illa de Tambo.
Os mariñeiros de Combarro pactaron Carta de Hermandade cos de Pontevedra en mil catrocentos noventa e un (1491) coa obriga de acudir á Moureira para "fornecer cercos y sacadas, arencar e salgar", acordando que "no venderían sardina sino a la villa y pagarían por vecindad cien pares de blancas".
Estes e outros acordos motivaron diversos pleitos, tales como:
1.- Os veciños de Combarro contra o Mosteiro de Poio (1527).
2.- A Confraría de Mareantes de Pontevedra contra Combarro dende o 1582 ata o 1592.
3.- A Confraría e Combarro contra Portonovo en 1597, litigio no que interviú Felipe II pedindo parecer a Melchor de Teves para solucionalo conflicto.
4.- A coidada cartografía que se fai en Londres ou en Ámsterdam entre 1603 e 1640 con referencias os portos de Portonovo, Pontevedra, Combarro e Marín.
5.- En 1681 requiriuse a presencia dos mariñeiros de Combarro, Samieira e Marín para facer un estudo sobor das visitas á ría.
6.- Durante o século XVIII suscitáronse novos pleitos a causas cuios motivos son os cerres, os rascos, a carga e descarga,..., nos anos 1721, 1749, 1770 e 1775.
7.- En 1814 teñen lugar os "Autos de Revisión e Tanteo" para incorporar á Coroa o Señorío de Poio, que incluía a poboación de Combarro.
A desamortización trocou por completo o estado xurídico da vila, cuio proceso de independencia culminou coa creación da Parroquia, baixo a advocación de San Roque en mil oitocentos sesenta e oito (1868), chegando ata os nosos días. Agora ben, isto non quere dicir que nos séculos anteriores non tivese xa gozado da liberdade coma parroquia e baixo outra advocación distinta, cuia tesis máis probable é a que defende a soberanía de San Sebastián coma rexidor da mesma.
A principal riqueza de Combarro foi a pesca. Sobor disto di Labrada en mil oitocentos dous (1802) que "de los ciento cincuenta y siete millones de sardinas que se recogían en la ría de Pontevedra, setenta y siete correspondían a Combarro y Campelo". Isto representa un cincoenta por cento (50%) das colleitas do total e mostran a importancia que significa e representa o pobo de Combarro dentro das marxes da Ría.
Pero a pesca non foi a única causa do seu crecemento, porque a terra é fértil e os mariñeiros eran a vez agricultores. Así explícase o máis característico de Combarro, onde hai casas que teñen empaque de pazos aldeáns e levan a impronta dos mestres de canteiros do mosteiro, onde as palleiras alíneanse ao borde do mar e as espigas decoran co seu ouro as solainas.. Alvaro Cunqueiro, na súa obra "Pontevedra y Rías Bajas" dinos que "aquí el carro de labranza y el arado descansan al lado de la dorna y el maíz junto al alga marina. Hasta las aguas de la ría llegan los hórreos, donde los de Combarro guardan la cosecha agraria, al estilo de las gentes paleolíticas de antaño". O licenciado Manuel Parcero Vallejo, no 1788, escribiu que "la capilla de San Roque estaba ubicada en medio de esta población situada sobre peña viva, y rodeada por todas partes de casas sumamente apiñadas por no tener a donde extenderse...por estar ocupados con tierras labradías su contornos del Poniente".
A formación urbán ordéase e articúlase de xeito admirable, tras as palleiras en rúas sinuosas, parellas á liña da ribeira e con algunhas travesas. Alí onde as rúas transversais e as rúas principais cruzan aparece unha pequena praza. E nesa pequena praza un Cruceiro, que é consustancial á paisaxe do camiñante galego... e pode ter un dobre manexo:
1.- coma símbolo da Cruz, aberta aos ventos, como dixo Chesterton.
2.- coma perpetuación ou memoria de crimes, traxedias e arrepentimentos.
O paso do tempo, de xeracións, fixo de Combarro modelo e inspiración de moitos artistas. Se ollamos cara ó século XIX, atopamos pintores da talla de Alfredo Souto e Alcoverro, que ilustran as súas obras cos rincóns máis típicos de Combarro. Despois, Meifrén, Sotomayor, Carlos Sobrino,, Enrique Campo, Medal, Pintos Fonseca, Carlos Maside, Castelao,,...o que demostra que o pincel perpetuou nos seus lienzos as maravillas deste pobo costeiro. E tamén dous notables novelistas coma Pérez Lujín na súa película "La casa de la Troya" e López de Haro na súa novela "los nietos de los Celtas".
Son destacables manfestacións coma: "Combarro tiene prestigio artístico bien merecido: sus casas labriegas y marineras, de antiguo tipo, guardan todo el encanto ancestral, envueltas en la luz suave y tamizada que cae sobre la tierra y mar de Pontevedra como una bendición".
Importante é o artigo publicado por Juan Novás na revista nº5 de "Sonata Gallega" no inverno do 44-45 titulado: "Combarro. Viejo asilo de pescadores de la Ría" na que dí: "La inmensa mole del monte Castrove, otro tiempo quizás dedicado a Júpiter, se halla emplazado, de naciente a poniente, por las tierras del Salnés simulando sus flancos arqueados y pardos un gigantesco paquidermo que se mueve perezosamente hacia el mar para refrescarse en sus aguas. Su cabeza hundida en el abismo, parece como sí, todo el cuerpo, quisiera precipitarse y desaparecer en día en las inmensidades de la "ría de ensueño", atraída hacia el ocaso. Es por allí, por donde se forma el promontorio de Chancelas y, entre este extremo y la punta de la pared sobre un roquedo que besan dos veces cada día las olas del mar, se estableció el "humilde burgo marinero" de Combarro.
Su origen es desconocido, y cual otros pueblos de las extensas riberas de la Ría, debió formarse por las necesidades de la navegación y de la pesca, según puede deducirse de las numerosas insculturas rupestres que en los montes cercanos se hallan todavía al descubierto, alcanzando su civilización tiempos remotísimos. Su historia conocida queda ligada a la de los pescadores y marineros de Pontevedra, unas veces de acuerdo, acatando sus ordenanzas y disfrutando privilegios, y otras en abierta oposición con sus hombres, contra los que ha luchado y sostenido ruidosos pleitos, como el de los Vicarios del "Gremio de Mareantes y Cofradía del Corpo Santo" en 1582, cuando "La Punta de Agua hasta las Puntas de Hadra y Cavicastro ha sido un Piélogo abundantísimo de pescado y sardina..." y que "con redes de cerco y otros instrumentos permitidos en cuatro meses de septiembre, octubre, noviembre y diciembre que es y dura la dicha pesca de sardina se pescan comúnmente ciento treinta mil millares de sardina...".
Do poderoso "Gremio y Cofradía del Corpo Santo" que, ó amparo dos seus fueros e privilexios reuniu máis de tres mil mareantes, con Vicarios de autoridade prestixiosa e ilimitada, para os que "no existe justicia en la tierra", recoñecido por cartas e documentos dende o século XII, formou parte o vecindario do porto de Combarro. Antiga xurisdicción da provincial de Santiago, cabeza do Coto de Poio, que forman as feligresías das dúas parroquias, das que era "señor de la tierra y mar" o Arcebispo de Compostela, con facultades e poderes para o nomeamento de Xuiz ordinario e "dictar Carta de Confirmación, ya aprobando todo, ya añadiendo o ya quitando lo que no pareciese justo o conveniente para el servicio de Dios, de la Mitra, de la Villa y del Gremio y Cofradía".
Desenvolveu a súa vida e os seus destinos mirando ó mar, que lle truxo abundancia e benestar. De costumes patriarcais, crentes e sinxelos, garda a sombra das súas rúas e calexóns tortuosos, dentro de cada casa "verdaderos pazos sin blasón, finamente trabajados los mejores canteros gallegos", o aroma das súas lendas e tradicións viñeron polo mar, dende os milagres de San fructuoso ata a aparición da Nosa Señora de Gracia, flotando nas augas, despois de ser arrasado por Drake o convento da illa de Tambo, pasando pola fermosa doncela Trahamunda, que renuncia, por amor a Cristo, os palacios encantados de Almanzor que, polo mar chega tamén, abrazada a unha palmera na noite de San Xoán.
Na ría de Pontevedra "donde apetece pousar, ou bordejar sonhando...pequeño lago bordando de tufos de olmos, pinhais bravos, de verde denso nos encostos, e nos cimos, con as religiosas umbelas dos pinheiros mansos, que tudo acalman e abencoan", a seis km. da Capital, atópase Combarro, pintoresca feligresía baixo a advocación de San Roque, reflexándose o seu caserío nas augas da pleamar. Edificada sobre a rocha, nunha diminuta península, forma un conxunto dunhas trescentas casiñas de planta baixa e piso alto que proxectan a súa silueta polas retorcidas rúas en laberinto curioso, cubertas de tella do país, fachadas en outón, solanas con balaustres de pedras, nas que no outono prenden ramilletes de espigas moradas e amárelas, como un tapiz de cores vivos que adorna, nos días de festa, o fogar campesino.
Quen percorra as súa rúas nunha fresca mañán de primavera ou ó atardecer, sentirase transportado ós tempos de Felipe IV e Carlos II, presintindo, ao voltar dunha esquina, o paso silencioso do Santo Oficio, ou a un vello mariñeiro que mira con inquietude ó mar dende a ribeira, temendo a aparición dos barcos piratas que traen consigo asesinatos, incendios e o roubo de princesas e donas. Agora, polas estreitas rúas que parecen non ter saída, polos contrastes violentos de luz e sombras, tódolos artistas e pintores saben deste soñado lugar e afánanse por plasmar nos seus lienzos un rincón deste bello paisaxe, coas súas casiñas inclinadas en perspectiva, sen que lles falte nen o cruceiro nen o hórreo, e, ó fondo, as pratedas augas da "ría de ensueño".
"En pueblos marineros, como Combarro, los hórreos de piedra con sus piñones rematados por cruces, se alinean frente a la playa y dan al lugar una extraña impresión de ciudad funeraria".
Pero tamén este pobo, olvidado e adormecido, que sestea nas solanas o seu soño de pereza, comenzou a sentilos terribles efectos do emprego do granito e de brancura de neve, deixando paso a outros novos mal emprazados ou restauracións pouco meditadas, co uso do demento ó capricho en molduras e saíntes, ventanais e balaustres, de mal gusto e peor carácter.
Para salvalo destas mistificacións e dos perigos que corren grupos completos de edificios, entrada ou saída de rúas, niveis e rasantes que transforman e desfiguran a perspectiva deste lugar ideal e romántico, é necesario que có amparo oficial, se corten estes abusos e se declare intanxible o recinto de Combarro, impidindo a construcción de novos edificios ou a modificación do exterior dos actuais, sen que previamente interveña o Organismo competente que coa súa autoridade e os seus informes evite a desnaturalización desta "intacta villa barroca, encanto del arte y modelo vivo del pasado".
A sua orixe.
A historia de Combarro consta alomenos de varias etapas na súa constitución a nivel núcleo urbano e tamén como parroquia propia.
a) Hai una primeira fase de asentamento humán, cuia orixe é incerta, sen entidade ou vinculación administrativa que sexa coñecida. Temos constancia no territorio de Poio de petroglifos na zona de A Caeira (A Laxe das Lebres, A Pedra Grande de Montecelo), no Xuviño-Combarro (Outeiro do Xuviño) e noutros puntos, aínda que non son moi abundantes.
A súa orixe podería identificarse cun castro costeiro, se ben os restos arqueolóxicos son escasos. No ano 1980, nas inmediacións do lugar de A Renda (Xuviño-Combarro) descubreuse un poboado galaico-romano coñecido como A Sividá (a cidade) que data de finais do s.I d.C.
Tendo presente que S. Fructuoso de Braga levantou una pequena ermita na illa de Tambo no s.VII e posteriormente fundouse o primitivo Mosteiro de Poio, Combarro xa existía.
b) No ano 1105 ten lugar a donación feita pola raíña doña Urraca e a súa parella o conde don Raimundo de Borgoña, do núcleo habitado de Combarro, xuntamente coa illa de Tambo, ó Mosteiro de Poio. Esta situación mantense prácticamente invariable, pagando cargas feudais e rentas debidas polo usufructo de vivendas e terras, ata o ano 1835 (s.XIX) .
c) O Estado liberal español acabou, no primerio tercio do século XIX, có poder señorial dos mosteiros. Foron suprimidos tanto os conventos coma as antigas xurisdiccións e cotos de orixe medieval.
Así, no ano 1835, o antigo "Coto de Poio y Puerto de Combarro" pasou a ser un municipio coa mesma denominación. Durante uns vinte anos, o actual municipio de Poio era "el Ayuntamiento Constitucional de Poyo y Combarro", coa incorporación das parroquias de Samieira, Raxó e San Salvador de Poio, ademáis da de San Xoán, a que pertencía o pobo de Combarro.
d) A creación definitiva como parroquia, no ano 1868, inicia una nova etapa na vida dos veciñ@s.
As mulleres e homes do pobo seguiron vivindo durante os s. XIX - XX da agricultura e das actividades marítimo-pesqueiras. Cando esta situación non era posible para vivir, xurdiu a emigarción a América (finais do s.XIX) e tamén a Europa (Suiza, Alemaña,...) dende mediados do s.XX
e) Finalmente, a declaración de Combarro coma "Conxunto Histórico Artístico" no ano 1972 é a que marca na actualidade a fase ou etapa na que se atopa neste intre o núcleo de Combarro
ASENTAMENTO HUMÁN E PAISAXE.
Xeográficamente, Combarro forma parte dos 1195 km. do litoral galego, situado na Ría de Pontevedra, unha das catro que, xunto coa de Vigo na provincia de Pontevedra e a de Muros e Noia na da Coruña, forman as denominadas Rías Baixas, cuia mirada ó Atlántico concédelles tal nomeamento dende Cabo Silleiro, en Baiona, ata a punta de Louro, en Muros, forman sen lugar a dúbidas o accidente xeográfico máis orixinal e fermoso de Galicia. E cuia estampa típica é COMBARRO cos seus hórreos á beira do mar, os seus cruceiros e as súas casas mariñeiras.
Tentar entendela arquitectura existente nunha vila coma Combarro e o tipo de asentamento tan singular que denota é necesario ter presente ó seguinte:
Morfolóxicamente, dende o punto de vista do litoral, en Galica diferenciamos tres áreas representativas: a costa Cantábrica, a Costa da Morte e as Rías Baixas.
Climáticamente, temos condicións húmidas no litoral con escasez de heladas, temperaturas suaves e ventos frecuentes de componente norte, sur e oeste.
No aspecto ecodinámico hai que resaltar a existencia dunhas áreas estables que coinciden con aqueles sectores de morfoloxía suave e dedicación agraria fundamentalmente, e outras inestables con morfoloxía de fortes pendentes e áreas máis desenroladas.
Na Ría de Pontevedra, apoboación aséntase fundamentalmente cara ó mar e morfolóxicamente é a Ría máis pechada do litoral.
Destaca en Combarro, como pobo mariñeiro que é, unha arquitectura xa prácticamente inexistente en moitos dos nosos portos e convertida nun conxunto residual fóra de uso no resto dos vellos encraves de poboación da costa galega.
A maior parte da poboación fundamenta a economía na actividade pesqueira, asentándose perto da costa. A elección do lugar axeitado de habitación no espazo costeiro faise baixo unha serie de condicións, ás veces non doadas de conquerir: posibilidade de protección para embarcacións e vivendas mediante bos fondeadeiros e terreos nos que as vivendas poidan gardarse do forte vento mareiro, con auga doce cerca.. Por iso buscan recunchos costeiros protexidos por algún accidente xeográfico dos numerosos que hai no perfil costeiro galego e que permita desenvolver a actividades marñeiras.
A actividade económica preferentemente é de carácter mariñeiro, pero complementada cunha actividade agrícola e tamén forestal, nunha perfecta simbiose como revela a presencia frecuente do hórreo dentro da propiedade familiar. Aínda así na nosa zona o marisqueo e o cultivo das vides formou parte importante tamén no seu desenrolo e desenvolvemento.
Deste xeito naceu o asentamento agrupado que se iniciou cunha primeira ringleira de edifiacións construídas entre medianeiras, a pé da costa, que pouco a pouco aumentou ata formar un compacto núcleo de edificacións que seguen o trazado das curvas de nivel. Coma o asentamento é sobor dun relevo esgrevio e con pendente, a comunicación exterior faise con estreitas e sinuosas rúas e neste caso con ruelas paralelas á beira marítima, cruzadas por outras que, moitas veces, convértense, no remate próximo ó mar, en rampas polas que podían subir e varalas embarcacións ao obxecto de preservalas de posibles danos en casos de temporal. Este agrupamento tan singular mantívose así, impertérrito, cáseque ata a segunda metade do século XX, ano 1960 máis o menos.
A casa-vivenda mariñeira utilízase cáseque exclusivamente coma vivenda, normalmente de reducidas dimensións. Os materiais empregados na construcción están en función das características da zona. A organización dos espacios tamén ten variacións segundo os casos.
Combarro, tamén patrimonio inmaterial
Antes de nada permítanme que lles transmita un afectuoso saúdo dun fillo destas terras que topei hai uns meses nun congreso na Habana e que presumiu de combarrés: o premio Nóbel da Paz Adolfo Pérez Esquivel.
Combarro é hoxe unha vila de postal, una vila coñecida e admirada polo seu patrimonio histórico-artístico tan senlleiro e sobranceiro. Combarro pode presumir de lles ensinar a outras vilas e lugares de Galicia que un patrimonio ben conservado é uhna fonte inestimable de riqueza, riqueza cultural e riqueza económica. Dicir Combarro é pensar inmediatamente no mar que lambe amodiño os pés dos hórreos ou canastros que beirean a ribeira, nas rúas enlousadas que nos envolven e nos transportan a unha ben moderna época pasada, e que nos levan por humildes casas mariñeiras mesturadas con soberbios pazos urbanos e casas nobres.
Moitas e máis autorizadas voces cá miña poderían glosar e cantar a fermosura e a importancia do patrimonio da milenaria pedra traballada por mans anónimas e feita arte, que é Combarro, do seu patrimonio material labrado en pedra do país. Teño para min que o patrimonio de Combarro queda parcialmente incompleto se non se atende tamén o estudo, coidado, conservación e difusión do patrimonio inmaterial de Combarro: das súas lendas, contos populares e tradicións mariñeiras e labregas; das súas cantigas e refráns e, sobre todo, da súa lingua e da súa toponimia.
A toponimia é o ADN dun pobo, é o que fomos e o que somos; nela están escritos os pobos que por aquí viñeron, as xentes que aquí viviron de xeración en xeración desde hai milleiros de anos, as construccións, a economía, a espiritualidade, a fauna, a vexetación, ahistoria ou a arte. Noutras partes de Galicia están a recuperar con esmero a súa microtoponimia e a súa talasonimia: os nomes da terra e do mar, os nomes de lugar máis pequenos, pedras e cons, e covas e furnas con nome propio; leiras, ríos e regatos; prados e montes; praias, rochas e baixíos. Todo este patrimonio cultural, neste caso, inmaterial, está a correr un grave risco de desaparición se non se recolle das fontes autorizadas: da memoria colectiva dos nosos maiores que se nos están indo e con eles enormes océanos de coñecemento. Pero non hai que a recoller para musealizar ou conservar no formol dun catastro ou dun ordenador. Non, recóllese para reutilizar. E así, por exemplo, no Concello de Vigo calquera rúa, parque, avenida, urbanización ou edificio novos teñen que levar preferentemente como denominación o topónimo sobre o que se asentan. Se se abre una rúa polos campos das Cañoteiras, a rúa será rúa das Cañoteiras e non Doutor X ou República Z; se se constrúe una urbanización nas Veigas do Souto este será o nome que deberá levar, e non os caprichos do constructor, como Urbanización "Las Magnolias" ou o que sexa. Recoller nomes milenarios que forman parte do noso ADN colectivo e reaproveitalos para a vida moderna, para o futuro, para darles vida e que non morran.
E tamén para o estudo lingüístico, isto é: científico. Calquera pode ver, por exemplo, no Gran Diccionario Xerais da Lingua que un Combarro é una vide que se estende sobre una armazón separada do chan mediante soportes; ou, nunha casa, un piso a una determinada altura usado para gardar provisións; ou un piso sobre as cortes para gardar a comida do gando ou para durmir; ou mesmo un alpendre ou cobertizo. Pero ademáis habería que saber que Combarro é una palabra prerromana, daquela, bótenlle un mínimo duns 3.000 anos de existencia, e que sitios chamados Combarro hainos nos concellos de Coirós, Santa Comba, Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Ourol. Está por estudar o significado primitivo do topónimo, que por prerromano sempre é máis difícil de enxergar, pero é moi doado saber os significados, por exemplo, da Armada, Chancelas, Chousa, Cidrás, A Costa, Tarrío ou Xuviño, todos eles topónimos de orixe latina doadamente explicables e que temos aquí ao pé.
Para rematar, doulles os meus parabéns aos vecinos e veciñas de Combarro por saberen manter esta riqueza material da súa arquitectura tradicional para goce de toda Galicia e para deleite de toda a humanidade.
Aproveito este momento para solicitar a todos os citados estamentos e administración idéntica ansia na recuperación e posta en valor destoutro patrimonio non mercable nin vendible nin tanxible pero igualmente excepcional que é o patrimonio inmaterial, especialmente a microtoponimia. Esta debería ser a segunda fase do Combarro Patrimonio Cultural: a do Combarro tamén Patrimonio Inmaterial.
Xosé-Henrique Costas González
Vicerreitor de Extensión Cultural da Universidade de Vigo
Combarro, descubrimento e declaración.
Un documento oficial de 1963, ó clasificar os destinos turísticos españois, falaba de lugares de "interés artístico e histórico" moi visitados polos turistas "de paso", lugares que xa recibían ringleiras de viaxeiros antes da Guerra Civil. Entre estes lugares estaban: San Juan de la Peña, Aranzazu, Poblet, Santa Creus, Ripoll, Nerja, Santo Domingo de la Calzada, Aranjuez, Santo Domingo de ilos, Yuste, Santillana del Mar e indudablemente Combarro.
Ese interés non era novo. Arranca no cambio do século XIX ó XX. A principios do s.XX, este pobo mariñeiro convértese no centro de atención. En 1920 Valentín Paz-Andrade escribía dicindo que pertencía "enteramente al mundo del arte" xa que era "el puertecito de pescadores más pintoresco e interesante, de más eficacia sugeridora, de más intenso colorido local del mundo".
Xa nese tempo, varios fotógrafos tiñan plasmado en imáxes viradas ó sepia e tamén en blanco e negro, como Francisco Zagala, Joaquín Pintos, Jaime Pacheco, José Gil o Jaime Solá (con varias reportaxes na revista Vida Gallega nos anos 20).Temos tamén autores foráneos: a norteamericana Ruth Matilda Anderson (anos 1925-26) e o alemán Otto Wunderlich en 1929.
Outro tanto teñan feito varios artistas. Os adicados á paisaxe atoparon nas rúas de Combarro, nas súas prazas, nos seus hórreos, nos seus cruceiros e no seu diálogo có mar, ó pintoresco, algo digno de ser pintado. Cabe citar a Eliseo Meifrén, Federico Alcoverro, Alfredo Souto, Francisco Lloréns, Prudencio Canitrot, Hermenegildo Anglada, Carlos Sobrino, los hermanos Campo Sobrino, Eduardo Martínez, Alfonso R. Castelao, Virxilio Blanco ou o cartelista Federico Ribas.
A todos éstes uníronse varios escritores, periodistas ou publicitas tanto locais como foráneos. As británicas Annette M.B. Meakin e C. Gasquoine Hartley incluiron Combarro nos seus emocionantes relatos de viaxes, "Galicia. The Switzerland of Spain (1909) e Spain Revisited. A summer holiday in Galicia (1911). Entre os coñecidos nosos cabe resaltar o ciatdo Paz-Andrade, Castelao, Filgueira ou Ramón Otero Pedrayo, quen incorporou Combarro a súa "Guía de Galicia"(1926) con verbas de eloxio e falando do "encanto de las casas labriegas y marineras, sus hórreos, sus calles de viejos empedrados, en que el carro de labranza descansa al lado de la barca marinera". En 1933 o periodista pontevedrés José Millán fala de "sitio encantador". Xa en 1917, Rafel López de Haro situou ó pobo coma escenario da súa novela "Los nietos de los Celtas".
Entidades coma a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894) e o Museo de Pontevedra (1927) tiveron un papel moi significativo no recoñecemento do interese artístico e histórico de Combarro, da man de Casto Sampedro.
Todos eles, xuntamente con outros moitos, foron os auténticos descubridores de Combarro, convertíndose nunha paisaxe humanizada de referencia en Galicia. Así o demostra a súa presencia na exposición internacional La Iberoamericana de Sevilla de 1929 cun cartel propio do autor vigués Federico Ribas.
Aqueles decubridores tiveron seguidores, pois esta vila convirteuse coas súas iniciativas en paso obligado para o turismo cultural de Galicia. No ano 1939, o alcalde de Poio pide unha axuda a Deputación de Pontevedra para arranxalas súas rúas por "ser éste un pueblo típico gallego y continuamnete visitado por turistas".
A guerra civil non foi obstáculo para que Combarro nos anos corenta voltase ás revistas da época, como "Sonata Gallega", ou ó lápiz ou pincel dos artistas coma Manuel Torres, Luis Pintos, Manuel Abelenda, María Ríus, Xavier Pousa, Agustín Portela, Rafale Alonso, Ramón Rivas,...
Un dos máis célebres foi Carlos Maside, que residiu uns meses en 1952. O seu contacto coa xente e a paisaxe quedou plasmado en lienzos, retratos, acuarelas, debuxos e moitos apuntes, testemuñas coma Combarro "una vía principal, la Rúa, que aún conserva como único nombre, formada de casas menudas, humildes y pulcras, con sus balcones de madera, pintados de alegres colores, enjoyados ahora por collares de doradas mazorcas, apretadas en larga fila como mozas cogidas de la mano mirando el mar y el sol naciente".
Tamén os cineastas atoparon neste pobo un marco para as súas creacións. O precedente ofi Alejandro Pérez Lugín coa película "La Casa de la Troya" (1924). Despois, Richard Harlan con "Odio" (1933), Ramón Torrado con "Mar abierto" (1945) e "Botón de Ancla (1947); Francisco Borja con "El hereje" (1957) ou Juan A. Bardem con "Sonatas" (1959), entre outros.
Novos escritores e estudiosos da arte tomaron o relevo ós pioneiros: José Trapero Pardo, Juan Novás, Manuel Chamoso Lamas, Xosé Filgueira Valverde ou mesmo Javier Sánchez Cantón. Todos eles mostraron o seu interese pola conservación do patrimonio construido de Combarro. Todos estes difusores da Cultura foron os verdadeiros precursores para que se levase adiante o incio do proceso para declarar como patrimonio monumental, artístico e histórico a conservar a Combarro. O trámite iniciouse en 1944, cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos de Pontevedra acordou "incoar el oprtuno expediente para la inclusión del conjunto urbano de Combarro en el catálogo de Monumentos Nacionales del tesoro Artístico".
O impulso definitivo tivo que vir dende fóra, como cáseque sempre, daqueles gardiáns culturais (gatekeepers) coñecedores da importancia desta vila e culmina no decreto 3394, de 30 de novembro de 1972, que declaraba que : "El encanto de este núcleo urbano, con su inigualable y sencilla belleza, debe ser preservado, mediante la oportuna declaración monumental, de reformas e innovaciones que pudieran perjudicarlo".
Con todo, a pesares do recoñecemento e da declaración de 1972, non foron quen de preservalas alteracións inoportunas acometidas sobor de todo pola ineficacia dos poderes institucionais a tódolos seus niveis. Recentemente, arquitectos coma Pacuala Campos, César Portela, Pedro de Llano, Iago Seara,..., veñen manifestando abertamente o deterioro desta situación.
A arquitectura do Mar
As construccións tradicionais ligadas ás actividades marítimas en Combarro son, segundo parece, menos importantes que as vivendas, hórreos ou cruceiros dos que tanto se ten falado, pero non é doado dicir que sexan intrascendentes na configuración, estructura e desenvolvemento do pobo tal e como hoxendía chegou ata nós.
Salientar neste senso o Peirao (muelle) de A Rúa, as ramblas e o muro costeiro.
Os peiraos son espazos multifuncionais. Serven para amarralas embarcacións, desembarcala pesca e mesmo comercialización da mesma. Non podemos esquecer que ata os anos 1950ss, dado que as redes eran de cáñamo e algodón, tamén se empregaba como lugar de reparación das redes e secado dos aparellos. Atopamos fácilmente datos visuais do Peirao de A Rúa cheo de aparellos (xeito, a arte, boliche, ghareta,...), actividade que tamén se extendía e practicaba nas praias de O Padrón e Chousa, nos eirados xunto ós hórreos e nos balcóns das vivendas.
O Peirao de A Rúa é o máis antigo. Físicamente ten unha posición central na vila. Dende o punto de vista sociolóxico constituía ó centro neurálxico da actividade no pobo. Neste senso, o norteamericano Joe Nettis, en 1956, escribía: "Cada mañana, a eso de las seis, cuando los primeros barcos regresan, las mujeres de Combarro realizan su eterno ritual diario. Alertadas por el sonido generado con las conchas de las caracolas de mar, caminan hacia el muelle para comprar el pescado del día".
A pesca é o traballo cotián, diario, de xeito que a vida do pobo xiraba en torno ó Peirao e aos barcos que pola tardiña saían a pescar.
Dende o punto de vista constructivo, o Peirao de A Rúa era moi sinxelo: construcción rectangular, que se adentra uns 17 m. no mar e ten unha superficie duns 300 m2, cunha escaleira central que facilitaba as operación de embarque e desembarco. No ano 1980 tivo un añadido lateral que responde a imaxe que temos actualmente.
Combarro nunca tivo unha lonxa para a comercialización ben de peixe ben de marisco. Isto tiña lugar no mesmo Peirao de A Rúa, adonde acudían tanto os comerciantes como as revendedoras do pobo. Coa apertura da primeira pescadería permanente no 1971, esta imaxe foi desaparecendo.
Outro motivo do seu estacamento e deterioro coma porto pesqueiro foi a falla de conexión do muelle coa estrada xeral cara á comercializar o peixe. No ano 1929, os veciñ@s de Combarro reclamaron o Ministerio de Fomento a construcción dun porto mási grande e con acceso a estrada xeral. Nembargantes, e consecuencia tanto do tamaño dos barcos como da tracción dos mesmos, houbo que esperar ata o ano 1959 para que se levara adiante a construcción do novo muelle en Chousa e sí conectado coa estrada xeral Pontevedra-O Grove, e no mesmo lugar onde xa existía un pequeno muelle cun muro costeiro paralelo ás vivendas do lugar de Tarrío.
Nos anos 1971-74 tivo lugar a ampliación do muelle de Chousa, amparado especialmente no aumento dos barcos de ghareta e unha crecente flota mexiloeira.
O seguinte paso foi a construcción doutro muelle no lugar coñecido como A Canteira, anos 1995-97, ante a imposibilidade levar adiante novas ampliacións no muelle de Chousa por mor da natureza do seu fondo mariño e por cambiala dinámica local das correntes mariñas que afectaron negativamente na perda de area nas praias de O Padrón e A Rúa.
Actualmente, a zona portuaria de Combarro ocupa uns 42.200 m2, incluindo a praza da Chousa de 6.675 m2 feita sobre a antiga praia do mesmo nome que inexplicablemente foi pasto dos recheos nos anos 1981-82 o que supuxo a desaparición dun espazo natural que marcaba a fisonomía do pobo, que é sabio e nunca entendeu cómo os responsables da época, ao amparo de sabios e doctores na materia que neste País temos moitos, permitiron a defenestración dunha parte vital no desenrolo do Conxunto arquitectónico.
É moi probable que a presión demográfica propiciada pola revolución do maíz nos séculos XVII e XVIII motivara a construcción do muro costeiro, unha das señas de identidade de Combarro. Este muro costeiro, duns 300 m. de lonxitude, permitiu e permite un espazo multifuncional. Aquí están a maior parte das "Palleiras" - hórreos cos seus eirados. Aquí secaban e reparaban as redes, tamén o peixe e se gardaban aparellos de pesca ou incluso realizar tarefas transformadoras como á do salazón.
Ademáis dos hórreos e eirados, o muro costeiro tamén tiña cabida construccións sinxelas con tellado a unha auga, xa que no seu momento houbo píos (pilóns) para facer salmueras e salazón de sardiñas, ou mesmo para preparar o tinte co que encascalas redes.. A salazón permitía acumular reservas de peixe, para saír adiante nos días máis duros do inverno. Nos anos cuarenta, Malvar e Mosquera crearon unha fábrica de salazóns e conservas que se mantivo ata 1960. Ao igual que aconteceu con non dispor dunha lonxa, tampouco se crearon instalacións adicadas á comercialización e a conservación do peixe, polo que o retroceso actual deste porto pesqueiro é moi notable e tamén moi identificativo das súas xentes a seguir vivindo de costas á expansión e progreso da propia vila, amparándose cáseque sempre nos proxectos e ideas foráneas.
Dentro destas construccións sinxelas no muro costeiro hai que salientar a coñecida como "casa do sal", cuia parde exterior arranca do propio muro costeiro ao obxecto de facilitalo desembarco do sal.
Hoxendía no borde litoral de Combarro (muro costeiro) proliferan novos usos comerciais e de restauración que, maiormente, difuminan, estropean, fan irrecoñecibles, os trazos funcionais orixinais deste espazo tan singular que conecta a vida nacida da terra coa vida que xurde do propio mar. Quizáis nun corto período de tempo, froito da sinrazón do ser humán, Combarro non sexa máis cá un recordo plasmado nas postais e imáxenes que poidamos gardar no noso baúl dos recordos.
Apuntamentos sobre as construccións mariñeiras da etapa preindustrial
A Galicia litoral, "un pouco de terra e un moito de mar", segundo o etnógrafo Francisco Calo, confórmase en numerosos asentamentos nos 1.195 quilómetros que ten de lonxitude, manifestándose en dúas partes diferenciadas: o litoral cantábrico, que vai dende Ribadeo ata o cabo Ortegal, e o litoral atlántico, que se estende dende aquel promontorio ata a desembocadura do Miño na Guarda. O relevo é moi variado e accidentado en toda a costa, así como o clima, que oscila entre a dureza e o rigor da costa norte e o máis suave e benigno de case toda a costa atlántica, tal como acontece coa composición litolóxica do chan, xa que o xisto é a rocha dominante na primeira zona e o granito protagoniza todas as construccións atlánticas.
A actividade económica desenvólvese en toda a costa arredor da pesca, complementada co marisqueo e, en moitos casos, coa activid ade agrícola, nunha perfecta simbiose, como revela a existencia frecuente do hórreo e doutras construcción da fasquía agrícola dentro da propiedade familiar. Á vez, o cultivo das vides nas Rías Baixas constitúe unha parte importante das actividades produtivas, e por iso teñen unha notable presenza nelas os emparrados, as adegas e os lagares. Non ten menor valor a diferenciación nos dous complexos costeiros dos aspectos socioculturais, manifestos nos sistemas de pesca, tipos de embarcacións, folclore ou costumes, dentro do idioma galego común. Todos estes factores xeográficos, socioeconómicos e de cultura material, reflictense nas limitadas solucións arquitectónicas no litoral setentrional, mentres que no atlántico se dá unha ampla gama delas.
A meirande parte das poboacións mariñeiras localízase en espazos protexidos por algún dos numerosos accidentes xeográficos costeiros. Deste xeito naceron asentamentos humanos agrupados a pé de costa, situados en pronunciadas pendentes do abrupto terreo, onde a comunicación se fai con estreitas e sinuosas "rúas" paralelas ao mar, cruzadas por outras perpendiculares a elas. Segundo o accidente xeográfico protector, as poboacións costeiras adoitan configuracións variadas: en anfiteatro, en itsmo, en aldeas fluviais, en núcleos de ría - as máis numerosas, situadas en torno a unha praia - ou illadas.
Non é doado xeneralizar un modelo de casa mariñeira para todo o litoral, dado que as variantes zonais son numerosas, sobre todo na costa atlántica. A casa mariñeira consta, xeralmente, dunha planta térrea e un andar de reducidas dimensións e úsase exclusivamente como vivenda, aínda que dispón de espazos nos que se gardan útiles relacionados co traballo pesqueiro e marisqueiro (remos, nasas, redes,...). Construída con materiais recollidos na contorna (pedra de xisto e de granito e madeiras de castiñeiro e carballo), a fachada principal vai revestida con barro caleado ou con cal, mentres que a que está orientada cara ao vendaval pode levar un chapado de lousas de xisto, de tellas, cunchas de vieira ou de pintura de chapapote. A cuberta ten dúas ou máis augas (vertentes) en función do terreo onde se asenta a casa, con cubrición de lousado de xisto no Cantábrico e de tella do país no Atlántico. Os poucos vans (portas e fiestras) que levan nos muros teñen, na maioría das veces, como elemento protector da auga a peza chamada tornachuvias, situada na lumieira ou lintel, cas sempre de cantería. A organización interior dos espazos está diversificado, aínda que por norma xeral a cociña, e algunha dependencia máis como almacén e cortello para algún porco e galiñas, están na planta térrea, e no andar sitúase as estancias de descanso e unha sala, todos eles cun mobiliario moi elemental.
A grandes trazos pódese considerar unha primeira tipoloxía, a casa térrea, a máis primitiva e sinxela, dunha soa planta; a ela séguelle, no proceso evolutivo, a casa do pincho, de procedencia medieval, habitualmente situada entre medianeiras, caracterizada pola aparición do sobrado baixo a cuberta e pola presenza na fachada frontal do muro piñón dun ferro, ou doutros dispositivos, dos que se penduraban as redes para secar ou para facer o labor de encascado; a casa con patín, modelo no que o acceso ao andar se fai polo elemento construtivo exterior singularizador do patín, moi difundida polo litoral atlántico, que aínda se pode apreciar nas vilas de Muros, Combarro ou Cangas; e a casa de dous andares entre medianeiras, con acceso interior ás zonas superiores, que adoita conformacións diversas: nuns casos con corredor, noutros con soportal, moitas veces con ambas as solucións, e noutras ocasións, no caso de haber máis de dous andares, aparecen tamén balcóns e/ou galerías.Tanto o corredor coma o soportal singularizan este tipo de casa mariñeira, con presenza en case todas as vilas atlánticas, aínda que hoxe só se poden ver, en maior ou menor medida, en Muros, Combarro, Cangas do Morrazo ou Cambados.
Independentemente das construccións adxectivas ou auxiliares propias do mundo agrícola, presentes en case todas as unidades produtivas, estas conviven con outras específicas do mar, ás que nunca se lles ten prestado atención. Neste caso débense considerar: a tribuna, pequena dependencia achegada á casa destinada a almacenar aparellos ou facer o encascado deles; os secadoiros de peixe (polbos, congros, raias, badeixos,...), ou os tendedoiros de redes ou estacadas, para poñer a secar as redes en lugares públicos de praia; os almacéns de salgazón ou salgadoiros, pequenas factorías para manufacturar a sardiña; as carpinterías de ribeira ou estaleiros, para a construcción e reparación de embarcacións; os peiraos e os varadoiros, construccións comunais para o atraque dos barcos e para varalos en tempos de invernía, respectivamente; as comboias, recintos rodeados de muros de pedra para pescar aproveitando as mareas; os muiños de maré, para a moenda dos cereais aproveitando a forza motriz xerada polas mareas; ou os faros, emprazados ao longo de toda a costa.
Tamén era habitual a existencioa dalgún espazo de terra para o cultivo de produtos de consumo, ben nun terreo traseiro destinado a horta, no espazo chamado salido, ou acondicionado terreos areosos que se fertilizaban con argazo, pateiro, restos de peixe ou cunchas de marisco.
Toda a riqueza histórica, etnográfica e arquitectónica que levan cabo de sí esas construcción da etapa preindustrial, pertencentes á rica, variada e creativa arquitectura popular de Galicia, da época preindustrial, está hoxe desaparecida ou moi degrada. Xa no ano 1998 o Consello de Europa denunciaba a desaparición dos perfís tradicionais das vilas costeiras, e acusaba ao Estado español por non ter actuado eficazmente na defensa deste patrimonio impulsando programas de rehabilitación pertinentes que permitiran salvar a arquitectura tradicional.
Houbo, non hai moito tempo, magníficos e harmónicos conxuntos coma os da Moureira, en Pontevedra, O Berbés en Vigo, ou do Curro, en Noia, recollidos en moitos aspectos nas obras de recoñecidos artistas coma Maside, Castelao, Avendaño, Manuel Torres, Sobrino, Seoane, José Suárez ou Francisco Creo. Na actualidade, soamente podemos apreciar alhunhas mostras das poucas salvadas das gadoupas depredadoras, como son os casos de Muros e da fermosa vila de Combarro - hoxe felizmente conmemorando o corenta aniversario da súa declaración dela como Conxunto Histórico, que aínda preservan parte do patrimonio primitivo construido. O resto, non é máis que unha lembranza do pasado materializada polos artistas citados nas súas obras, ou por alguna pescuda feita polos estudosos que lle dedican atención á cultura popular.
Manuel Caamaño Suárez
Arquitecto técnico
TIPOLOXÍA DA CASA-VIVENDA.
Nunha costa como á de Galicia non é posible establecer unha tipoloxía ou modelo xeneralizado.
Nembargantes, considéranse catro grandes modelos diferenciados con varias combinacións e mesmo varios submodelos.
1.- A Casa Terrea mariñeira (ou de planta baixa).
É o modelo máis primitivo e sinxelo, feito con escasos recursos. Limítase a unha elemental construcción de planta rectangular pechada por catro muros, que acolle baixo o teito un espazo sin ningunha compartimentación. A organización interna exprésase nun principio nun único espazo que desempeña as funcións de cociña, dormitorio e almacén.
A evolución posterior orixinou unha edificación de maior dimensión no que nacen tres ocos básicos separados con táboas de madeira: a cociña, a sala e o cuarto.
Nunha terceira etapa evolutiva aprovéitase o espazo existente debaixo do teito mediante unha división horizontal de madeira nacendo así o "Faiado" coma almacén de patacas, millo e outros utensilios. Este novo espazo pode chegar a ser unha segunda planta apta para vivir con abertura exterior por un dos muros piñóns.
2.- A Casa do Pincho.
Foi o modelo de casa mariñeira tradicional máis extendido.
Nos seus muros aparece a técnica do perpiaño, e incluso a cantería. Os ocos seguen sendo escasos e pequenos, os contornos fanse con pezas mellor traballadas e de maior tamaño, pezas singulares como tornachuvias de granito,tella ou lousa. A cuberta normalmente é a dúas augas pola súa posición entre medianeiras. Toma elementos coma o capialzo para rematalos muros piñóns, e de canos de cantería de tamaño considerable contiguos ás medianeiras, para recollelas augas dos tellados e botala fóra mediante górgolas.
Os vestixios existentes permiten dstinguir tres variantes:
2.1.- A Casa do Pincho Terrea.
É o exemplo más elemental e ten as mesmas características que a casa terrea no caso máis primitivo, cunha anchura de fachada entre 3 e 5 metros. Os ocos redúcense a unha porta e a unha fiestra, ás veces inexistente.
2.2.- A Casa do Remo.
É un modelo intermedio entre a casa terrea e a de un andar. Este modelo usa o espazo que existe debaixo do tellado.
Chámase así por ter un ancho de fachada frontal non superior ó longo do remo dunha traiñeira. Trátase dunha vivenda semellante ás anteriores, con porta e fiestra na fronte do muro piñón, forte pendente para aproveitar como cuarto o espazo que hai debaixo da cuberta.
2.3.- A Casa do Pincho de dous andares.
Supón o terceiro chanzo na evolución do desenvolemento distributivo e constructivo deste modelo de casa mariñeira. O ancho da fachada pode chegar á 6 metros e o sobrado aparecido anteriormente convértese aquí nun andar mediante a elevación dos muros da edificación.
Constructivamente mantén ó mesmo elemento e técnica que os modelos anteriores, contando xeralmente cunha porta, algunha fiestra na planta terrea e varias no primeiro andar. Pode, en algúns casos, aparecer un corredor.
3.- A Casa con Patín.
A casa con patín é o único modelo de casa mariñeira de dous andares que ten acceso ó primeiro andar polo exterior.
A maioría destas casas están construídas entre medianeiras e o ter este modelo unha maior complexidade, necesita de maior coidado e emprego de técnicas máis complexas: os muros van dende a cachotería en seco ó perpiaño e á cantería. Os ocos seguen sendo pequenos. A cuberta é a dúas, tres ou catro augas, con tella do país e cumio paralelo á fachada principal.
A distribución dos espazos resulta de maior riqueza e amplitude ó dispor de dous andares con accesos e usos diferenciados. A planta terrea leva unha única dependencia coma almacén de redes, coma adega ou corte de animais. No primeiro andar sitúase o patín, unha sala, cuartos e cociña, con dimensións en función do tamaño da casa.
O patín vai situado xeralmente na fachada principal cun único tramo, ás veces dous, de escaleira, paralelo á fachada ou tamén perpendicular. Os chanzos apoianse en muros que tamén fan de soporte do patamal. En certos casos, o patín leva unha varanda de granito. Aínda que nalgúns casos o patamal do patín non leva ningunha protección, noutros vai cuberto pola prolongación do tellado, co que se consegue un espazo utilizable, que resgarda da chuvia e do sol. Cando esa prolongación ten dmensións notables,apoíase nunha estructura de trabes de madeira sobre columnas de pedras que parten do patamal.
4.- A Casa de dous Andares entre Medianeiras.
Están construídas con maiores dimensións e mellor calidade. Os ocos seguen sendo escasos, ás veces só na fachada principal: porta de entrada, algunha fiestra e tamén algunha porta de aire. A cuberta máis usual é a dúas augas, co cumio paralelo á fachada; ou a tres augas, neste caso, a terceira é a máis pequena e sitúase sobre a fachada principal cubrindo tamén, ás veces, o corredor.
No tocante á organización dos espazos, en xeral a planta terrea dispón dun almacén ou corte, e no primeiro andar sitúase a cociña, a sala e os cuartos.
Entre as variantes deste modelo podemos salientalos seguintes:
4.1.- A Casa con Corredor.
Caracterízase por este elemento singular: o Corredor, que se sitúa debaixo da prolongación do beirado da cuberta nos casos máis numerosos, aínda que hai veces en que ó ir no primeiro andar dunha edificación de tres plantas, neste caso, vai protexido por unha cuberta independente.
Na nosa zona ofrece uns elaborados exemplares con canzorros de pedra artísticamente traballados, que soportan o piso, tamén de pedra, e, ás veces, os esteos que sosteñen o tellado que o cubre.
4.2.- A Casa con Soportal.
Nas vilas mariñeiras, a casa con soportal está sempre en conxuntos que forman rúas os prazas, conformando unha especie de claustros continuos polos que pode circular a xente e nos que tamén se gardaban os aparellos de pesca e, ás veces, a propia embarcación, ó abeiro da climatoloxía adversa.
Constructivamente, o soportal inflúe de forma decisiva na distribución e amplitude da casa. No caso máis elemental a ditribución é igual que á da casa con corredor. En caso de máis complexidade, conforma no primeiro andar, onde pode haber un corredor, solucións distributivas semellantes ás da casa con corredor pero máis espaciosas.
O soportal, coma espazo aberto, é o elemento que diferencia esta vivenda da do corredor. Integra a casa no espacio público e incluso os artesáns o convirten nunha prolongación do seu obradoiro, sitúase na planta terrea, como posto de venda.
4.3.- A Casa con Galería.
É unha derivación da casa con soportal e corredor. A galería é un elemento constructivo de incororación posterior á vivenda. A súa inclusión na vivenda fíxose a costa da reforma de corredores, non modificando as características constructivas dos anteriores modelos.
5.- Construccións Auxiliares.
Aínda que a economía fundamental da familia que vive na casa mariñeira é a pesca, tamén participa, nunha menor ou maior dimensión, da agrícola. Por iso, ademáis da casa-vivenda, case sempre aparece algún hórreo perto dela, algún pequeno almacén de cuberta a unha auga, para gardalos trebellos de útiles de pesca, algún pendello e tamén eiras e adegas.
O caso do noso pobo, Combarro, como conxunto é un exemplo único, xa que as casas da liña da costa teñen diante delas uns espazos onde se sitúan o hórreo, a eira e un almacén nun mesmo volume.
No caso de Combarro, Pedro de Llano resume: "Situada en la ría de Pontevedra protegida de un saliente de costa, la villa de Combarro es sin duda el puerto más hermoso de la costa gallega. Orientada al naciente, la agrupación de Combarro aparece pegada al borde del mar, contra el que dan las salidas posteriores de las casas-viviendas y sus magníficos hórreos de piedra de grano, estando estructurada sobre una calle paralela a la línea de la costa que constituye uno de los ejemplos más hermosos de la arquitectura popular europea.
La calidad de la piedra de la comarca posibilitó la aparición en Combarro de uno de las más espléndidas muestras de nuestra cantería.
Los muros de sus edificaciones están construidos con buenos sillares ó una magnífica cachotería careada con piezas de grandes dimensiones.
Sus tejados, por lo general a tres aguas con cima normal a la fachada, se prolongan sobre unos corredores sustentados por grandes canzorros ó bien apoyados sobre soportales construidos con vigas de piedra de buena hechura.
Sus huecos, situados en la cara exterior del muro y protegidos por los corredores y soportales, cuentan finalmente con magníficos contornos de sillería.
Destaca en este núcleo la presencia de uno de los más hermosos conjuntos de Hórreos de Galicia, situado en la orilla del mar, entre los que se deben salientar algunos de los más importantes canastros de cantería existentes en el Salnés".